Es­tou­pi­do cul­tu­ral nun­ha xor­na­da de festa

Vi­la­gar­cía con­cen­tra os ac­tos cen­trais do 17 de maio en Ca­rril, con mú­si­ca, ofren­da flo­ral e poe­sía

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA - R. E., B.C., M.A., M.S.

In­mer­sa nos pre­pa­ra­ti­vos pa­ra a ce­le­bra­ción de San­ta Ri­ta, Vi­la­gar­cía abre ho­xe un pa­rén­te­se pa­ra vol­car­se nou­tra festa, a das Le­tras Ga­le­gas. Un­ha xor­na­da de reivin­di­ca­ción e de amor ao no­so idio­ma que xa se ten tra­du­ci­do nun am­plo abano de ac­ti­vi­da­des ao lon­go das úl­ti­mas se­ma­nas. Ho­xe é o día gran­de, a xor­na­da dos ac­tos cen­trais. De­sen­vol­ve­ran­se es­tes, co­mo ven sen­do ha­bi­tual, na vi­la de Ca­rril, on­de a ci­da­de re­ser­vou un es­pa­zo pa­ra lem­brar a Rosalía de Cas­tro.

Ho­xe é día de festa, e pre­ci­sa­men­te por iso a xor­na­da arrin­ca con pa­sa­ca­lles a car­go das gai­tas de Mal­vei­ras. Lo­go, na pra­za da Li­ber­da­de, ac­tua­rá o gru­po de bai­le e pan­dei­re­ta, que lle da­rá pa­so á Ron­da­lla do Ga­to Ne­gro, que xo­ga na ca­sa.

Ofren­da e ver­mú

Ás do­ce e me­dia te­rá lu­gar un deses even­tos que non po­den fal­tar no cro­no­gra­ma do Día das Le­tras: un­ha ofren­da flo­ral dian­te do busto de Rosalía, pa­ra hon­rar con elas e cos seus co­lo­res a voz po­ten­te e so­no­ra, aín­da ho­xe, da es­cri­to­ra.

Hai máis. Por­que, em­pe­ña­dos en en­cher o día de atrac­ti­vos pa­ra go­zar en fa­mi­lia, o Con­ce­llo de Vi­la­gar­cía de­ci­diu le­var a Ca­rril, ho­xe, un dos con­cer­tos que for­man par­te do Ágo­ra Ver­mú. Así que, ás 13 ho­ras, Da­vi­de Sal­va­do e Pe­dro Pas­cual co­lle­rán os seus ins­tru­men­tos, afi­na­rán as vo­ces, e po­rán mú­si­ca á xor­na­da. E to­do is­to, con vis­tas a Cor­te­ga­da. ¿Po­de ha­ber un plan me­llor pa­ra go­zar des­te día de festa?. O día das Le­tras Ga­le­ga to­ca con­cer­to da Ban­da de mú­si­ca de Cas­tre­lo en Cam­ba­dos. Des­ta vol­ta, apro­vei­tan­do o bo tem­po, a for­ma­ción ac­tua­rá no pa­seo da Cal­za­da, ás 13 ho­ras, ao ca­rón da es­cul­tu­ra de Ra­món Ca­ba­ni­llas. Ta­mén a me­dio­día, no mes­mo pun­to, te­rá lu­gar a ofren­da flo­ral da man de So­mos Cam­ba­dos, que fai des­te xei­to a súa par­ti­cu­lar ho­me­na­xe ás Le­tras Ga­le­gas. An­tes, ás 12 ho­ras, pro­xec­ta­ra­se en Ex­po­sal­nés o do­cu­men­tal «Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno, ga­le­ga por amor». Ma­ñá se­gui­rá ha­ben­do ac­ti­vi­da­des. O Con­ce­llo or­ga­ni­zou pa­ra as oi­to da tar­de no au­di­to­rio mu­ni­ci­pal un con­cer­to de Car­men Pe­nim, que acom­pa­ña­da de piano, con­tra­bai­xo e ba­te­ría can­ta­rá «Her­dei­ras» e obras de Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.