Vi­la­xoán aco­lle o vin­dei­ro sá­ba­do a re­ga­ta Ban­dei­ra de Vi­la­gar­cía con 17 traí­ñas

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA DEPORTES -

O alcalde de Vi­la­gar­cía, Al­ber­to Va­re­la, o pre­si­den­te do club de Re­mo Vi­la­xoán, Ge­lo Ta­rrío, e o xe­ren­te de Con­ser­vas Cuca, Jo­sé Ma­nuel Blan­co, pre­sen­ta­ron on­te a 24 edi­ción da Ban­dei­ra de Traí­ñas Con­ce­llo de Vi­la­gar­cía, na súa ca­te­go­ría mas­cu­li­na, e a ter­cei­ra na ca­te­go­ría fe­mi­ni­na. En to­tal se­rán do­ce equi­pos mas­cu­li­nos e cin­co fe­mi­ni­nos os que se da­rán ci­ta en Vi­la­xoán o vin­dei­ro sá­ba­do.

A com­pe­ti­ción se desen­vol­ve­rá en tres quen­das de ca­tro em­bar­ca­cións, a par­tir das seis e me­dia da tar­de. Mei­ra, Me­cos, Isabel, Bueu, Ares, Rianxo, Co­ru­xo, Cha­pe­la, Cas­tro­pol, Po­bra e Cuca-Vi­la­xoán re­ma­rán na ca­te­go­ría de ho­mes. Ri­vei­ra, Pe­ri­llo, Mu­gar­dos, Ca­bo-Po­bra e Cuca-Vi­la­xoán fa­rán o pro­pio na ca­te­go­ría de mu­lle­res.

O mes­mo ac­to ser­viu pa­ra que o club de Vi­la­xoán e a his­tó­ri­ca con­ser­vei­ra asi­na­sen un con­ve­nio de pa­tro­ci­nio por dous anos, o que im­pli­ca­rá que o equi­po com­pi­ta co no­me de Cuca, pe­ro ta­mén que a en­ti­da­de poi­da afian­zar a súa es­tru­tu­ra e as súas ca­te­go­rías ba­se.

A pre­sen­ta­ción ta­mén ser­viu pa­ra asi­nar un con­ve­nio po­lo que o club re­ma­rá bai­xo o no­me Cuca-Vi­la­xoán.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.