As fun­cións vol­ven os do­min­gos ás se­te de tar­de na Xu­ven­tu­de

O Con­ce­llo re­cu­pe­ra o ho­ra­rio ori­xi­nal pa­ra ga­ñar pú­bli­co, e as com­pa­ñías ta­mén o agra­de­cen

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA - BEA COS­TA

O ex­pe­ri­men­to non re­sul­tou ben. A con­ce­lle­ría de Cul­tu­ra de Cam­ba­dos cam­biou o pa­sa­do ano os ho­ra­rios do ci­clo de tea­tro de outono, pa­san­do do sá­ba­do ao do­min­go, e o pú­bli­co non res­pon­deu ben. No au­di­to­rio da Xu­ven­tu­de hou­bo máis bu­ta­cas va­lei­ras ca nun­ca, e o con­ce­llei­ro Víc­tor Caa­ma­ño to­mou no­ta. No 2018 re­tó­man­se os ve­llos cos­tu­mes e as fun­cións vol­ven aos do­min­gos, ás se­te da tar­de. O pre­zo das en­tra­das man­ten­se en 3,50 e 2,50 eu­ros.

A me­di­da se­gu­ro que a agra­de­ce máis dun es­pec­ta­dor e o agra­de­cen, ta­mén, as com­pa­ñías de tea­tro que es­tán far­tas de que as ins­ti­tu­cións pro­gra­men as ac­tua­cións pa­ra os ven­res e os sá­ba­dos, sa­tu­ran­do es­tas da­tas, men­tres os do­min­gos que­dan en bran­co. Di­cíao on­te o di­rec­tor Cán­di­do Pa­zó, que acom­pa­ñou a Víc­tor Caa­ma­ño na pre­sen­ta­ción de Ou­tu­bro de Tea­tro, que or­ga­ni­za o Con­ce­llo de Cam­ba­dos en co­la­bo­ra­ción coa Axen­cia Ga­le­ga das In­dus­trias Cul­tu­rais (Aga­dic). Ha­be­rá fun­ción os ca­tro do­min­gos do mes, con ou­tras tan­tas mon­ta­xes: tres co­me­dias e un dra­ma.

A pri­mei­ra ci­ta é o día 7 con «Com­me­dia», una obra que vol­ver ru­lar po­los es­ce­na­rios co­mo xa fi­xe­ra hai vin­te e cin­co anos, ta­mén en Cam­ba­dos, da­que­la aín­da no es­ce­na­rio do ins­ti­tu­to Fran­cis­co Aso­rey. Pa­zó ex­pli­ca­ba on­te que a con­cep­ción do hu­mor non mu­dou nes­te tem­po e que «a xen­te se­gue rin­do» con es­te en­re­do có­mi­co amo­ro­so no que par­ti­ci­pan al­gun­has das prin­ci­pais fi­gu­ras da «com­me­dia dell ar­te». A pro­pos­ta par­te de Con­tra­pro­du­cións e o elen­co ac­to­ral es­tá for­ma­do por Víc­tor Mos­quei­ra, Mar­cos Or­si, Nu­ria Sanz, Ser­gio Zea­rre­ta, Ave­lino Gon­zá­lez, Cé­sar Gol­di.

O do­min­go se­guin­te se­rá a quen­da de «Pan! Pan!», de A Pa­na­de­ría, na que Are­ta Bo­la­do, Noe­lia Fer­nán­dez e Ai­lén Ken­del­man po­ñen a súa voz e o seu cor­po a dis­po­si­ción dun­ha pa­ro­dia mu­si­cal, cun va­quei­ro an­ti he­roe co­mo pro­ta­go­nis­ta.

O do­min­go 21 che­ga a Cam­ba­dos Re­drum Tea­tro con «Es­tás aí?», na que Isa­bel Ris­co e Xu­lio Abon­jo pro­ta­go­ni­zan un­ha co­me­dia que afon­da nas re­la­cións de pa­re­lla.

O ci­clo de ou­tu­bro pe­cha­ra­se cun dra­ma, «1879-Ca­sa de Bo­ne­cas», un­ha ver­sión dun clá­si­co que «in­vi­ta á re­fle­xión e á trans­for­ma­ción da so­cie­da­de, pa­ra su­pe­rar as de­sigual­da­des», se­gun­do ex­pli­cou Xo­sé Car­los Me­ju­to, un dos ac­to­res desta mon­ta­xe de Es­tu­do do Mo­men­to S. C., que on­te ta­mén se ache­gou ao sa­lón de ac­tos do Con­ce­llo cam­ba­dés.

Os pre­sen­tes non qui­xe­ron desapro­vei­tar a oca­sión pa­ra ex­pre­sar o seu pe­sar po­lo fa­le­ce­men­to de Xan Ce­ju­do.

MÓ­NI­CA IRAGO

Có­mi­cos e di­rec­to­res acom­pa­ña­ron on­te a Víc­tor Ca­ma­ño na pre­sen­ta­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.