Tino Cor­dal postúla­se pa­ra li­de­rar de no­vo a can­di­da­tu­ra de So­mos Cam­ba­dos á al­cal­día

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA -

So­mos Cam­ba­dos, a for­ma­ción ven­ce­lla­da ás mareas que den­de hai tres anos desen­vol­ve ta­re­fas de go­berno na vi­la do al­ba­ri­ño, deu o ven­res o pri­mei­ro pa­so de ca­ra ás elec­cións mu­ni­ci­pais do ano que vén. A súa asem­blea apro­bou o re­gu­la­men­to que re­xe­ra o pro­ce­so de pre­sen­ta­ción e es­co­lla de can­di­da­tu­ras. O vo­cei­ro mu­ni­ci­pal, Tino Cor­dal, apro­vei­tou a se­sión pa­ra anun­ciar a súa in­ten­ción de re­unir o res­pal­do dos seus com­pa­ñei­ros e re­pe­tir co­mo as­pi­ran­te á al­cal­día de Cam­ba­dos.

O pra­zo pa­ra a pre­sen­ta­ción de can­di­da­tu­ras es­ten­de­ra­se ata o 31 de ou­tu­bro. So­mos é a úni­ca for­ma­ción que abre es­ta po­si­bi­li­da­de a cal­que­ra ci­da­dán que cum­pra os re­qui­si­tos le­gais pa­ra po­der ser es­co­lli­do e acep­te as con­di­cións es­ta­ble­ci­das nos seus do­cu­men­tos or­ga­ni­za­ti­vos e fun­da­cio­nais, que re­co­llen un­ha se­rie de prin­ci­pios éti­cos e de­mo­crá­ti­cos, ade­mais dun com­pro­mi­so de par­ti­ci­pa­ción ac­ti­va nas asem­bleas da or­ga­ni­za­ción cam­ba­de­sa.

O re­gu­la­men­to, en cal­que­ra ca­so, po­de­rá ser con­sul­ta­do a par­tir de ma­ñá na web de So­mos Cam­ba­dos. Un­ha vez trans­co­rri­do es­te pe­río­do, o se­guin­te chan­zo se­rá a aper­tu­ra dun no­vo pra­zo pa­ra que os as­pi­ran­tes poi­dan di­ri­xir­se ás ba­ses de So­mos e pe­dir o seu res­pal­do. O can­di­da­to á al­cal­día de­ci­di­ra­se me­dian­te vo­ta­ción en ur­na nun­ha asem­blea que te­rá lu­gar o 10 de no­vem­bro.

Equi­po con Xur­xo Char­lín

Cor­dal qui­xo agra­de­cer o apoio amo­sa­do ao lon­go dos úl­ti­mos anos a un pro­xec­to po­lí­ti­co ao que lle que­da «moi­to que fa­cer a ni­vel mu­ni­ci­pal». Ve­laí a ra­zón de apos­tar por un no­vo man­da­to, sem­pre bai­xo a con­si­de­ra­ción de que a súa can­di­da­tu­ra «non de­be ser en­ten­di­da co­mo un obs­tácu­lo a que o pro­xec­to se abra a ou­tras can­di­da­tu­ras». Xur­xo Char­lín, po­la súa ban­da, anun­ciou que non se pre­sen­ta­rá co­mo can­di­da­to nes­te pro­ce­so, pe­ro si for­man­do par­te do equi­po que li­de­re Tino Cor­dal, de ser eli­xi­do.

MÓ­NI­CA IRAGO

Char­lín só se­gui­rá nun pro­xec­to que li­de­re Tino Cor­dal.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.