O PEL da Depu­tación da Co­ru­ña im­pul­sou a crea­ción de 2.400 em­pre­gos na pro­vin­cia

O Plan de Em­pre­go Lo­cal in­cen­ti­va as con­tra­ta­cións no sec­tor pú­bli­co e pri­va­do e apoia ini­cia­ti­vas em­pren­de­do­ras A Depu­tación pla­nea a crea­ción dun­ha re­de de es­pa­zos de co­wor­king sec­to­riais co ob­xec­ti­vo de crear si­ner­xias e trans­fe­ren­cias de co­ñe­ce­men­to

La Voz de Galicia (Arousa) - Especial1 - - Publirreportaje -

No­vem­bro 2018

Nes­te man­da­to, a Depu­tación da Co­ru­ña pu­xo en mar­cha o Plan de Em­pre­go Lo­cal (PEL), o pri­mei­ro plan da ins­ti­tu­ción pro­vin­cial de­di­ca­do in­te­gra­men­te á pro­mo­ción do em­pre­go e o desen­vol­ve­men­to so­cio­eco­nó­mi­co da pro­vin­cia. Do­ta­do cun or­za­men­to de 30 mi­llóns de eu­ros pa­ra o pe­río­do 2016-2019, o PEL su­pu­xo mul­ti­pli­car que a ins­ti­tu­ción por seis pro­vin­cial o es­for­zo vi­ña eco­nó­mi­co rea­li­zan­do nes­ta ma­te­ria. “Pa­sa­mos dos 1,5 mi­llóns que a Depu­tación des­ti­na­ba ca­da ano a po­lí­ti­cas de em­pre­go a in­ves­tir máis de 10 mi­llóns de eu­ros en ca­da exer­ci­cio. Un­ha apos­ta es­tra­té­xi­ca que xa es­tá a dar os seus froi­tos”, afir­mou o pre­si­den­te da Depu­tación, Va­len­tín Gon­zá­lez For­mo­so, que des­ta­cou que, en ape­nas dous anos, o PEL im­pul­sou a crea­ción ou man­te­men­to de máis de 2.400 em­pre­gos nos sec­to­res pú­bli­co e pri­va­do En­tre 2016 e 2018, as tres li­ñas prin­ci­pais de ac­tua­ción do PEL tra­du­cí­ron­se en máis de 1.500 con­tra­ta­cións nos con­ce­llos co­ru­ñe­ses, a crea­ción de 423 postos de tra­ba­llo en em­pre­sas pri­va­das e o im­pul­so a de 457 ini­cia­ti­vas em­pren­de­do­ras.

O PEL per­mi­tiu con­tra­tar 1.500 tra­ba­lla­do­res nos con­ce­llos

A li­ña de apoio aos con­ce­llos do PEL fa­ci­li­tou a contratación de 1.500 per­soas nos 82 con­ce­llos co­ru­ñe­ses de me­nos de 20.000 ha­bi­tan­tes. O PEL- Con­ce­llos é un­ha li­ña fun­da­men­tal na es­tra­te­xia do Plan de Em­pre­go. Fi­nan­cia ao 100% as con­tra­ta­cións de per­soal que axu­da a me­llo­rar os ser­vi­zos bá­si­cos mu­ni­ci­pais, prio­ri­zan­do a in­ser­ción la­bo­ral das per­soas con máis di­fi­cul­ta­des á ho­ra de ato­par un tra­ba­llo. Pa­ra­dos de lon­ga du­ra­ción, maio­res de 45 anos, per­soas en ris­co de ex­clu­sión so­cial ou con dis­ca­pa­ci­da­de fo­ron os prin­ci­pais be­ne­fi­cia­rios des­ta li­ña.

457 no­vos con­tra­tos en em­pre­sas

A crea­ción da li­ña PEL-PEMES su­pu­xo apoiar por pri­mei­ra vez ás pe­que­nas em­pre­sas e au­tó­no­mos da pro­vin­cia na contratación de no­vo per­soal. Cun in­ves­ti­men­to de máis de 3 mi­llóns de eu­ros ca­da ano, es­te pro­gra­ma fi­nan­cia ata o 75% das no­vas con­tra­ta­cións nas em­pre­sas, in­cluí­das as co­tas á Se­gu­ri­da­de So­cial, por un pe­río­do mí­ni­mo dun ano.

En dous anos, 457 per­soas in­cor­po­rá­ron­se ao mer­ca­do la­bo­ral gra­zas a es­te pro­gra­ma, que con­tri­búe ta­mén a im­pul­sar o cre­ce­men­to do te­ci­do em­pre­sa­rial nos con­ce­llos co­ru­ñe­ses máis pe­que­nos.

O pro­gra­ma su­pón ade­mais “un­ha apos­ta po­la es­ta­bi­li­da­de no em­pre­go”, se­gun­do afir­mou o pre­si­den­te da Depu­tación, Va­len­tín Gon­zá­lez For­mo­so, que su­bli­ñou que ca­tro de ca­da dez em­pre­ga­dos con­tra­ta­dos ini­cial­men­te con axu­das do PEL se­guen tra­ba­llan­do a día de ho­xe.

Apoio a em­pren­de­do­res

A Depu­tación creou ta­mén un­ha li­ña pa­ra apoiar a pos­ta en mar­cha de ini­cia­ti­vas em­pren­de­do­ras e no­vas ideas de ne­go­cio, a tra­vés de axu­das pa­ra in­ves­ti­men­tos en bens ne­ce­sa­rios pa­ra rea­li­zar a súa ac­ti­vi­da­de. Nes­tes dous anos, 423 em­pre­sas de re­cen­te crea­ción be­ne­fi­ciá­ron­se dun pro­gra­ma “que con­tri­búe a con­so­li­dar e mo­der­ni­zar o te­ci­do em­pre­sa­rial da pro­vin­cia, fa­cén­doo máis com­pe­ti­ti­vo e per­mi­tin­do o desen­vol­ve­men­to de pro­xec­tos em­pren­de­do­res que co­me­zan de xei­to moi mo­des­to, pe­ro que en pou­cos anos po­den che­gar a con­so­li­dar­se e ser re­fe­ren­cia no seu sec­tor”, afir­mou o pre­si­den­te da Depu­tación, que anun­ciou que es­ta li­ña (a máis so­li­ci­ta­da do PEL) ve­rá du­pli­ca­do o seu or­za­men­to en 2019.

Den­tro des­te pro­gra­ma con­tém­pla­se ta­mén a crea­ción dun­ha re­de sec­to­rial de es­pa­zos co­la­bo­ra­ti­vos de tra­ba­llo (cen­tros de co­wor­king) que xa es­tá a dar a seus pri­mei­ros pa­sos.

A Depu­tación xa re­ma­tou as obras de reha­bi­li­ta­ción do cen­tro pi­lo­to do Pa­zo de Are­na­za (Olei­ros), que se­rá o pri­mei­ro des­tes cen­tros na pro­vin­cia; co­la­bo­ra co es­pa­zo Ac­ce­de Pa­pa­gaio da Co­ru­ña e es­tá a desen­vol­ver o pro­xec­to pa­ra crear es­pa­zo de co­wor­king es­pe­cia­li­za­do no sec­tor agro­gan­dei­ro que se ins­ta­la­rá en Mon­te Balado (Brión), “Agru­par es­tes cen­tros por sec­to­res vai a ser­vir pa­ra xe­rar si­ner­xias e trans­fe­ren­cias de co­ñe­ce­men­to en­tre os em­pren­de­do­res”, sos­ti­vo o pre­si­den­te pro­vin­cial, que anun­ciou que o de­par­ta­men­to de Pro­mo­ción Eco­nó­mi­ca e Em­pre­go da Depu­tación es­tu­da ta­mén em­pra­za­men­tos pa­ra es­pa­zos des­tas ca­rac­te­rís­ti­cas cen­tra­dos te­má­ti­ca­men­te no mun­do do mar ou no sec­tor au­dio­vi­sual.

O pre­si­den­te da Depu­tación, Va­len­tín Gon­zá­lez For­mo­so, du­ran­te un­ha das vi­si­tas a em­pre­sas da pro­vin­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.