Ou­tro can dun­ha es­tir­pe ma­ra­bi­llo­sa

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . EN GALEGO - POR RA­MÓN NI­CO­LÁS

To­dos evo­ca­mos con fa­ci­li­da­de ao Mi­lú de Tin­tín, ao Buck ou ao Cai­ro Bran­co de Jack Lon­don, ao Ar­gos de Uli­ses ou ao can Pa­chín que acom­pa­ña­ba ao Bal­bino de Neira Vilas en­tre moitos ou­tros: cans in­mor­ta­li­za­dos na li­te­ra­tu­ra que for­man par­te do no­so pro­pio ima­xi­na­rio.

Os cans que nos pre­sen­ta Carlos López son desa es­tir­pe ma­ra­bi­llo­sa. O au­tor, que co­mo na­rra­dor sem­pre se aso­ma a án­gu­los que lle per­mi­ten ollar as cou­sas de ma­nei­ra di­fe­ren­te, ex­hi­be de no­vo esa ca­pa­ci­da­de que ten pa­ra que a pa­la­bra nos arrin­que un so­rri­so e, ás ve­ces, nos dei­xe un­ha pro­fun­da re­fle­xión. Con­se­gue ga­ñar a no­sa com­pli­ci­da­de pa­ra que acep­te­mos de bo grao que sem­pre é po­si­ble ato­par o ma­ra­bi­llo­so na apa­ren­te nor­ma­li­da­de ou, di­to dou­tro xei­to, que sem­pre hai oca­sións pa­ra que o fantástico e o sor­pren­den­te se ins­ta­len na vi­da co­tiá.

O mun­do de Guau guau guau! ali­mén­ta­se dun­ha vin­te­na de pe­que­nas his­to­rias atei­ga­das de cans e ca­de­las que son bor­der co­llies, set­ters, sam­ber­nar­dos ou hus­kis... e to­dos son quen de fa­cer cou­sas ex­tra­or­di­na­rias po­lo seu en­xe­ño, in­te­li­xen­cia e ta­len­to; to­dos dan moi­to máis do que se lles pi­de. Por ve­ces mes­mo vi­ven ver­da­dei­ras epo­peas on­de non sem­pre to­do é co­mo pa­re­ce, sim­bo­li­zan his­to­rias de su­pera­ción e, co­mo é na­tu­ral, ta­mén cir­cu­la nas súas vi­das un chis­co de me­lan­co­lía.

GON­ZA­LO BA­RRAL

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.