Ali­cia, en ga­le­go e cun­ha mi­ra­da adul­ta

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS - TEX­TO: CAR­LOS CRESPO

Ae­di­to­rial com­pos­te­lá El Pa­ti­to vén de pu­bli­car A tra­vés do es­pe­llo e o que Ali­cia alí en­con­trou, o se­gun­do vo­lu­me das aventuras de Ali­cia. Con es­ta edi­ción com­ple­ta a se­rie ini­cia­da no 2015 coa pu­bli­ca­ción de Aventuras de Ali­cia no País das Ma­ra­bi­llas. Co­mo na­que­la pri­mei­ra oca­sión a tra­du­ción do tex­to de Ca­rroll é obra de Xa­vier Quei­po, escritor cun­ha re­co­ñe­ci­da ca­rrei­ra que abran­gue na­rra­ti­va, poe­sía e en­saio, e que ten aca­da­do nu­me­ro­sos ga­lar­dóns. En­tre eles, o Pre­mio Na­cio­nal de Tra­du­ción (2014), o Pre­mio da Crí­ti­ca es­pa­ño­la (1990) e o Xe­rais (2011).

MÁIS SU­RREA­LIS­MO

O li­bro es­tá ilus­tra­do por un­ha se­rie de co­lla­ges crea­dos pa­ra a oca­sión por Faus­to Isor­na, que pre­ten­den fu­xir da clá­si­ca ico­no­gra­fía de Ali­cia e ofre­cer un­ha olla­da máis adul­ta, ex­plo­ran­do as ver­ten­tes máis su­rrea­lis­tas e psi­co­dé­li­cas do tex­to. A tra­vés do es­pe­llo e o que Ali­cia alí en­con­trou é con­si­de­ra­da po­los es­tu­do­sos de Le­wis Ca­rroll co­mo a cul­mi­na­ción dos re­cur­sos pos­tos en xo­go en Ali­cia no País das Ma­ra­bi­llas e con­tén al­gu­nas das súas pa­sa­xes máis po­pu­la­res co­mo o en­con­tro con Ovo Re­don­do, o xar­dín das flo­res que fa­lan ou o ce­le­bé­rri­mo poe­ma ab­sur­do Ga­li­ma­tán.

Coin­ci­din­do coa pu­bli­ca­ción do li­bro, na ga­le­ría Sar­ga­de­los de San­tia­go amó­sa­se, ata o 21 de maio, un­ha ex­po­si­ción que re­co­lle os ori­xi­nais das co­la­xes crea­das por Faus­to Isor­na pa­ra os dous li­bros das aventuras de Ali­cia pu­bli­ca­dos por El Pa­ti­to Edi­to­rial. Isor­na ini­ciou­se na co­la­xe a pri­mei­ros dos anos 90 can­do ilus­trou con es­ta téc­ni­ca o li­bro Co­lec­ción de Bol­bo­re­tas de Luís Rei Nú­ñez. A par­tir de aí, si­na­la, «fu­na per­fec­cio­nan­do e di­ver­si­fi­can­do ata con­se­guir di­fe­ren­tes cli­mas ou aca­ba­dos se­gun­do os ma­te­riais uti­li­za­dos ou o xei­to de xus­ta­po­ñe­los».

Nos seus tra­ba­llos máis ac­tuais, aos que gus­ta cha­mar «su­rrea­lis­tas», os ele­men­tos in­té­gran­se lim­pa­men­te e des­apa­re­ce en­tre eles a fron­tei­ra do re­cor­te. «O que fa­go é, en úl­ti­ma ins­tan­cia, ar­te pop. Esa é a mi­ña in­ten­ción e ne­se ei­do é on­de me sin­to có­mo­do e in­te­gra­do».

A TRA­VÉS DO ES­PE­LLO E O QUE ALI­CIA ALÍ EN­CON­TROU AU­TOR LE­WIS CA­RROLL TRA­DU­CIÓN XA­VIER QUEI­PO EDI­TO­RIAL EL PA­TI­TO EDI­TO­RIAL

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.