As ca­deas da pri­sión

Un­ha pro­pos­ta ne­ce­sa­ria pa­ra ac­ti­var a reivin­di­ca­ción e pa­ra con­cien­ciar da ver­da­dei­ra e trá­xi­ca di­men­sión so­cial da vio­len­cia ma­chis­ta exer­ci­da con­tra as mu­lle­res. Ne­la fá­la­se de ca­deas que non son de fe­rro

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO - TEX­TO: RAMÓN NI­CO­LÁS

Asó­ma­se An­tía Yá­ñez (Bu­re­la, 1991) á na­rra­ti­va pa­ra un pú­bli­co adul­to e faino con in­con­tes­ta­ble for­tu­na ao re­sul­tar ga­lar­doa­da es­ta súa no­ve­la no Pre­mio Illa No­va de na­rra­ti­va, or­ga­ni­za­do pola editorial Ga­la­xia.

Sen­llei­ras abor­da, des­de as pri­mei­ras páxinas, un ob­xec­ti­vo moi diá­fano co­mo é o de evi­den­ciar e de­nun­ciar, a tra­vés dun exer­ci­cio de fic­ción, as se­cue­las que xe­ra a vio­len­cia ma­chis­ta, on­te e ho­xe.

Pa­ra iso Yá­ñez bo­ta man de xé­ne­ros di­fe­ren­tes cos que es­ta li­te­ra­tu­ra rea­lis­ta se en­ri­que­ce co­mo son, por exem­plo, tra­zos da no­ve­la de­tec­ti­ves­ca, pois o ar­gu­men­to par­te da mor­te dun­ha influencer e, en boa me­di­da, o seu de­sen­vol­ve­men­to pro­cu­ra ato­par un­ha ex­pli­ca­ción á súa es­tra­ña des­apa­ri­ción.

Ao tem­po hai es­pa­zo pa­ra, en cer­ta ma­nei­ra, in­cor­po­rar ele­men­tos da no­ve­la his­tó­ri­ca, a tra­vés dun ar­gu­men­to pa­re­llo ao contemporáneo e mar­ca­do po­los ma­los tra­tos, e ou­tros de fi­lia­ción fan­tás­ti­ca ou, se que­re, re­la­cio­na­dos co ám­bi­to do so­bre­na­tu­ral.

Ade­mais, Sen­llei­ras op­ta por un xo­go he­te­ro­xé­neo en can­to aos pun­tos de vista na­rra­ti­vos, ex­hi­be un con­tra­pun­to ati­na­do na evo­lu­ción das li­ñas ar­gu­men­tais e agre­ga un cor­pus re­le­van­te de tex­tos que van de re­ta­llos dou­tras pe­zas li­te­ra­rias a ou­tros xor­na­lís­ti­cos —moi in­tere­san­te re­sul­ta a re­cu­pe­ra­ción da fi­gu­ra da ar­ti­cu­lis­ta Co­ro­na Gon­zá­lez—, sen ob­viar a fun­cio­na­li­da­de e im­por­tan­cia que te­ñen as no­vas tec­no­lo­xías no ám­bi­to

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.