O fe­nó­meno xa­co­beo con­ver­ti­do en ar­te

O Mu­seo das Pe­re­gri­na­cións re­cu­pe­ra dous óleos do XVI que re­pre­sen­tan a trans­la­ción dos res­tos de San­tia­go pa­ra in­cor­po­ra­los á súa ex­po­si­ción

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - EXPOSICIÓN . ÓLEOS SOBRE TÁBOA DO SÉCULO XVI - TEX­TO: MON­TSE GAR­CÍA

Lupa, a raí­ña, ob­ser­van­do o tras­la­do dos res­tos do após­to­lo San­tia­go. Os seus dis­cí­pu­los Teo­do­ro e Ata­na­sio fu­xin­do e a pon­te so­bre o río Tam­bre rom­pen­do ao pa­so dos seus per­se­gui­do­res. Es­tas pa­sa­xes es­tán re­co­lli­das en dous óleos so­bre tá­boa do sécu­lo XVI que moi pron­to se su­ma­rán a un­ha ex­ten­sa co­lec­ción ico­no­grá­fi­ca so­bre San­tia­go o Maior co­mo após­to­lo, pe­re­grino e ca­ba­lei­ro —con pe­zas pro­ce­den­tes da pe­nín­su­la, pe­ro ta­mén de Eu­ro­pa e Amé­ri­ca—, un­ha cun­cha de viei­ra natural re­cu­pe­ra­da no se­pul­cro dun pe­re­grino me­die­val da ca­te­dral de San­tia­go, amu­le­tos pro­tec­to­res, li­bros e pe­zas nu­mis­má­ti­cas, en­tre ou­tras moi­tas, pa­ra con­for­mar o re­la­to do fe­nó­meno xa­co­beo que ofre­ce o Mu­seo das Pe­re­gri­na­cións e de San­tia­go.

Pre­ci­sa­men­te, pa­ra com­ple­tar ese per­co­rri­do xa­co­beo a tra­vés da ar­te e o pa­tri­mo­nio, a en­ti­da­de su­mou ás máis de 100.000 pe­zas dos seus fon­dos os dous óleos so­bre tá­boa que re­pre­sen­tan pa­sa­xes do len­da­rio da trans­la­ción te­rres­tre do cor­po de San­tia­go des­de Iria Fla­via a Com­pos­te­la. Fo­ron ad­qui­ri­dos po­lo Mi­nis­te­rio de Cul­tu­ra pa­ra o mu­seo xes­tio­na­do po­la Xunta no 2017. Pe­ro pa­ra que o pú­bli­co poi­da go­zar das obras, den­de a en­ti­da­de es­tán re­cu­pe­rán­doas. En xu­ño so­me­té­ron­se a es­tu­dos pa­ra co­ñe­cer o seu es­ta­do e ago­ra es­tán res­tau­rán­doas. Un­ha la­bor que ha­bi­tual­men­te es­ca­pa aos ollos do vi­si­tan­te pe­ro im­pres­cin­di­ble. Pre­vén re­ma­tar nas vin­dei­ras se­ma­nas pa­ra per­mi­tir in­cor­po­ra­las á mos­tra e ta­mén pa­ra a in­ves­ti­ga­ción.

Pe­ro a ex­po­si­ción per­ma­nen­te que ofre­ce o mu­seo na pra­za de Pra­te­rías non se cin­gue ao Ca­mi­ño de San­tia­go, se­nón que com­ple­ta a súa mi­ra­da cun­ha ache­ga ás pe­re­gri­na­cións a ni­vel uni­ver­sal e ana­li­zan­do o na­ce­men­to e evo­lu­ción de Com­pos­te­la co­mo me­ta da ru­ta.

Á mos­tra per­ma­nen­te, o Mu­seo das Pe­re­gri­na­cións úne­lle ago­ra dúas tem­po­rais: Ca­mi­ñan­tes, con fo­tos de Tino Mar­tí­nez, e O Ca­mi­ño de San­tia­go de­bu­xa­do, de Joaquín Gon­zá­lez Do­rao. Ade­mais, nes­te úl­ti­mo tri­mes­tre do ano, a en­ti­da­de es­tá pro­gra­man­do os sá­ba­dos ta­lle­res, con­ta­con­tos e con­cer­tos co ob­xec­ti­vo de con­ver­ter­se ta­mén nun es­pa­zo de en­con­tro cul­tu­ral.

As obras que re­co­llen a fu­xi­da de Teo­do­ro e Ata­na­sio e a trans­la­ción dos res­tos de San­tia­go no ca­rro de bois an­te a raí­ña Lupa es­tán sen­do res­tau­ra­das —arri­ba o re­sul­ta­do nun­ha das per­nas—. Un­ha la­bor ne­ce­sa­ria pa­ra per­mi­tir a in­ves­ti­ga­ción e a ex­hi­bi­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.