Ler pa­ra ha­bi­tar o mun­do

Es­te li­bro de Mi­chè­le Pe­tit é ne­ce­sa­rio nun tem­po en que o que se pro­cu­ra tan­tas ve­ces é a ren­di­bi­li­da­de máis ab­so­lu­ta, nun­ha épo­ca de mu­ta­cións que se pro­du­cen no ám­bi­to di­xi­tal da lec­tu­ra.

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO - TEX­TO: RA­MÓN NI­CO­LÁS

Hai li­bros dos que re­sul­ta di­fí­cil ir máis alá de re­co­men­dar, fer­vo­ro­sa­men­te, a súa lec­tu­ra. Que o lean pais e nais, que o lean as per­soas que tra­ba­llan nas bi­blio­te­cas e no ám­bi­to da me­dia­ción; que o lean dis­cen­tes e do­cen­tes, ta­mén quen gus­ta de ler e quen non gus­ta de ler mais, de can­do en vez, pe­tis­ca aquí e aco­lá nal­gún li­bro, e mes­mo es­tou cer­to que ás per­soas que es­cri­ben ta­mén ten cou­sas de va­lor que co­mu­ni­car, pois é un li­bro que axu­da a re­pen­sar moi­tos lu­ga­res co­múns. Afir­mo is­to des­de a asun­ción de que o xé­ne­ro en­saís­ti­co non é, pre­ci­sa­men­te, de ma­sas, mais Pe­tit re­vis­te con pe­ri­cia to­do aqui­lo que ten que di­cir cun­ha pro­sa sin­xe­la, áxil, in­za­da de exem­plos sig­ni­fi­ca­ti­vos e, so­bre to­do, su­xi­re un fío que é esa in­si­nua­ción la­ten­te de no­vos ca­mi­ños a se­guir.

Pro­ba­ble­men­te nin­guén me­llor ca Pe­tit pa­ra es­cri­bir un li­bro co­ma es­te Ler o mun­do. Ex­pe­rien­cias de trans­mi­sión cul­tu­ral de ho­xe, tra­du­ci­do con ex­ce­len­cia por Fer­nan­do Mo­rei­ras.

Hai moi­to nel da de­lon­ga­da ex­pe­rien­cia pro­fe­sio­nal dun­ha au­to­ra, an­tro­pó­lo­ga de pro­fe­sión, que con­ta cun­ha lon­guí­si­ma ex­pe­rien­cia nos es­tu­dos vin­cu­la­dos coa lec­tu­ra e coa re­la­ción en­tre a mo­ci­da­de e os li­bros, e ta­mén —al­go moi pal­pa­ble en to­do o li­bro— con avan­ces na in­ves­ti­ga­ción so­bre a lec­tu­ra en me­dios ru­rais e o pa­pel das bi­blio­te­cas pú­bli­cas en con­tex­tos de ex­clu­sión.

De to­do o an­te­rior fá­la­se nes­te li­bro, hi­bri­dan­do re­fle­xións ti­ra­das de ex­pe­rien­cias vi­vi­das cun­ha vi­zo­sa con­ver­sa con ou­tras vo­ces es­pe­cia­lis­tas e

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.