O Plan Úni­co da Depu­tación da Co­ru­ña in­vis­te 182 mi­llóns de eu­ros nos con­ce­llos co­ru­ñe­ses

O pro­gra­ma co maior in­ves­ti­men­to da his­to­ria da Depu­tación fi­nan­cia a exe­cu­ción de 1.146 obras e con­tri­búe a man­ter os ser­vi­zos bá­si­cos dos mu­ni­ci­pios da pro­vin­cia

La Voz de Galicia (Arousa) - - Especial -

En 2017, o go­berno da Depu­tación da Co­ru­ña de­ci­diu mu­dar a súa for­ma tra­di­cio­nal de co­la­bo­ra­ción cos con­ce­llos pa­ra fa­ce­la máis trans­pa­ren­te, máis áxil e máis útil pa­ra as ne­ce­si­da­des reais da ci­da­da­nía. Tras un­ha pro­fun­da aná­li­se dos in­ves­ti­men­tos pro­vin­ciais le­va­dos a ca­bo nos úl­ti­mos anos, dos sis­te­mas de dis­tri­bu­ción de fon­dos em­pre­ga­dos du­ran­te dé­ca­das e da si­tua­ción e ne­ce­si­da­des ac­tuais dos con­ce­llos co­ru­ñe­ses, xur­diu a idea de uni­fi­car os di­fe­ren­tes plans e li­ñas de apoio aos mu­ni­ci­pios nun no­vo pro­gra­ma anual que ver­te­bra­se a am­pla ac­ción que, no ei­do da coope­ra­ción mu­ni­ci­pal, le­va a ca­bo da Depu­tación da Co­ru­ña. O no­vo plan de­bía es­tar ba­sea­do nun sis­te­ma de re­par­to xus­to e trans­pa­ren­te (en fun­ción de va­ria­bles cla­ras pre­de­fi­ni­das co­ma po­boa­ción, ex­ten­sión, nú­me­ro de pa­rro­quias e es­for­zo fis­cal de ca­da mu­ni­ci­pio) e ou­tor­gar a ca­da con­ce­llo a ca­pa­ci­da­de de de­ci­dir en qué in­ves­tir os fon­dos en fun­ción das súas ne­ce­si­da­des con­cre­tas. Por su­pos­to, o plan de­bía apoiar eco­nó­mi­ca­men­te aos con­ce­llos no fi­nan­cia­men­to da­que­las obras que con­si­de­ra­sen prio­ri­ta­rias, pe­ro ta­mén ser o su­fi­cien­te­men­te fle­xi­ble pa­ra per­mi­tir que se des­ti­nen par­te dos fon­dos a amor­ti­zar a dé­be­da mu­ni­ci­pal, pa­gar fac­tu­ras pen­den­tes ou sos­ter par­te do gas­to co­rren­te de ser­vi­zos pú­bli­cos bá­si­cos co­ma o alu­mea­do pú­bli­co, a re­co­lli­da de li­xo ou a lim­pe­za via­ria. Así foi co­mo na­ceu o Plan Úni­co (POS+), o maior plan de coope­ra­ción mu­ni­ci­pal das ca­tro depu­tacións ga­le­gas e un dos máis im­por­tan­tes de Es­pa­ña, que per­mi­tiu, en só dous anos, in­ves­tir nos mu­ni­ci­pios co­ru­ñe­ses un­ha can­ti­da­de equi­va­len­te ao pre­su­pos­to anual da Depu­tación.

1.146 obras nos con­ce­llos co­ru­ñe­ses

O Plan Úni­co da Depu­tación da Co­ru­ña in­ves­tiu máis de 182 mi­llóns de eu­ros nos 93 con­ce­llos da pro­vin­cia no bie­nio 2017-2018. “Su­pón un in­ves­ti­men­to his­tó­ri­co, o maior or­za­men­to con­tem­pla­do nun plan na his­to­ria da Depu­tación”, afir­mou o pre­si­den­te da ins­ti­tu­ción pro­vin­cial, Va­len­tín Gon­zá­lez For­mo­so, que anun­ciou que nos or­za­men­tos de 2019 o POS+ par­ti­rá cun­ha do­ta­ción de 61,5 mi­llóns de eu­ros, un­ha ci­fra que irá in­cre­men­tán­do­se pro­gre­si­va­men­te ao lon­go do vin­dei­ro exer­ci­cio. O Plan Úni­co fi­nan­cia ac­tual­men­te a exe­cu­ción de 1.146 obras na to­ta­li­da­de dos mu­ni­ci­pios co­ru­ñe­ses e “re­pre­sen­tou un xi­ro, un­ha no­va for­ma de co­la­bo­ra­ción cos con­ce­llos, máis trans­pa­ren­te, máis xus­ta e máis cer­ca­na ás ne­ce­si­da­des da ci­da­da­nía, que per­mi­te a es­ta Depu­tación che­gar a ca­da re­cun­cho da pro­vin­cia e axu­dar a me­llo­rar a ca­li­da­de de vi­da das per­soas”, afir­mou Gon­zá­lez For­mo­so. Cons­tru­ción de par­ques in­fan­tís, pro­xec­tos de hu­ma­ni­za­ción e re­cu­pe­ra­ción de rúas e es­pa­zos pú­bli­cos, me­llo­ras en in­fraes­tru­tu­ras edu­ca­ti­vas ou de­por­ti­vas mu­ni­ci­pais, crea­ción de xar­díns e zo­nas ver­des, reha­bi­li­ta­ción de lo­cais so­ciais e ve­ci­ñais, obras de pa­vi­men­ta­ción, sa­nea­men­to e abas­te­ce­men­to de au­ga en nú­cleos ru­rais ou no­vos sis­te­mas de alu­mea­do pú­bli­co son al­gun­has das obras fi­nan­cia­das con car­go a es­te pro­gra­ma en to­do o te­rri­to­rio pro­vin­cial. "O Plan Úni­co es­tá a de­mos­trar que é po­si­ble ou­tro mo­de­lo de coope­ra­ción en­tre a Depu­tación e os con­ce­llos, un mo­de­lo que eli­mi­na o clien­te­lis­mo dou­tros tem­pos e pri­ma a au­to­no­mía lo­cal. Son os go­ber­nos mu­ni­ci­pais os que prio­ri­zan os des­ti­nos dos fon­dos, os que de­ci­den e pla­ni­fi­can os seus re­cur­sos", ex­pli­ca o depu­tado de Plans Pro­vin­ciais, Xo­sé Re­guei­ra. Xo­sé Re­guei­ra des­ta­cou a boa aco­lli­da que es­tá a ter o Plan Úni­co por par­te dos con­ce­llos da pro­vin­cia, xa que ade­máis de ou­tor­gar­lles to­tal fle­xi­bi­li­da­de á ho­ra de de­ci­dir o des­tino dos fon­dos, uni­fi­ca os an­ti­gos plans de in­ves­ti­men­tos da Depu­tación da Co­ru­ña (POS, PAS e PAI) e 11 li­ñas de sub­ven­cións nun­ha úni­ca con­vo­ca­to­ria anual, per­mi­tin­do aos mu­ni­ci­pios un­ha me­llor pla­ni­fi­ca­ción e maior axi­li­da­de na tra­mi­ta­ción.

Re­du­ción da dé­be­da dos mu­ni­ci­pios en 9,5 mi­llóns

Nos seus dous anos de vi­da, o no­vo Plan Úni­co (POS+2017 e POS+2018) da Depu­tación da Co­ru­ña fi­nan­cia a exe­cu­ción de 1.146 obras de cons­tru­ción ou me­llo­ra de in­fraes­tru­tu­ras pú­bli­cas nos 93 con­ce­llos da pro­vin­cia da Co­ru­ña, con­tri­búe a cos­tear ser­vi­zos pú­bli­cos bá­si­cos mu­ni­ci­pais co­ma o alu­mea­do pú­bli­co, o man­te­men­to de viais ou a re­co­lli­da de li­xo, e fa­vo­re­ce que os con­ce­llos amor­ti­cen máis de 9,5 mi­llóns de eu­ros da súa dé­be­da con en­ti­da­des ban­ca­rias. O Plan Úni­co ba­séa­se en tres prin­ci­pios fun­da­men­tais: máis trans­pa­ren­cia e ob­xec­ti­vi­da­de na asig­na­ción de re­cur­sos, por­que o re­par­to de fon­dos non se efec­túa de xei­to dis­cre­cio­nal, se­nón que se ba­sea en cri­te­rios ob­xec­ti­vos em­pre­ga­dos den­de hai máis de dúas dé­ca­das no POS (po­boa­ción, su­per­fi­cie, nú­me­ro de pa­rro­quias e es­for­zo fis­cal) que xe­ran un con­sen­so im­por­tan­te en­tre os con­ce­llos; máis au­to­no­mía lo­cal, por­que son os pro­pios con­ce­llos, os que me­llor co­ñe­cen as ne­ce­si­da­des dos seus ve­ci­ños, os que de­ci­den ca­les son as súas prio­ri­da­des á ho­ra de in­ves­tir os fon­dos que ache­ga a Depu­tación; e máis sa­nea­men­to fi­nan­cei­ro, por­que o plan con­ta con me­ca­nis­mos pa­ra que os con­ce­llos po­dan des­ti­nar par­te dos fon­dos a pa­gar fac­tu­ras pen­den­tes, re­du­cir a súa dé­be­da ou fi­nan­ciar par­te do seu gas­to co­rren­te.

“O Plan Úni­co re­pre­sen­ta un­ha no­va for­ma de coope­ra­ción cos con­ce­llos, máis trans­pa­ren­te, máis xus­ta e máis cer­ca­na ás ne­ce­si­da­des da ci­da­da­nía”. Va­len­tín G. For­mo­so, pre­si­den­te da Depu­tación

O POS+ ou­tor­ga a ca­da un dos 93 con­ce­llos a ca­pa­ci­da­de de de­ci­dir en qué in­ves­tir os fon­dos en fun­ción das súas ne­ce­si­da­des con­cre­tas

O Plan Úni­co su­pu­xo o 51% do or­za­men­to da Depu­tación da Co­ru­ña

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.