O alum­na­do lem­brou a Vic­to­ria Mo­reno

Dis­tin­tos cen­tros edu­ca­ti­vos da bis­ba­rra aco­lle­ron actos, co­mo ro­ma­rías e obra­doi­ros, po­la vés­pe­ra do Día das Le­tras Ga­le­gas

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA - P. BRETAL, J. M. SANDE

Ca­da vés­pe­ra do Día das Le­tras Ga­le­gas, que se ce­le­bra ho­xe na hon­ra da es­cri­to­ra Vic­to­ria Mo­reno, ten lu­gar un­ha fes­ta an­ti­ci­pa­da nun­ha gran par­te dos cen­tros edu­ca­ti­vos da bis­ba­rra. A de on­te non foi un­ha ex­cep­ción e es­ti­vo mar­ca­da po­la rea­li­za­ción de ro­ma­rías, obra­doi­ros e ac­ti­vi­da­des ao ai­re li­bre.

De en­tre to­dos os actos des­ta­cou o rea­li­za­do no boi­ren­se San­ta Ma­ría do Cas­tro. O co­le­xio de Ca­bo de Cruz xa vi­ña ce­le­bran­do a súa se­ma­na cul­tu­ral e, pa­ra un día tan es­pe­cial, a co­mu­ni­da­de edu­ca­ti­va go­zou dun­ha xor­na­da de con­vi­ven­cia na que hou­bo den­de co­mi­da e ma­sa­xes á re­crea­ción de di­ver­sos tra­ba­llos tra­di­cio­nais, xa que es­te era o ob­xec­to do seu pro­xec­to: Apren­den­do ve­llos ofi­cios, des­cu­bri­mos no­vos le­ce­res.

Moi­tos pais ta­mén par­ti­ci­pa­ron no pe­che da dé­ci­ma edi­ción des­ta ini­cia­ti­va, que con­tou coa ac­tua­ción de pan­de­re­tei­ras.

Sen­dei­ris­mo e tea­tro

Por ou­tra ban­da, no co­le­xio de Ar­tes com­pro­ba­ron que o es­for­zo ten un­ha de­li­cio­sa re­com­pen­sa. Con par­te da co­llei­ta do hor­to es­co­lar que mi­ma­ron du­ran­te to­do o cur­so, o in­te­gran­te dos Fo­ros Eco­ló­xi­cos do Bar­ban­za Ma­no­lo Gon­zá­lez pre­pa­rou un festín a ba­se de ver­du­ras e hor­ta­li­zas. Ade­mais, nais e pais ta­mén asis­ti­ron a es­te xan­tar.

Non moi lon­xe de alí, no lu­gar de Go­da, o alum­na­do do ri­bei­ren­se co­le­xio Ba­yón ía che­gan­do pou­co a pou­co a un­ha área do par­que na­tu­ral, que a co­mu­ni­da­de de mon­tes de Ar­tes lim­pa­ra pre­via­men­te pa­ra eles. Alí es­ta­ba si­tua­da un­ha das pa­ra­das do seu mí­ti­co An­da­tón, un­ha ru­ta me­dioam­bien­tal e cul­tu­ral con máis de dúas décadas de tra­xec­to­ria, que os le­vou a per­co­rrer es­pa­zos co­mo O Touro, Cou­so ou O Vi­lar. En ca­da pa­ra­da, ao lon­go de Ar­tes, fo­ron plan­tan­do al­gún do máis dun cen­to de car­ba­llos e cas­ti­ñei­ros —e sor­pren­den­te­men­te un aci­vro— que xer­mi­na­ron e coida­ron ao lon­go des­te ano. Al­gúns se­rán co­lo­ca­dos no cen­tro po­los ca­ti­vos de in­fan­til e ou­tros da­rán­se­lles a un co­le­xio com­pos­te­lán, posto que a ru­ta ta­mén con­ti­núa ho­xe con eles, des­pois da clá­si­ca acam­pa­da nas ins­ta­la­cións edu­ca­ti­vas.

No co­le­xio Frións vol­ve­ron a pre­pa­rar a súa ro­ma­ría con dis­tin­tos postos de ar­te­sa­nía e gas­tro­no­mía. A ma­ñá ta­mén es­ti­vo ame­ni­za­da a ba­se de gai­tei­ros. En Mu­ros, os co­le­xios Ri­car­do To­bío e Ra­món de Ar­ta­za re­pre­sen­ta­ron o mar­tes dúas obras de tea­tro na ca­sa da cul­tu­ra mu­ni­ci­pal, un­ha ini­cia­ti­va que re­pe­ti­ron os ins­ti­tu­tos Fon­te­xe­ría e As In­suas. Ade­mais am­bos alum­na­dos de pri­mei­ro ci­clo da ESO pre­pa­ran ou­tra dra­ma­tur­xia so­bre a vi­da e obra de Mo­reno, que le­va­rán a es­ce­na o pró­xi­mo ven­res.

CAR­ME­LA QUEIJEIRO

Os obra­doi­ros de ar­te­sa­nía vol­ve­ron triun­far no ri­bei­ren­se CEIP de Frións.

CO­LE­XIO DE NE­BRA

Tra­la inau­gu­ra­ción da bi­blio­te­ca, os pe­que­nos go­za­ron dun xan­tar.

PA­RA­DA

Es­tas ra­pa­zas do Ba­yón plan­ta­ron un carballo no lu­gar ri­bei­ren­se de Go­da.

C. QUEIJEIRO

Os ra­pa­ces do CEIP de Ar­tes com­pro­ba­ron que a co­llei­ta do seu hor­to es­co­lar po­de cons­ti­tuír un­ha sau­da­ble e ri­ca co­mi­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.