Bar­ban­za déi­xa­se em­pa­par po­la cul­tu­ra

A fes­ta de Bar­ban­tia, que es­te ano te­rá lu­gar na Ca­cha­da, pre­ve­se un­ha das ac­ti­vi­da­des máis con­co­rri­das

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA -

A co­mar­ca bar­ban­ce­sa su­fri­rá ho­xe un gran te­rre­mo­to cul­tu­ral con va­rios epi­cen­tros. Un dos tre­mo­res máis po­ten­tes re­xis­tra­ra­se no par­que da Ca­cha­da, on­de nes­ta oca­sión te­rá lu­gar a Ro­ma­ría das Le­tras.

Ro­ma­ría das Le­tras Ho­xe•A Ca­cha­da (Boi­ro) • 11.00 ho­ras • A aso­cia­ción Bar­ban­tia vol­veu a aliar­se co Con­ce­llo de Boi­ro pa­ra or­ga­ni­zar un­ha no­va edi­ción, a oi­ta­va, da Ro­ma­ría das Le­tras. Ao re­dor de 15 postos de ven­ta de li­bros e de ar­te­sa­nía de­sen­vol­ve­ran­se di­ver­sas ac­ti­vi­da­des cul­tu­rais. En­tre as máis des­ta­ca­das es­tán un­ha lec­tu­ra de tex­tos de Vic­to­ria Mo­reno a car­go de Ai­ri­ños (16.00 ho­ras), e a pre­sen­ta­ción dos li­bros Do­ce car­tas a Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno, de Ánxela Gra­cián (16.30), e Al­ma e o mar, de Chis­co Fer­nán­dez Na­val (17.15). Ca­xa­de e a Ban­da Mu­ni­ci­pal de Mú­si­ca de Boi­ro po­ñe­rán o bro­che mu­si­cal a un­ha xor­na­da que con­ta­rá coa ac­tua­ción de me­dia du­cia de agru­pa­cións tra­di­cio­nais.

Ta­ra­go­ña via­xa ao 1906 Ho­xe•Cam­po de Pa­zos (Ta­ra­go­ña, Rian­xo) • 12.00 ho­ras • Ta­mén ha­be­rá ro­ma­ría en Ta­ra­go­ña. Da man do co­lec­ti­vo An­tros­pi­nos, os ve­ci­ños te­rán oca­sión de via­xar ata o ano 1906. Ha­be­rá postos de ven­ta de di­ver­sos pro­du­tos ar­te­sa­nais e moi­ta mú­si­ca. Pa­ra as 19.00 ho­ras hai pro­gra­ma­do un se­rán con Tei­xa­dal, Nun­ca é Tar­de, Lus­co e Fus­co, A Dor­ni­ña, Es­tróu­pe­le e Fo­go Fa­tuo. Os Pe­ru­cos po­ñe­rán o co­lo­fón.

Xo­gos en Ri­bei­ra Ho­xe•Pra­za do Con­ce­llo de Ri­bei­ra •De 12.00 a 14.00 ho­ras • Aros, zan­cos e a ra se­rán al­gúns dos xo­gos tra­di­cio­nais que os ne­nos de Ri­bei­ra te­rán ho­xe á súa dis­po­si­ción na Pra­za do Con­ce­llo. Alí ta­mén po­de­rán ela­bo­rar marcapáxinas e bro­ches pa­ra lem­brar a Vic­to­ria Mo­reno. Ade­mais, Tahú­me e Xol­dra Ra­cha­da per­co­rre­rán as rúas da ci­da­de es­pa­llan­do os sons tra­di­cio­nais.

Ru­ta li­te­ra­ria por Noia Ho­xe • Ca­sa con­sis­to­rial de Noia • 11.00 ho­ras • Os ve­ci­ños de Noia te­rán oca­sión de su­mar­se a un­ha an­dai­na que in­clui­rá re­fe­ren­cias li­te­ra­rias e mu­si­cais so­bre Avi­lés de Ta­ra­man­cos, Ma­ría Ma­ri­ño, Ma­nuel Fa­bei­ro, Ana Ro­ma­ní, Xosé Agre­lo e Pru­den­cio Ro­mo. Lo­go inau­gu­ra­ra­se un­ha mos­tra fi­la­té­li­ca na ca­sa de cul­tu­ra e, xa na ala­me­da, rea­li­za­ra­se un­ha ofren­da flo­ral, que se com­ple­ta­rá cun­ha intervención ar­tís­ti­ca de Se­ra­fín Mar­cos. Fol­clo­re na Po­bra Ho­xe•Tea­tro El­ma (A Po­bra) • 20.00 ho­ras • Os po­bren­ses su­ma­ran­se á gran fes­ta das Le­tras Ga­le­gas con mú­si­ca tra­di­cio­nal. A agru­pa­ción lo­cal Xia­da ofre­ce­rá un con­cer­to, que in­clui­rá un­ha se­rie de can­tos vin­cu­la­dos ao mar.

QUEIJEIRO

O fol­clo­re te­rá gran pro­ta­go­nis­mo nes­ta xor­na­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.