«Apos­ta­mos por lo­grar que o no­so mu­ni­ci­pio poi­da aco­ller a se­de do cen­tro de in­ter­pre­ta­ción das Illas Atlán­ti­cas»

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA - A. GERPE

O voceiro do PSOE de Ri­bei­ra, José Ma­nuel Vi­las, con­si­de­ra po­si­ti­vo o tra­ba­llo que o seu par­ti­do le­va fei­to no que vai de man­da­to. Nun­ha en­tre­vis­ta rea­li­za­da no es­pa­zo Ci­ta co Con­ce­llo de Ra­dio Voz Bar­ban­za, o con­ce­llei­ro ta­mén dou a co­ñe­cer al­gun­has das pro­pos­tas que de­fen­de o seu par­ti­do e cri­ti­cou ao exe­cu­ti­vo que, di­xo, non sem­pre lles fa­ci­li­ta do­cu­men­ta­ción coa di­li­xen­cia de­bi­da.

—¿Co­mo va­lo­ra a con­tri­bu­ción do PSOE nes­te man­da­to?

—De xei­to po­si­ti­vo, por­que es­ta­mos a fa­cer un­ha opo­si­ción que con­si­de­ra­mos moi res­pon­sa­ble e útil pa­ra os no­sos ve­ci­ños. Pro­ba di­so son as 55 pro­po­si­cións que pre­sen­ta­mos nes­tes dous anos. De­las, 41 fo­ron apro- ba­das, al­gun­has por una­ni­mi­da­de e ou­tras des­pois da in­cor­po­ra­ción de emen­das. Ta­mén fi­xe­mos 150 ro­gos e pre­gun­tas.

—¿Que con­si­de­ra es­pe­cial­men­te im­por­tan­te nas pro­pos­tas da súa for­ma­ción?

—A crea­ción de áreas de reha­bi­li­ta­ción in­te­gral. Aín­da non se pu­xo en mar­cha, pe­ro con­si­de­ra­mos que pa­ra Ri­bei­ra é un as­pec­to im­por­tan­te ca­ra a me­llo­ra do em­pre­go. Ta­mén en­ga­di­ría ini­cia­ti­vas que ti­ve­mos en Martín Có­dax, Chu­rria­na e Pe­dra do Cor­ni­ño, en­tre ou­tras.

—¿Es­tá a ser doa­do o tra­ba­llo pa­ra sa­car adian­te ini­cia­ti­vas?

—Es­tan­se che­gan­do a acor­dos po­si­ti­vos, pe­ro sem­pre exis­ten pe­gas por­que hai al­gun­ha do­cu­men­ta­ción que non te­mos ao día.

—¿E as ei­vas con res­pec­to ao la­bor do go­berno?

—A fal­ta de trans­pa­ren­cia á ho­ra de fa­ci­li­tar­nos de­ter­mi­na­dos in­for­mes. Na ac­tua­li­da­de te­mos un­ha so­li­ci­tu­de fei­ta, den­de hai dous me­ses, so­bre ac­ti­vi­da­des rea­li­za­das po­la xun­ta de go­berno e aín­da non ti­ve­mos res­pos­ta. Tam­pou­co se nos pro­por­cio­nou axei­ta­da­men­te a re­la­ción de postos de tra­ba­llo, nin os de­cre­tos da al­cal­día, dos que nou­tros con­ce­llos se fa­ci­li­ta un­ha re­la­ción men­sual. Ta­mén hai pro­xec­tos, co­mo o da re­for­ma do Ma­le­cón ou a peo­na­li­za­ción, nos que non par­ti­ci­pa­mos co­mo é o de­bi­do.

—¿Ca­les son os re­tos de fu­tu­ro pa­ra o PSOE?

—A ni­vel tu­rís­ti­co, fa­cer un­ha sen­da li­to­ral en­tre Pal­mei­ra e Es­pi­ñei­ri­do, desen­vol­ver con maior di­li­xen­cia o po­lí­gono in­dus­trial, do­tar a Ri­bei­ra dun museo do mar, lo­grar un­ha maior di­na­mi­za­ción do par­que natural, con­se­guir un­ha re­si­den­cia pa­ra os maio­res e me­llo­rar o con­trol de ca­li­da­de nas obras pú­bli­cas. Ao mes­mo tem­po, apos­ta­mos por lo­grar que o no­so mu­ni­ci­pio poi­da aco­ller a se­de do cen­tro de in­ter­pre­ta­ción das Illas Atlán­ti­cas, ben en Agui­ño ou en Ri­bei­ra, con­si­de­ra­mos que se­ría un­ha ba­za tu­rís­ti­ca.

—¿E a peo­na­li­za­ción?

—Nós apos­ta­mos por ela, e te­mos un­ha al­ter­na­ti­va pa­ra evi­tar o caos cir­cu­la­to­rio que se pro­du­ce en Miguel Rodríguez Bau­tis­ta en ho­ras pun­ta. Sen em­bar­go, ás ve­ces non ato­pa­mos re­cep­ti­vi­da­de ás no­sas ideas. A peo­na­li­za­ción de­be ir acom­pa­ña­da de me­di­das de im­pul­so co­mer­cial. O pro­ble­ma non son as rúas peo­nís.

VA­RE­LA

Vi­las ma­ni­fes­tou que o seu gru­po apos­ta po­la peo­na­li­za­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.