La ve­te­ra­na atle­ta noie­sa Te­re­sa Cas­tro Villaverde enu­me­ra las gran­des ven­ta­jas del de­por­te

A noie­sa pi­de sen­ti­do co­mún en ple­na fe­bre po­lo «run­ning» e des­ta­ca a im­por­tan­cia dos há­bi­tos sau­da­bles

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - PORTADA - ÁL­VA­RO SE­VI­LLA

Te­re­sa Cas­tro (Noia, 1968) é un dos no­mes pro­pios do de­por­te ve­te­rano da co­mar­ca. Se­ma­nas des­pois de con­quis­tar o sub­cam­pio­na­to mun­dial de cross, bo­ta a mi­ra­da ao que su­pón pa­ra un adul­to re­to­mar o de­por­te de com­pe­ti­ción, a im­por­tan­cia dun­ha vi­da sau­da­ble e a súa re­la­ción co Club Atle­tis­mo de Noia.

—¿Co­mo vi­viu o Mun­dial?

—Foi un re­to moi im­por­tan­te. An­tes ti­ven que mar­car­me pe­que­nos ob­xec­ti­vos. Se te pos un­ha me­ta moi al­ta den­de o prin­ci­pio po­des frus­trar­te moi de con­ta­do. O ver­me ro­dea­da de atle­tas de ni­vel, con al­gúns exo­lím­pi­cos, fí­xo­me pa­re­cer moi pe­que­na ao seu la­do. Can­do re­ma­tei sen­tin­me emo­cio­na­da, ata­fe­ga­da, pe­ro ta­mén sa­tis­fei­ta.

—¿Co­mo foi a pre­pa­ra­ción ata che­gar alí?

—Moi di­fí­cil. Vi­vi­mos nun mun­do de vehícu­los e non de peóns. Un día bo­tá­ron­me da es­tra­da e su­frín un­ha frac­tu­ra na man de­rei­ta. Ti­ven o bra­zo in­mo­bi­li­za­do, pe­ro un gran pro­fe­sio­nal axu­dou­me a re­cu­pe­ra­lo e po­der ades­trar. Cos anos non so­mos tan re­sis­ten­tes, po­lo que au­men­ta a ten­den­cia a le­sio­nár­mo­nos. Ti­ven a sor­te de con­tar cun gran ades­tra­dor, Ja­vier No­vo, que, a pe­sar da dis­tan­cia, axu­dou­me en to­do. Si­go de­fen­den­do que os meus éxi­tos son del e os fra­ca­sos meus.

—Cuar­ta en cross e en 5.000 me­tros, subcampiona do mun­do por equi­pos. Ca­se na­da.

—Te­ñen máis va­lor ven­do a xen­te coa que com­pi­tes, cos seus re­cur­sos e ex­pe­rien­cia. A pre­pa­ra­ción foi fun­da­men­tal. Gús­ta­me máis a tác­ti­ca que co­rrer [ri]. A

pis­ta é moi ob­xec­ti­va. As con­di­cións son moi se­me­llan­tes tó­do­los anos. Así po­do ter en con­ta o que fi­xen o cur­so an­te­rior. Iso axú­da­me a cen­trar­me, a sa­ber o rit­mo que de­bo mar­car. Sei que hai competidoras con máis ca­li­da­de, pe­ro in­ten­to ir ao meu. Foi así co­mo pui­den con­se­guir eses postos. É cla­ve a pla­ni­fi­ca­ción da com­pe­ti­ción, é co­mo xo­gar ao xa­drez.

—¿Con­si­de­ra que exis­te un­ha fe­bre po­lo run­ning?

—Os es­ti­los de vi­da sau­da­bles non pa­san por un es­for­zo tan gran­de. Co­rrer fí­xo­se moi po­pu­lar,

iso é po­si­ti­vo, pe­ro a xen­te pér­de­lle o res­pec­to aos qui­ló­me­tros. Que­ren fa­cer ma­ra­tóns, ul­tra­trails, iron man, pe­ro hai que co­ñe­cer as no­sas li­mi­ta­cións, os ris­cos que te­mos dian­te. Pa­ra en­fron­tar­se a un re­to así fai fa­lla con­tar con pro­fe­sio­nais, co­mo téc­ni­cos e fi­sio­te­ra­peu­tas. Eu de­di­co máis tem­po á pre­ven­ción que a ades­trar. Non to­do é fa­cer se­ries. O real­men­te im­por­tan­te é che­gar ao fi­nal da tem­pa­da sen rom­per.

—¿Co­mo dou­to­ra que lle re­co­men­da aos seus pa­cien­tes?

—Que non fa­gan o que fa­go eu [ri]. Non é a fór­mu­la. Hai que co­me­zar de for­ma pro­gre­si­va. Ca­mi­ñar é o pri­mei­ro pa­so, pe­ro hai ou­tros exer­ci­cios, co­mo os de fle­xi­bi­li­da­de ou pe­sas, que ta­mén se de­ben fa­cer. Den­tro dos con­ce­llos hai xen­te e cur­sos fei­tos con es­te fin. Non to­do é exer­ci­cio ae­ró­bi­co, por­que os maio­res per­den moi­ta ma­sa mus­cu­lar e iso au­men­ta o ris­co de caí­da, o que po­de pro­vo­car un de­te­rio­ro na súa ca­li­da­de de vi­da. Bai­lar é un­ha gran ac­ti­vi­da­de ta­mén pa­ra a ter­cei­ra ida­de, por­que ade­mais so­cia­li­zas. Os de­por­tes en gru­po ta­mén son moi bos por­que es­ti­mu­lan moi­to.

—¿Can­do de­ci­diu vol­ver a cal­zar­se as za­pa­ti­llas?

—Dei­xei a com­pe­ti­ción du­ran­te a ca­rrei­ra. Ades­trar a cer­to ni­vel re­qui­re tem­po. Se­guín fa­cen­do cousi­ñas, pe­ro non era o mes­mo. Em­pe­cei a re­to­ma­lo can­do per­dín a un­ha per­soa moi que­ri­da, que era meu pai. Foi un mo­men­to moi di­fí­cil. Sen­tía un­ha gran an­gus­tia. O exer­ci­cio é bo pa­ra a al­ma, non só pa­ra o cor­po. É an­sio­lí­ti­co e an­ti­de­pre­si­vo. Co­me­cei saín­do a tro­tar cun­ha ami­ga. Logo dun tem­po ades­tran­do con Ja­vier No­vo que­ría ir a un­ha me­dia ma­ra­tón. Pre­gun­tou­me se ía en se­rio. Pe­din­lle tem­po pa­ra pen­sa­lo. Non tar­dei na­da, di­xen­lle que ía­mos a por un­ha mar­ca.

—Logo de tan­to tem­po se­gue vin­cu­la­da ao Club Atle­tis­mo Noia.

—É un­ha cues­tión emo­cio­nal. Can­do se creou, foi pa­ra os mo­zos que non ti­ña­mos con quen com­pe­tir. Meu pai es­ta­ba ne­sa pri­mei­ra di­rec­ti­va. Te­ño moi boa re­la­ción con Luis San­mar­tín e con Al­ber­to Pé­rez, so­mos ami­gos de to­da a vi­da. Aín­da que o club se cen­tre nas ca­te­go­rías ba­se, co­mo de­be ser, non me sen­ti­ría en nin­gún ou­tro club co­mo me sin­to aquí. Trá­tan­me co­mo un­ha rei­na. Tó­do­los lo­gros, se­xan ca­les se­xan, se ce­le­bran por igual. O equi­po le­va cum­prin­do un­ha la­bor in­men­sa. Pa­re­ce que can­do pi­den fano pa­ra eles, pe­ro é pa­ra fo­men­tar o de­por­te nos máis ca­ti­vos. Fal­ta re­co­ñe­ce­men­to por par­te das ins­ti­tu­cións e da so­cie­da­de. Nes­tes mo­men­tos hai un pro­ble­ma moi gran­de cos ne­nos. A pe­sar da in­ver­sión en sa­ni­da­de, con­tan cun­ha saú­de peor ca dos seus país, mo­ti­va­da por un­ha ma­la ali­men­ta­ción e un se­den­ta­ris­mo bru­tal.

«Se te pos un­ha me­ta moi al­ta den­de o prin­ci­pio po­des frus­trar­te moi de con­ta­do»

B. BE­LLO

Cas­tro, tras fi­na­li­zar a ca­rrei­ra po­pu­lar do Con­ce­llo de Vi­mian­zo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.