So­cie­dad

Loi­ta por lo­grar que o es­pa­zo se­xa de­cla­ra­do pai­sa­xe cul­tu­ral da Unes­co

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - PORTADA - M. X. BLAN­CO Pe­dro Gar­cía Lo­sa­da Fo­tó­gra­fo

Pe­dro Gar­cía Lo­sa­da lle­va un lus­tro tra­ba­jan­do en un pro­yec­to fotográfico so­bre la ría de Noia

Son moi­tas as fer­mo­sas pai­sa­xes de Bar­ban­za que me­re­cen ser in­mor­ta­li­za­das a tra­vés do ob­xec­ti­vo dun­ha cá­ma­ra, pe­ro de to­das elas, Pe­dro Gar­cía Lo­sa­da eli­xiu a ría de Noia. Es­te es­pa­zo na­tu­ral ca­ti­vouno tan­to po­la be­le­za que en­ce­rra co­mo po­las con­vi­da­das de hon­ra que a co­tío a vi­si­tan á pro­cu­ra dun te­sou­ro que ago­chan os seus fon­dos. Es­te fo­tó­gra­fo le­va máis dun lus­tro tra­tan­do de re­co­ller en ins­tan­tá­neas o du­ro tra­ba­llo que rea­li­zan as ma­ris­ca­do­ras.

Pe­dro Gar­cía co­me­zou es­te pro­xec­to per­soal alá po­lo 2014. Que­ría po­ñer en va­lor o tra­ba­llo das mu­lle­res que ma­ris­can a pé: «Pa­re­ce que aquí to­dos vi­ven de cos­tas ao mar, can­do elas son o sus­ten­to eco­nó­mi­co de moi­tas ca­sas da zo­na». Pe­ro o seu re­to non tar­dou en ad­qui­rir un­ha en­ver­ga­du­ra maior. A tra­vés da So­cie­da­de An­tro­po­ló­xi­ca Ga­le­ga, en­ti­da­de á que per­ten­ce, su­mou­se á ela­bo­ra­ción dun tra­ba­llo de do­cu­men­ta­ción fo­to­grá­fi­ca e et­no­grá­fi­ca so­bre a ría noie­sa, co fin de ob­ter pa­ra ela a de­cla­ra­ción de pai­sa­xe cul­tu­ral da Unes­co: «Hai un te­sou­ro que es­tá dian­te dos no­sos ollos, pe­ro se­me­lla que nin­guén o ve».

Es­te noiés de adop­ción é in­ca­paz de cal­cu­lar can­tas fo­tos le­va fei­tas das ma­ris­ca­do­ras: «Hou­bo un ano que es­ti­ven to­da a cam­pa­ña con elas, tan­to no in­verno co­ma no ve­rán. Ago­ra ten­to bus­car ocos no tra­ba­llo pa­ra ir á praia». Ve­las desen­vol­ver o seu tra­ba­llo é o que máis lle cha­ma a aten­ción: «É un­ha ac­ti­vi­da­de sos­ti­ble, que non re­sul­ta agre­si­va co me­dio e ta­mén é moi du­ra, pois es­tas mu­lle­res pá­san­se ata ca­tro ho­ras na au­ga, ás ve­ces me­ti­das de cin­tu­ra pa­ra bai­xo, pe­ro ou­tras, ata o pes­co­zo, sem­pre coa hu­mi­da­de no cor­po».

Esa du­re­za do ma­ris­queo é a que Pe­dro Gar­cía que­re re­flec­tir na súa obra: «Ás ve­ces apa­re­cen can­sa­das, de xeon­llos es­ca­van­do a area coas mans». Ase­gu­ra que sem­pre con­tou coa com­pli­ci­da­de das pro­ta­go­nis­tas das súas ins­tan­tá­neas: «Dou­tro xei­to, se­ría im­po­si­ble rea­li­zar es­te tra­ba­llo». E por elas que­re con­se­guir ta­mén esa de­cla­ra­ción de pai­sa­xe cul­tu­ral: «Se­ría un gran éxi­to, tan­to pa­ra a xen­te que vi­ve da ría co­mo pa­ra os ve­ci­ños en xe­ral. No fu­tu­ro, o desen­vol­ve­men­to eco­nó­mi­co vai vir da man da cul­tu­ra e do tra­ba­llo sos­ti­ble e ar­te­sa­nal, non que­da ou­tra».

A ima­xe dun cu­pón

De mo­men­to, o fo­tó­gra­fo noiés xa con­se­guiu un pre­mio, pois un­ha das ima­xes que reali­zou pa­ra ese tra­ba­llo de do­cu­men­ta­ción foi eli­xi­da pa­ra ilus­trar un cu­pón da ON­CE, des­pois de que ga­ña­ra o con­cur­so Veo Evo­lu­ción, pro­mo­vi­do po­la en­ti­da­de con mo­ti­vo da con­me­mo­ra­ción do seu 80º aniver­sa­rio. É un­ha es­tam­pa na que xa ou­tros pou­sa­ran os ollos con an­te­la­ción: «De­ci­dín con­co­rrer a ese cer­ta­me cun­ha fo­to que a con­se­llei­ra de Mar, Ro­sa Quin­ta­na, ten no seu des­pa­cho». Di­ta ins­tan­tá­nea for­ma­ba par­te dun­ha ex­po­si­ción que se ex­hi­biu en Noia hai un par de anos, con mo­ti­vo das xor­na­das de­di­ca­daS ao ber­be­re­cho, e tan­to cha­mou a aten­ción da res­pon­sa­ble au­to­nó­mi­ca que al­guén de­ci­diu re­ga­lar­lle un­ha co­pia.

A elec­ción da fo­to por par­te da ON­CE é pa­ra Pe­dro Gar­cía a me­llor ho­me­na­xe que po­día fa­cer­lle ás ma­ris­ca­do­ras que son as súas com­pa­ñei­ras de aven­tu­ra: «É un ac­to de xus­ti­za e de agra­de­ce­men­to por to­das as fa­ci­li­da­des que nos dan aos mem­bros da So­cie­da­de An­tro­po­ló­xi­ca Ga­le­ga pa­ra desen­vol­ver o tra­ba­llo». En­ga­de, iso si, que a el ta­mén lle fi­xo ilu­sión a no­ti­cia: «Pa­ra min, lo­xi­ca­men­te, ta­mén é un re­co­ñe­ce­men­to á mi­ña ac­ti­vi­da­de».

Máis alá des­te tra­ba­llo in­can­sa­ble nas praias, Gar­cía Lo­sa­da desen­vol­ve a súa pro­fe­sión en ou­tros ei­dos moi va­ria­dos: «Fa­go ca­se de to­do, pe­ro fun­da­men­tal­men­te, fo­to­gra­fía de ar­qui­tec­tu­ra, in­dus­trial e de ti­po hu­ma­nis­ta. No pa­sa­do es­ti­ven moi mer­gu­lla­do no mun­do da mo­da, pe­ro esa eta­pa que­dou atrás».

CAR­ME­LA QUEIJEIRO

Pe­dro Gar­cía, xun­to ao cu­pón da ON­CE no que apa­re­ce un­ha ins­tan­tá­nea súa.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.