Pro­pa­gan­da vi­tal

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA -

No termo de tres me­ses Xu­lio es­ti­vo ven­do a lúa de san­gue en­tre os tem­plos de Agri­gen­to, a au­ga bur­bu­llan­do en Fon­ti­bre e o re­fle­xo do sol nun­ha das fies­tras da Ca­sa do Gar­da no par­que Güel de Bar­ce­lo­na, pe­ro non sa­cou nin­gun­ha fo­to no Facebook. En pou­cos me­ses, o ami­go Xu­lio via­xou en co­che, en au­to­bús, en avión e en bar­co, pe­ro só o sou­be­ron os com­pa­ñei­ros de asen­to ou os fa­mi­lia­res e ami­gos a quen lles trou­xo al­gun­ha lembranza da via­xe. ¡Que pou­ca pro­pa­gan­da se fai! Ó lar­go deses tres me­ses asis­tiu a un­ha fo­lia­da e re­ci­tou al­gúns poe­mas na Ca­sa dos Poe­tas de Ce­la­no­va, foi na­dan­do va­rias ve­ces ata a In­sa da Pi­ri­lla, pa­pou un­ha ma­ris­ca­da en Co­rru­be­do, un­ha fa­ba­da en Lla­nes, un co­ci­do montañés en San­ti­lla­na, e un­ha pa­ran­za en Si­ra­cu­sa; be­beu txa­co­lí pa­ra acom­pa­ñar un mar­mi­ta­ko fron­te ó mu­seo Gug­gen­heim de Bil­bao e tam­pou­co sa­cou na­da no Facebook; e con­tóu­no­lo por­que che­gou á con­clu­sión de que quen non pu­bli­ca a súa vi­da nas re­des so­ciais pa­re­ce que non vi­ve, que quen non vai a un res­tau­ran­te ar­ma­do de cá­ma­ra e to­ma­vis­tas se­me­lla que pa­sa fa­me, que quen non man­da pa­rar ó ta­xis­ta pa­ra fo­to­gra­far un­ha pai­sa­xe de­ter­mi­na­da se­me­lla que é ce­go; e pu­bli­car to­do iso e moi­to máis vén sen­do al­go así co­mo un­ha fe de vi­da, un cer­ti­fi­ca­do de be­nes­tar ou un­ha de­cla­ra­ción de su­perio­ri­da­de.

A pro­pa­gan­da vi­tal, tan ne­ce­sa­ria pa­ra non ser me­nos ou pa­ra amo­sar­se su­pe­rior, ten no Facebook o sis­te­ma máis ba­ra­to de co­mu­ni­ca­ción. En xe­ral, as re­des so­ciais es­tán crean­do un­ha cer­ta adic­ción que nos obri­ga a pu­bli­car to­das as ni­mie­da­des da no­sa vi­da e a ver e cri­ti­car as dos no­sos ve­ci­ños, ami­gos, fa­mi­lia­res e fo­llo­wers que nun­ca co­ñe­ce­re­mos. Ami­gos te­ño a quen se­gun­do o pu­bli­ca­do na­da lles vai mal na vi­da, te­ñen opi­nión pa­ra to­do e ata son quen de fa­cer gran­des des­cu­bri­men­tos on­de os máis ex­per­tos ca­te­drá­ti­cos de uni­ver­si­da­de non dan che­ga­do.

Al­gúns es­pe­cia­lis­tas en re­des so­ciais, ase­gu­ran que, xa sen con­tar co mal gus­to e o in­sul­to doa­do, es­ta­se fa­cen­do un uso du­bi­do­sa­men­te éti­co das re­des no que a cues­tións per­soais se re­fi­re, que se ben de­be­rían ser un me­dio pa­ra com­par­tir co­ñe­ce­men­to, con­ver­té­ron­se nun me­dio pa­ra amo­sar as mi­se­rias á pro­cu­ra da fa­ma, do ins­tan­te dia­rio de glo­ria ou de cer­ta pre­sun­ción sen no­me in­va­dín­do­nos con fo­tos, ví­deos, opi­nións e pro­pa­gan­da que coa fa­ci­li­da­de de mo­ver un de­do non nos pa­ra­mos a pon­de­rar su­fi­cien­te­men­te.

Xu­lio opi­na que se nos ani­má­se­mos a con­tar as no­sas aven­tu­ras dia­rias ou a opi­nar ca­ra a ca­ra, en com­pa­ña, nun par­la­doi­ro ou nun ruei­ro, sen me­dios in­ter­pos­tos, arre­da­dos de­sa soi­da­de sen crí­ti­ca que nos im­pón o or­de­na­dor ou o mó­bil, sen­tin­do a voz do no­so in­ter­lo­cu­tor, sen com­pro­me­ti­das ico­nas de ca­ri­ñas es­que­má­ti­cas nin de­dos er­gui­dos, se­nón ven­do a ex­pre­sión real que as no­sas opi­nións pro­vo­can en quen nos es­coi­ta, tal­vez se­ría­mos máis hu­mil­des. Por­que a tra­vés da re­de non sem­pre apre­cia­mos a ver­da­de dos sen­ti­men­tos, nin os sen­ti­men­tos se amo­san con to­da a fran­que­za que un ca­ra a ca­ra im­pón aín­da can­do as pa­la­bras quei­ran di­si­mu­lar e men­tir.

E a pe­sa­res de to­do, con­fe­sa Xu­lio, to­dos os días te­mos a ra­bio­sa cu­rio­si­da­de, vi­cio ou adic­ción de ver co­mo lle vai ós no­sos fo­llo­wers, que co­men, on­de es­tán, quen tor­ceu un pé ou quen al­mor­zou un ca­fé ne­gro e sen azu­cre tras un­ha noi­te de es­mor­ga. Tan im­por­tan­te é con­tar a vi­da e tan cu­rio­sos so­mos coa vi­da allea.

ILUS­TRA­CIÓN MATALOBOS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.