For­ma­da un­ha co­mi­sión pa­ra ho­me­na­xear a Plá­ci­do Be­tan­zos

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA -

Son 14 as per­soas que in­te­gran a co­mi­sión que vén de crear­se en Ri­bei­ra pa­ra a or­ga­ni­za­ción dun­ha gran ho­me­na­xe a Plá­ci­do Be­tan­zos. Trá­ta­se de ve­ci­ños que ti­ve­ron un­ha es­trei­ta re­la­ción co po­lí­ti­co e es­cri­tor fa­le­ci­do o pa­sa­do xu­ño e de ci­da­dáns re­pre­sen­ta­ti­vos de di­fe­ren­tes ei­dos que fo­ron fun­da­men­tais na súa vi­da, co­ma o en­sino, a cul­tu­ra, a lin­gua ou o na­cio­na­lis­mo. Á fron­te des­te co­lec­ti­vo ató­pa­se Car­men Gar­cía, que exer­ce­rá de vo­cei­ra.

Os in­te­gran­tes des­ta no­va co­mi­sión da­ran­se a co­ñe­cer o mér­co­res, nun ac­to que te­rá lu­gar no cen­tro cul­tu­ral Lus­tres Ri­vas da ci­da­de. Alí ex­pli­ca­ran­se os ob­xec­ti­vos que per­se­gue o co­lec­ti­vo, así co­mo as pri­mei­ras ini­cia­ti­vas que ten pre­vis­to po­ñer en mar­cha de ca­ra a fa­cer efec­ti­va esa gran ho­me­na­xe a Plá­ci­do Be­tan­zos que se vi­ña re­cla­man­do des­de di­fe­ren­tes sec­to­res da so­cie­da­de ri­bei­ren­se.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.