Os máis jran­des vol­ven á ca­sa cun li­bro que per­se­gue en­gran­de­cer o mito

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA - M. X. B.

«Que­re­mos que o li­bro con­tri­búa a en­gran­de­cer o mito que xa son os He­re­dei­ros». Así se re­fe­ría Fran Alonso, di­rec­tor de Xe­rais, ao vo­lu­me que na­rra a his­to­ria da ban­da bar­ban­ce­sa, des­de os seus co­me­zos nun al­pen­dre de Poi ata a reapa­ri­ción, co­mo es­tre­las, na dis­co­te­ca LP45 de Or­des. Foi a edi­to­rial a que lle en­car­gou ao xor­na­lis­ta de Ri­bei­ra An­to­nio Díaz a ela­bo­ra­ción des­te tra­ba­llo, que on­te era pre­sen­ta­do no Ate­neo Va­lle-In­clán. O au­tor con­fe­sou que a pe­ti­ción lle fi­xo un­ha gran ilu­sión: «Foi pa­ra min co­mo un­ha opor­tu­ni­da­de de con­tar un­ha pe­que­na par­te da his­to­ria de Ri­bei­ra, un ca­pí­tu­lo que pa­ga­ba a pe­na ser con­ta­do».

Nes­ta ta­re­fa, Díaz con­tou coa co­la­bo­ra­ción de Juan­cho Ri­vas, que des­ve­lou que an­tes de que Xe­rais to­ma­ra a ini­cia­ti­va, po­la súa ca­be­za pa­sa­ra en máis dun­ha oca­sión con­tar a his­to­ria de He­re­dei­ros da Crus: «Se­gu­ra­men­te que nun­ca ía ma­te­ria­li­zar a idea, pe­ro pen­sa­ba que ha­bía que fa­cer xus­ti­za ao que o gru­po re­pre­sen­ta­ba na cul­tu­ra ga­le­ga».

Des­pois de le­var ao pú­bli­co que se dou ci­ta no Ate­neo ata aquel gal­pón de Poi on­de em­pe­zou a en­saiar a ban­da, Ja­vi Ma­nei­ro re­fe­riu­se ao vo­lu­me co­mo «un li­bro que que­da­rá pa­ra que nos re­cor­den, xun­to cos no­sos dis­cos». Igual de or­gu­llo­so se amo­sou ou­tro in­te­gran­te da ban­da, Ton­hi­to de Poi, tan­to po­lo li­bro co­mo po­lo tre­men­do éxi­to, non bus­ca­do, que con­se­guiu aca­dar a for­ma­ción.

QUEIJEIRO

Fran Alonso, Ja­vi Ma­nei­ro, Juan­cho Ri­vas, An­to­nio Díaz e Ton­hi­to de Poi in­ter­vi­ron no Ate­neo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.