Alon­gos, fre­gue­sía de Toén

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - A Voz De Barbantia - ISA­BEL SAN­TOS

No con­ce­llo ou­ren­sán de Toén hai no­mes de xoias ar­qui­tec­tó­ni­cas que nos re­mi­ten ás an­ti­gas plan­ta­cións de oli­vei­ras: Pa­zo do Oli­var e To­rre do Oli­var. Na ac­tua­li­da­de son as moi­tas ce­pas do Ri­bei­ro as que con­for­man a mes­ta e fer­mo­sa pai­sa­xe dos vi­ñais de San Mar­ti­ño de Alon­gos, vis­tos den­de a to­rre e o pa­zo, xun­to coas au­gas do río Mi­ño. Hai un Alon­gos en Me­li­de e un Ai­lon­gos en Ba­ra­lla, am­bos con­ce­llos re­ga­dos po­los ríos Fu­re­los e Nei­ra, res­pec­ti­va­men­te. Tra­ta­ría­se de hi­dró­ni­mos pro­ce­den­tes da raíz in­doeu­ro­pea *el-/*ol- co sig­ni­fi­ca­do de «fluír», se­gun­do Krahe. Mes­mo Bas­cuas, na súa Hi­dro­ni­mia Pa­leoeu­ro­pea, di que moi­tos ríos eu­ro­peos co­me­zan pon Al-.

Tes­ti­fi­ca­do no Tum­bo de Ce­la­no­va, o no­so San Mar­ti­ño de Alon­gos co­mo Vi­lla de Allo­ni­cos, qui­zais se tra­te dun xen­ti­li­cio de an­ti­gos no­mes ri­bei­ren­ses do Mi­ño. Así, a ori­xe do Alon­gos de Toén e do Ai­lon­gos de Ba­ra­lla co río Nei­ra, un afluen­te do Mi­ño, se­ría un po­si­ble po­sui­dor *ALLONICARIUS. Co­mo xen­ti­li­cio, ta­mén se ato­pou nun­ha epí­gra­fe ro­ma­na un «Alon­gun» en Re­mo­li­na, pro­vin­cia de León.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.