Un­ha bri­llan­te e lon­ga carreira

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - Portada -

Pa­qui­to de Vi­lla é un ho­me pro­fun­da­men­te en­rai­za­do na súa te­rra. Na­ceu na Bo­li­ña (Boi­ro) en 1933 e des­de moi ca­ti­vo des­ta­cou po­la súa ca­pa­ci­da­de mu­si­cal nun con­tex­to di­fí­cil pa­ra o desen­vol­ve­men­to dun­ha carreira ar­tís­ti­ca.

Ho­me tei­mu­do, bus­cou to­das as opor­tu­ni­da­des de for­ma­ción mu­si­cal ás que ti­vo ac­ce­so e apro­vei­tou­nas con ex­ce­len­cia. A for­za de prác­ti­ca che­gou a do­mi­nar a gai­ta, o cla­ri­ne­te e o sa­xo­fón lo­gran­do o re­co­ñe­ce­men­to dos di­rec­to­res das agru­pa­cións das que for­mou par­te e o aplau­so do pú­bli­co.

De­sen­vol­veu un­ha lon­ga e bri­llan­te carreira en va­rias agru­pa­cións mu­si­cais da co­mar­ca, co­mo a or­ques­tra Tre­boa­da e a or­ques­tra Clip­per, en­tre ou­tras, pe­ro en­tre to­das des­ta­ca a or­ques­tra Gran Pa­ra­da. Nes­te gru­po, fun­da­do en 1962, e aín­da ac­ti­vo na ac­tua­li­da­de, de­sen­vol­veu un­ha gran par­te da súa lon­ga carreira mu­si­cal. 37 anos ame­ni­zan­do as fes­tas po­pu­la­res e as dis­co­te­cas de to­da a xeo­gra­fía de Ga­li­cia e dou­tras co­mu­ni­da­des au­tó­no­mas.

Ade­mais da súa fa­ce­ta co­mo ins­tru­men­tis­ta, ta­mén des­ta­cou co­mo cantante, acom­pa­ñan­do os can­tan­tes so­lis­tas, fa­cen­do se­gun­das vo­ces e co­ros.

Du­ran­te máis de co­ren­ta anos si­mul­ta­neou as ac­tua­cións en or­ques­tras coa in­ter­pre­ta­ción de mú­si­ca po­pu­lar ga­le­ga co­mo gai­tei­ro, tan­to en so­li­ta­rio co­mo en gru­po clá­si­co: dúas gai­tas, tam­bor e bom­bo.

Pro­fe­sor de gai­ta

Co­mo pro­fe­sor de gai­ta, por vol­ta de tres lus­tros, foi res­pon­sa­ble do ini­cio da carreira de de­ce­nas de mú­si­cos, en­tre os que des­ta­can Pa­blo Chou­za, que foi un dos fun­da­do­res do re­co­ñe­ci­do gru­po Aru­me, e Diego Gar­cía que, des­pois do seu pa­so por Aru­me, pro­se­guíu un­ha bri­llan­te carreira mu­si­cal co­mo di­rec­tor de or­ques­tra.

Co­mo in­te­gran­te do Gru­po de Mú­si­ca An­ti­ga Me­nes­treis ti­vo que afa­cer­se a un no­vo ins­tru­men­to, un­ha ré­pli­ca do cha­lu­meau do sécu­lo XVII. Con es­te ins­tru­men­to, que po­de ser con­si­de­ra­do co­mo un an­te­pa­sa­do do cla­ri­ne­te, exe­cu­ta a mú­si­ca an­ti­ga coa so­no­ri­da­de que se su­pón que ti­ña na­que­les tem­pos.

E ho­xe, hai moi­to tem­po xu­bi­la­do, con­ti­núa in­ter­pre­tan­do mú­si­ca coa mes­ma de­ter­mi­na­ción e en­tu­sias­mo que can­do era un ra­paz. Non hai que ro­gar­lle moi­to pa­ra que to­me a gai­ta e to­que un­ha mui­ñei­ra ou un­ha xo­ta. Men­tres o cor­po aguan­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.