«Xa de neno, an­tes dos oi­to anos, fa­cía frau­tas tra­ver­sas cun­ha ca­na»

Tu­bío in­te­grou va­rios gru­pos, en­tre eles, a or­ques­tra Gran Pa­ra­da

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - Portada - XU­LIO GU­TIÉ­RREZ

Fa­lar de Fran­cis­co Tu­bío, ou Pa­qui­to de Vi­lla co­mo é co­ñe­ci­do, é fa­lar da mú­si­ca po­pu­lar en Boi­ro na se­gun­da me­ta­de do sécu­lo vin­te.

–Un ra­paz no Boi­ro dos anos 30 non ti­ña moi­tas opor­tu­ni­da­des de es­coi­tar mú­si­ca, e moi­to me­nos de elixir que ti­po de mú­si­ca es­coi­tar. Sen te­le­vi­sión, spo­tify nin youtu­be ha­be­ría que con­ten­tar­se coas ac­tua­cións nas fes­tas lo­cais. Can­do co­me­zou a in­tere­sar­che a mú­si­ca?

—Xa de neno, an­tes dos oi­to anos, fa­cía frau­tas tra­ver­sas cun­ha ca­na, e pa­ra fu­rar os bu­ra­tos usa­ba un­ha es­pi­ta dos lon­guei­róns quen­ta­da no lu­me. Con elas to­ca­ba as can­cións que es­coi­ta­ba nas fes­tas. Ti­ña tan­to in­tere­se que o meu pa­dri­ño, Pa­qui­to, o do Sin­di­ca­to, re­ga­lou­me un­ha frau­ta de bu­xo de seis bu­ra­tos e con ela prac­ti­ca­ba to­do o que po­día. Moi­tas ve­ces xun­ta­bá­mo­nos to­dos os ra­pa­ces de Boi­ro e to­ca­ba­mos e can­ta­ba­mos. Pa­sa­bá­mo­lo moi ben!

Aos 10 anos em­pe­cei a to­car un­ha gai­ta que me com­pra­ra o meu pai. Eu es­coi­ta­ba os gai­tei­ros e tra­ta­ba de fa­cer co­ma eles. En­tón, o di­rec­tor do gru­po Tre­boa­da, Pe­pe, o Me­ne­co, in­vi­tou­me a en­saiar con eles. Es­ti­ven un in­verno prac­ti­can­do e apren­den­do to­das as can­cións de me­mo­ria e, ao ve­rán se­guin­te, xa saín a to­car co gru­po por Pal­mei­ra, A Po­bra, Ol­vei­ra, Bretal, e ou­tros lu­ga­res da co­mar­ca. Foi a pri­mei­ra vez que ac­tuei con uni­for­me. Da­que­la non ha­bía tan­tos co­ches co­ma ho­xe. Ti­ña­mos que ir a to­das as par­tes an­dan­do ou en bi­ci­cle­ta, e car­gan­do cos ins­tru­men­tos.

–Tam­pou­co era doa­do, na­que­les tem­pos, ac­ce­der a un­ha for­ma­ción mu­si­cal de ca­li­da­de. Non ha­bía con­ser­va­to­rio nin es­ta­ble­ce­men­tos onde ad­qui­rir par­ti­tu­ras. En­tón, co­mo con­se­gui­ches for­mar­te co­mo mú­si­co?

—Ao prin­ci­pio, no gru­po Tre­boa­da, non tra­ba­lla­ba­mos con par­ti­tu­ras, to­ca­ba­mos de oí­do. A mi­ña pri­mei­ra pro­fe­so­ra de mú­si­ca foi Do­na Vic­to­ria, que era mes­tra na es­co­la de San e que, ca­sual­men­te, ta­mén me de­ra cla­ses de pri­ma­ria uns anos an­tes, na es­co­la da Fe­rre­ría, no Ca­mi­ño Ve­llo. Xun­ta­bá­mo­nos sete ou oi­to ra­pa­ces pa­ra apren­der a ler par­ti­tu­ras, pe­ro eu fun o úni­co que se fi­xo mú­si­co.

Aos 14 anos o meu pai com­prou­me un cla­ri­ne­te de 13 cha­ves. Apren­dín a to­ca­lo coa axu­da de Ra­món, un ve­ci­ño que to­ca­ba na ban­da de Bea­lo. Ao pou­co xa to­ca­ba con eles.

Máis tar­de, du­ran­te o ser­vi­zo mi­li­tar, des­ti­ná­ron­me a in­fan­te­ría de ma­ri­ña, no cuar­tel dos Do­lo­res, en Fe­rrol. Na ban­da mi­li­tar to­ca­ba a gai­ta e o cla­ri­ne­te. Apro­vei­tei pa­ra apren­der máis mú­si­ca, e em­pe­cei a to­car o sa­xo al­to.

Á vol­ta da mi­li vol­vín á ban­da de Bea­lo, pe­ro en­se­gui­da fa­lou co­mi­go Ge­rar­do Dei­ra que me ofre­ceu en­trar na or­ques­tra Clip­per. Era un gru­po que fa­cía mú­si­ca pa­ra bai­le, co­mo pa­so­do­bres, val­ses e mú­si­ca mo­der­na. Ac­tua­ba­mos to­dos os do­min­gos po­la tar­de na sa­la de bai­le La Unión, en Ces­pón, e ta­mén saia­mos to­car en oca­sións po­las pa­rro­quias ve­ci­ñas.

–Nos du­ros anos da pos­gue­rra a eco­no­mía non era moi boian­te. A xen­te non se po­día per­mi­tir gas­tar moi­to en lu­xos, co­mo es­coi­tar mú­si­ca en di­rec­to. Po­día­se vi­vir da mú­si­ca na­que­les tem­pos?

–Ha­bía que fa­cer máis cou­sas, co­mo tra­ba­llar a te­rra, no meu ca­so. Ade­mais fi­xen tres cam­pa­ñas de seis me­ses ca­da un­ha nun pes­quei­ro, en Te­rra­no­va. Foi un tra­ba­llo du­ro, pe­ro ti­ven a gran sor­te de que á vol­ta da ter­cei­ra cam­pa­ña ofre­cé­ron­me en­trar nun­ha or­ques­tra gran­de. A or­ques­tra Gran Pa­ra­da.

–A or­ques­tra Gran Pa­ra­da é un dos re­fe­ren­tes mu­si­cais no Bar­ban­za du­ran­te ca­tro dé­ca­das. Co­mo re­cor­das esa épo­ca?

—Em­pe­za­mos sen­do 14 mú­si­cos. No in­verno en­saia­ba­mos to­dos os días des­de as tres da tar­de ata as no­ve da noi­te. Du­ran­te o ve­rán ac­tua­ba­mos moi­to, 28 días ca­da mes. Por As­tu­rias, León, La Rio­ja, País Vas­co e por to­da Ga­li­cia. E po­lo in­verno ia­mos ás me­llo­res sa­las de fes­tas, co­mo Chan­te­clai­re, Sa­tur­day e No­va Olim­pia. Ti­ña­mos dous re­per­to­rios: un de mú­si­ca clá­si­ca pa­ra a se­sión ver­mú e ou­tro bai­la­ble pa­ra a noi­te. Eu to­ca­ba a gai­ta, o cla­ri­ne­te, o sa­xo al­to e ba­rí­tono, e ta­mén fa­cía vo­ces pa­ra acom­pa­ñar o cantante.

–Pe­ro nun­ca dei­xa­ches a gai­ta?

—Non. Can­do se des­fi­xo a ban­da de Bea­lo eu se­guín co­mo gai­tei­ro nas fes­tas de to­da a zo­na. Cha­má­ban­me pa­ra as fia­das, a co­rri­da do ga­lo de Mon­ta­ña, pa­ra as fes­tas de Mos­que­te, de Sea­lo, en­tre ou­tros lu­ga­res. Ás ve­ces, a xen­te sa­ca­ba un­ha pan­dei­re­ta e to­ca­ba co­mi­go. E ta­mén fun pro­fe­sor de gai­ta du­ran­te uns 14 anos no Cen­tro Cul­tu­ral de Boi­ro.

–E nos úl­ti­mos tem­pos, ta­mén in­ter­pre­tas mú­si­ca an­ti­ga?

—Asis­tín a un con­cer­to do Gru­po de Mú­si­ca An­ti­ga Me­nes­treis, en Ces­pón, e gus­tou­me moi­to. Dí­xen­llo a Xo­sé Es­pa­ña, o di­rec­tor, e es­te in­vi­tou­me a unir­me ao gru­po pa­ra to­car a frau­ta te­nor e ta­mén o cha­lu­meau, que é co­mo un cla­ri­ne­te pe­queno con dúas cha­ves. Os dous son ré­pli­cas de ins­tru­men­tos an­ti­gos que se usa­ban hai máis de 400 anos. Des­de 2008 reuní­mo­nos un­ha vez á se­ma­na pa­ra en­saiar e, de vez en can­do, da­mos al­gún con­cer­to. A maio­ría por aquí cer­ca, pe­ro ta­mén fo­mos a San­tia­go e Noia. O máis lon­xe que che­ga­mos foi a Ma­rrue­cos; ac­tua­mos en Tán­xer e Ra­bat.

ILUS­TRA­CIÓN ABRAL­DES

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.