Bal­tei­ro ou o se­ñor dos bos­ques

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - News - ISA­BEL SAN­TOS

Na pa­rro­quia de Olei­ros, no ter­mo mu­ni­ci­pal de Ri­bei­ra, Bal­tei­ro é un dos lu­ga­res máis fer­mo­sos do Bar­ban­za. Cam­pis­mo, sen­dei­ros, e a súa ubi­ca­ción pri­vi­le­xia­da en­tre a cos­ta e A Cu­ro­ta fan del un pre­za­do es­pa­zo de le­cer.

Bal­ta­res e Bal­tei­ros ga­le­gos e por­tu­gue­ses per­ten­cen a ese gru­po de to­pó­ni­mos pro­ce­den­tes de no­mes pro­pios: os cha­ma­dos an­tro­to­pó­ni­mos. O no­so Bal­tei­ro ten a súa ori­xe no no­me xer­má­ni­co Walt­ha­rius, que sig­ni­fi­ca «se­ñor dos bos­ques». Bal­tar vi­ría do po­sui­dor me­die­val en ca­so xe­ni­ti­vo: (vi­lla) Bal­ta­rii, e Bal­tei­ro pro­ce­de­ría do acu­sa­ti­vo Bal­ta­rium.

Hai uns me­ses pu­bli­cou­se a pri­mei­ra tra­du­ción ao ga­le­go do Can­tar de Val­ta­rio, obra me­die­val dos sécu­los IX-X com­pos­ta en la­tín, que can­ta as xes­tas des­te per­so­na­xe he­roi­co, do reino go­do de To­lo­sa. Dos len­da­rios anos das in­va­sións xer­má­ni­cas, aló po­lo sécu­lo V (te­ñan en con­ta a dis­cro­nía en­tre a da­ta­ción dos fei­tos e a crea­ción da obra) pa­sou á no­sa lin­gua ta­mén co­mo no­me e ape­li­do con va­rian­tes co­mo Wal­ter, Gual­te­rio e Gu­tie­rre.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.