Noia, un es­pa­zo da me­mo­ria

Un­ha pai­sa­xe cons­truí­da no de­co­rrer dos sécu­los

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - News - PEDRO GAR­CÍA VIDAL

Ao igual que as per­soas, al­gun­has ci­da­des po­súen ta­mén cer­ti­fi­ca­do de na­ce­men­to. No ca­so de Noia ten da­ta de 9 de abril de 1168, mo­men­to en que o rei Fer­nan­do II lle ou­tor­ga a súa Car­ta Po­bra, po­lo que a vi­la vén de ce­le­brar o seu 850 aniver­sa­rio. Lo­go de tan­to tem­po, a me­mo­ria de­va­lou, e a ci­da­da­nía foi per­den­do con­cien­cia do mun­do que a creou. Os no­vos ha­bi­tan­tes da vi­la non re­cor­dan ca­se na­da. Mi­ran arre­dor e non re­co­ñe­cen a man dos crea­do­res. Pe­ro as pe­ga­das es­tán aí, per­ma­ne­cen co­mo tes­te­mu­ñas mu­das dun pa­sa­do fei­to por quen nos pre­ce­deu.

No con­xun­to ur­bano de Noia, o cas­co his­tó­ri­co apa­re­ce cla­ra­men­te di­fe­ren­cia­do. As au­gas do mar e do río son fron­tei­ras doa­da­men­te per­ci­bi­das a fa­lar dun pa­sa­do ma­rí­ti­mo e mer­can­til onde a vi­la ci­men­tou o seu es­plen­dor co­mo Por­tus Apos­to­li.

As rúas de bor­do, por te­rra, subs­ti­túen ago­ra as an­ti­gas mu­ra­llas des­apa­re­ci­das que da­ban ca­rác­ter de ci­da­de a quen co­mo Noia go­za­ba dun re­cin­to por elas abra­za­do. No interior des­te es­pa­zo, un con­xun­to de rúas, ca­le­llas ou con­gos­tras, al­gun­has das ca­les se abren a pe­que­nas pra­zas, per­mi­ten o trán­si­to en­tre un aper­ta­do ca­sa­río.

Mun­do que ou­tros crean

Nes­ta ar­ti­fi­cial pai­sa­xe de sécu­los, ob­ser­va­mos o mun­do que ou­tros crea­ron. Non po­de­mos dar un pa­so sen pi­sar o re­sul­ta­do da súa obra. Nin abrir os ollos sen ver­mos o tra­zo da súa pe­ga­da. Un­ha obra que é to­do o que nos ro­dea. Só o des­co­ñe­ce­men­to nos fai ser in­gra­tos cos seus crea­do­res. Es­que­ce­mos os seus no­mes ou non apre­cia­mos moi­tas das rea­li­za­cións que nos le­ga­ron.

Nes­te territorio da me­mo­ria per­co­rre­mos a vi­la a tra­vés dun­ha xeo­gra­fía bautizada na que to­do ten re­ci­bi­do o seu no­me: rúa da La­xe, pra­za do Ta­pal, por­ta da Pe­re­gri­na, igre­xa de San Mar­ti­ño, pa­zo Da­cos­ta, hos­pi­tal de Aden­tro, ba­rrio da Pei­xe­ría, etc. In­clu­so nos bor­dos pró­xi­mos, no que fo­ron an­ti­gos ba­rrios ex­tra mu­ros, ato­pa­mos igual­men­te ves­ti­xios e no­mes de­sa xeo­gra­fía re­fe­ren­cial: rúa da Co­rre­doi­ra de Afo­ra, ba­rrios do Es­pí­ri­to San­to, da Pe­dra­chán, San Lá­za­ro ou Cam­po das Ro­das, igre­xa de San Fran­cis­co, Ala­me­da, Cam­po da Fei­ra, Bes­tei­ros, Pe­la­mios, Cun­chei­ros, en­tre moi­tos ou­tros.

Fó­ra des­te es­pa­zo his­tó­ri­co, a me­tás­ta­se do «pro­gre­so» bo­rra cal­que­ra tra­zo de di­fe­ren­cia­ción co que po­der orien­tar­se. O ur­ba­nis­mo es­pe­cu­la­ti­vo avan­za so­bre un mun­do rural que es­mo­re­ce sen pro­tes­ta. A vi­la con­tem­po­rá­nea ocul­ta os de­rra­dei­ros ves­ti­xios da ru­ra­li­da­de men­tres que, po­la con­tra, no cam­po per­cí­ben­se ca­da vez con maior ni­ti­dez os si­nais de iden­ti­da­de que per­fi­lan a súa con­di­ción ur­ba­na. Nes­tes es­pa­zos de bor­do, ig­nó­ra­se a ri­que­za ur­ba­nís­ti­ca pre­via en for­ma de pe­que­nos nú­cleos ha­bi­ta­dos que do­ta­ban de iden­ti­da­de e sin­gu­la­ri­da­de eses lu­ga­res, pa­ra subs­ti­tuí­los por blo­ques uni­for­mes en al­tu­ras e vo­lu­mes esa­xe­ra­dos.

O mi­me­tis­mo cons­tru­ti­vo im­pon­se da man dun ur­ba­nis­mo tec­no­crá­ti­co e eli­tis­ta, un ur­ba­nis­mo de la­bo­ra­to­rio rea­li­za­do por téc­ni­cos cun­has cla­ras orien­ta­cións do po­der po­lí­ti­co, que tra­za li­ñas sen con­tar con esas reali­da­des pre­vias. Un­ha ur­ba­ni­za­ción sen sen­ti­do co­lo­ni­za o territorio pa­ra pro­du­cir a per­da da iden­ti­da­de e da me­mo­ria.

Pa­se­ni­ña­men­te a non ci­da­de, onde do­mi­na a des­orien­ta­ción e o desacou­go, aso­lá­gao to­do. Só que­da o con­so­lo de re­tor­nar aco­tío a ese es­pa­zo ín­ti­mo e aco­lle­dor que é a vi­la his­tó­ri­ca, esa illa de me­mo­ria que ali­men­ta e re­con­for­ta.

A vi­la his­tó­ri­ca, un­ha illa de me­mo­ria que ali­men­ta e re­con­for­ta

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.