Ou­tra bio­gra­fía me­mo­ra­ble

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - News - ANTÓN RI­VEI­RO

Den­de o 2005, can­do X. Ri­car­do Lo­sa­da nos en­tre­gou a fres­cu­ra dun li­bro con mi­nia­tu­ras an­to­ló­xi­cas co­mo foi O xe­ne da chu­via, ve­ño tei­man­do na fir­me idea de que es­ta­mos dian­te dun au­tor de al­tu­ra, di­fe­ren­te, úni­co. Pou­cos son quen de con­ver­ter a fi­lo­so­fía nun dis­cur­so na­rra­ti­vo e fa­cer xur­dir de­sa mes­tu­ra un xé­ne­ro no­vo, co­mo fai es­te es­cri­tor de Rian­xo, ca­paz de for­zar en nós o pen­sa­men­to e ado­bia­lo cun­ha in­te­li­xen­te iro­nía.

Non hai moi­to re­co­men­da­ba aquí a bio­gra­fía me­mo­ra­ble e ri­go­ro­sa que Axei­tos fi­xo de Ma­nuel An­to­nio, e pa­re­cía di­fí­cil di­cir al­go no­vo so­bre un dos re­fe­ren­tes máis ori­xi­nais da no­sa li­te­ra­tu­ra. Pe­ro X. Ri­car­do con­sé­gueo cun li­bro es­plén­di­do que, tal­vez, ve­ña com­ple­men­tar o ou­tro, tra­ba­llan­do aquí, máis que coa cer­te­za e o do­cu­men­to, coa dú­bi­da, o pre­sen­ti­men­to e a in­tui­ción, que son te­rreos máis pro­pi­cios pa­ra a li­te­ra­tu­ra.

Con ta­len­to, Lo­sa­da fo­ca­li­za o li­bro no xé­ne­ro epis­to­lar e cons­trúe e des­ci­fra enig­mas, re­pa­ran­do nas con­tra­di­cións de Ma­nuel An­to­nio e sen­do esi­xen­te co ho­me e o mi­to pa­ra nos des­cu­brir os lo­gros e os fra­ca­sos de quen, amais de poe­ta, foi aven­tu­rei­ro, la­ca­zán, ma­ri­ñei­ro e fi­llo.

Ma­xis­tral pul­so in­ter­pre­ta­ti­vo pa­ra ou­tra bio­gra­fía me­mo­ra­ble. Pa­ra­béns.

Bio­gra­fía «Ma­nuel An­to­nio. Vi­da e mis­te­rio dun poe­ta ga­le­go» Xo­sé Ri­car­do Lo­sa­da E. Ga­la­xia (2018) 224 pá­xi­nas

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.