O nú­me­ro pi­pí

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - News - X. Ri­car­do Lo­sa­da

Nun­ca che fun moi par­ti­da­rio de efemérides. En­ten­do a súa fun­ción, pe­ro creo que mos­trar­nos so­li­da­rios, pa­cí­fi­cos ou eco­lo­xis­tas un día con­cre­to é de­ma­sia­do fá­cil, e a moi­tos ché­ga­lles pa­ra xus­ti­fi­car­se an­te os de­mais. Pe­ro sen­do iso cer­to, ta­mén o é que hai efemérides que me gus­tan. Un­ha de­las, o día do nú­me­ro pi, que se ce­le­bra o 14 de mar­zo (3/14 en ano­ta­ción an­glo­sa­xo­na), un nú­me­ro que non me es­tra­ña que fas­ci­ne os se­res hu­ma­nos des­de a an­ti­güi­da­de pois in­di­ca que a ra­zón en­tre a lon­xi­tu­de dun círcu­lo, se­xa xi­gan­tes­co ou anano, e o seu diá­me­tro, é sem­pre a mes­ma: 3´14.

Pe­ro a ver­da­dei­ra ra­zón de que me gus­te o nú­me­ro pi non é ma­te­má­ti­ca, se­nón au­to­bio­grá­fi­ca. Quen me co­ñe­ce sa­be do meu amor po­las ma­te­má­ti­cas e da dis­po­si­ción do meu áni­mo ao xo­go con nú­me­ros e en­ti­da­des abs­trac­tas. Pois ben. De pe­queno, e por ra­zóns que non creo ne­ce­sa­rio ex­pli­car, ca­da vez que o meu pro­fe­sor fa­la­ba do nú­me­ro pi, eu pen­sa­ba no nú­me­ro pi­pí, e así llo fa­cía sa­ber po­lo bai­xo aos meus ami­gos, ata que, en 8º de EXB, a un de­les se lle oco­rreu di­cir que ese era o ta­ma­ño do meu pi­pí: 3´14... cen­tí­me­tros.

Non me que­dou ou­tra, xa que lo­go, que cam­biar­lle de no­me, e ti­ven pou­cas dú­bi­das de que o máis apro­pia­do era cha­mar­lle nú­me­ro pi­ro­la, aín­da que ta­mén pen­sei en nú­me­ro pi­to e nú­me­ro pi­cha. Pi­ro­la se­guía ten­do a sí­la­ba pi ao prin­ci­pio, e soa­ba de tal for­ma que obri­ga­ría os meus ami­gos a cam­biar as di­men­sións do meu mem­bro vi­ril: 3´14... me­tros. Un no­me moi apro­pia­do, co­mo ve­des, pe­ro al­go no máis pro­fun­do da mi­ña men­te me esi­xía, sen sa­ber eu a ra­zón, que lle cha­ma­se nú­me­ro ca­ra­llo. Ao prin­ci­pio re­sis­tin­me (non lle vía re­la­ción nin­gun­ha con pi), pe­ro axi­ña cam­biei de opi­nión. Se no co­le­xio o nú­me­ro pi era 3´14, os pro­fe­so­res do ins­ti­tu­to eran máis pre­ci­sos: 3´1415. E 14 e 15 su­ma­ban 29, o nú­me­ro que da­ba no­me ao ca­ra­llo máis fa­mo­so (Vai ao ca­ra­llo 29 era un­ha ex­pre­sión moi de mo­da) da­que­la épo­ca. Sei que á maio­ría da xen­te lle pa­re­ce­rá máis acaí­do nú­me­ro pi­pí ou nú­me­ro pi­ro­la que nú­me­ro ca­ra­llo, e eu es­tou tan de acor­do que ce­le­bro o meu día de pi (3 ca­ra­llo 29) o 29 de mar­zo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.