Me­di­ta­cións

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - News - XA­BIER L. MAR­QUÉS

Un­ha ca­me­lia. Al­gun­has flo­res caí­das. No chan. Hú­mi­do. Ca­se que to­das en­tei­ras ne­se chan hú­mi­do. É cer­to,

M. A. Mu­ra­do, que os pé­ta­los caen to­dos á vez, pe­ro nes­te te­rreo no­so non re­soan co­ma no Xa­pón, bo­to, se­nón cun son máis le­ne, im­per­cep­tí­bel, mes­mo un son de de­rro­ta si­lan­dei­ra («do­ces ca­me­lios de­rro­ta­dos pa­ra sem­pre», que di­xo Fe­rrín). Non imi­tan­do un des­maio se­nón máis ben do xei­to que re­tor­nan os sol­da­dos tras se­ren ven­ci­dos, cos ollos con­tem­plan­do o po que le­van­tan os pés dos com­pa­ñei­ros... O seu voo, o tem­po que tar­dan en che­gar ao so­lo pa­ra se dei­ta­ren mór­bi­das, lán­gui­das, ese ins­tan­te eterno que per­co­rre to­das as es­ta­cións no sen­ti­do con­tra­rio ás agu­llas do re­lo­xo, sen fa­ce­ren ca­se que nin­gun­ha vi­ra­vol­ta, ao rit­mo que mar­ca o bam­beo dos seus sé­pa­los con­ve­xos e aco­lle­do­res, con so­se­go e dig­ni­da­de. Din que xur­di­ron das pál­pe­bras, das ca­pe­las da­quel que que­da­ra dur­mi­do men­tres me­di­ta­ba e de­ci­diu ampu­talas pa­ra que non lle vol­ve­se oco­rrer. Flo­res de ador­me­ci­da, flo­res de som­no­len­cia, de fan­ta­sía, fíos e fe­bras de li­ño, len­tu­ras... Con­cien­cia. Con­cen­tra­ción.. Man pe­cha­da, ás ve­ces, que aco­lle os xo­gos dos se­res máis di­mi­nu­tos e mes­mo ser­ve de acu­bi­llo pa­ra que se ago­chen os pa­xa­ros pe­que­ni­ños, as ca­rri­zas, ou que xo­guen ás fos­fo­res­cen­cias os ver­mes de luz e que os sus­pi­ros es­va­ren sen se man­car... do­ce­men­te.

FOTO ELI­SA DU­RÁN COR­TE­GO­SO

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.