En­tre­vis­ta al con­ce­jal de Fes­te­xos

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - Portada - A. LO­REN­ZO RE­DAC­CIÓN

«Pre­ten­de­mos dar­lle máis pre­sen­za ás peñas»

Xa son se­te anos os que o con­ce­llei­ro de Fes­te­xos, No­lo Ro­me­ro, le­va á fron­te da or­ga­ni­za­ción das do Ve­rán de Boi­ro, un­has ce­le­bra­cións nas que ca­da ano in­ten­ta su­pe­rar­se, aín­da que sa­be que ca­da vez é mais com­pli­ca­do.

—¿É moi di­fí­cil or­ga­ni­zar un­has festas co­mo es­tas?

—Por sor­te, xa te­mos un­ha or­ga­ni­za­ción bas­tan­te ben for­ma­da, e ta­mén con­to cun téc­ni­co de Cul­tu­ra e Fes­te­xos que me bo­ta un­ha man. En­tre to­dos pen­so que con­se­gui­mos ter un­ha pro­gra­ma­ción moi va­ria­da.

—¿Que cus­ta máis: con­tra­tar ás or­ques­tras, os fo­gos ou con­ten­tar a to­do o mun­do?

—O máis com­pli­ca­do é con­se­guir un­ha pro­gra­ma­ción que gus­te a to­dos os pú­bli­cos, e que é al­go ca­se im­po­si­ble, por­que non se po­de con­ten­tar a to- do o mun­do. Ca­da ano nós in­ten­ta­mos es­coi­tar á xen­te, ver o que nos de­man­da e con­fec­cio­nar un­ha pro­gra­ma­ción o máis va­ria­da po­si­ble, por­que lo­xi­ca­men­te hai xen­te á que lle gus­tan as ver­be­nas, e por iso trae­mos ás me­llo­res or­ques­tras, pe­ro ta­mén hai xen­te que pre­fi­re ou­tro ti­po de música e nos so­li­ci­ta al­ter­na­ti­vas dis­tin­tas. Ta­mén hai ou­tros ve­ci­ños que lles gus­ta o tra­di­cio­nal, e por iso or­ga­ni­za­mos cou­sas pa­ra eles. Fa­ce­mos un­ha pro­gra­ma­ción moi va­ria­da por­que que­re­mos che­gar á maior par­te da xen­te.

—Un­ha vez que re­ma­tan as festas, ¿fai au­to­crí­ti­ca?

—Sem­pre, sem­pre hai que fa­cer au­to­crí­ti­ca. Por sor­te en Boi­ro so­le­mos saír moi con­ten­tos de co­mo es­tán saín­do as festas nes­tes úl­ti­mos anos. Creo que acer­ta­mos en moi­tas de­ci­sións que es­ta­mos to­man­do e que fo­mos va­rian­do ao lon­go dos anos, co- mo foi o te­ma de cam­biar o si­tio pa­ra os fo­gos de ar­ti­fi­cio. Des­de que os le­va­mos pa­ra a praia de Ba­rra­ña foi un éxi­to to­tal, foi un dos me­llo­res acer­tos que ti­ve­mos, ade­mais de in­tro­du­cir a va­rian­te da música acom­pa­ñan­do a se­sión de pi­ro­tec­nia. Son de­ci­sións que es­ta­mos moi con­ten­tos con elas, e es­te ano to­ma­mos ou­tra moi im­por­tan­te, que foi bas­tan­te com­pli­ca­da, pe­ro que pen­so que imos a acer­tar: cam­biar a ce­le­bra­ción do Día das Peñas da pra­za de Ga­li­cia ao par­que de A Ca­cha­da.

—¿Ten es­pe­cial pre­di­lec­ción por al­gun­ha ac­ti­vi­da­de das festas?

—Des­de que ti­ña 7 años fun mú­si­co, pri­mei­ro en Ca­bo de Cruz e lo­go na Ban­da de Música de Boi­ro, e gús­ta­me moi­to es­coi­tar os con­cer­tos que ofre­cen a ban­da nas festas. Ade­mais, aín­da que me en­can­tan ás ver­be­nas, ta­mén te­ño pre­di­lec­ción por eses con­cer­tos al­ter­na­ti­vos, por­que gús­ta­me dar­lle es­pa­zo a ou­tro ti­po de even­tos mu­si­cais. To­dos os anos, un­ha vez que pa­sa o en­troi­do, No­lo Ro­me­ro e o seu equi­po xa se po­ñen mans á obra pa­ra or­ga­ni­zar to­do o pro­gra­ma das Festas de Ve­rán de Boi­ro, que po­de­ría in­cluír im­por­tan­tes no­vi­da­des nas pró­xi­mas edi­cións.

—Un­ha vez que re­ma­tan os fes­te­xos, ¿xa co­me­za a pen­sar nos pró­xi­mos?

—Pri­mei­ro sem­pre fa­ce­mos un ba­lan­ce de co­mo re­sul­ta­ron a festas, por­que sem­pre hai al­go máis que se po­de ir en­ga­din­do. Es­te ano que­re­mos ver co­mo re­sul­ta o te­ma das peñas, por­que ao me­llor ti­ra­mos un pou­qui­ño por aí pa­ra se­guir evo­lu­cio­nan­do ne­se día, por­que se es­tá con­ver­ten­do nun dos máis gran­des das festas. No fu­tu­ro pre­ten­de­mos dar­lle máis pre­sen­za ás peñas, non só ne­se luns, se­nón fa­cer al­go no día pre­vio ou no pos­te­rior, pa­ra que te­ñan un­ha maior re­le­van­cia nas festas.

FO­TO D. G.

Ro­me­ro des­ta­ca a gran va­rie­da­de de ac­ti­vi­da­des do pro­gra­ma.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.