As Peñas en­chen a vi­la de co­lo­ri­do e diversión

As or­ques­tras La Fór­mu­la e New York en­car­ga­ran­se da ver­be­na

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - Programa -

O luns das Festas do Ve­rán de Boi­ro é un­ha xor­na­da moi es­pe­ra­da po­los máis mo­zos do mu­ni­ci­pio, por­que é o día de­di­ca­do ás peñas. Aque­la pri­mei­ra vez na que Os Luns ao Sol se xun­tou pa­ra pa­sa­lo ben, coin­ci­din­do co des­can­so se­ma­nal dun gru­po de ami­gos, con­ver­teu­se no xer­mo­lo dun­ha ac­ti­vi­da­de que foi ga­ñan­do en par­ti­ci­pa­ción a me­di­da que pa­sa­ban os anos, e nesta edi­ción aca­da a súa for­ma­li­za­ción ao cons­ti­tuír­se co­mo aso­cia­ción, o que de­be ser mo­ti­vo de ce­le­bra­ción por­que é un­ha for­ma non só de con­so­li­dar un­ha ini­cia­ti­va que xur­diu es­pon­ta­nea­men­te, se­nón ta­mén de dar­lle ca­pa­ci­da­de xu­rí­di­ca e pe­so le­gal. 10.00 Des­pois dun­ha fin de se­ma­na in­ten­sa, na que abun­da­ron as ac­ti­vi­da­des pa­ra to­das as ida­des, o lan­za­men­to das ha­bi­tuais bom­bas de pa­len­que e as al­bo­ra­das non po­den fal­tar, es­tas úl­ti­mas a car­go do gru­po de gai­tas An­da­vía.

12.00 Na fes­ta ten que ha­ber de to­do pa­ra que nin­guén se sin­ta ex­cluí­do, in­clu­so tem­po pa­ra a re­li­xión, e a des­ta xor­na­da se­rá un­ha mi­sa de­di­ca­da a San­tia­go Após­to­lo.

12.00 Á mes­ma ho­ra, os que pre­fi­ran go­zar con ac­ti­vi­da­des máis pa­gáns, po­den des­fru­tar coa Se­sión Ver­mú, que ani­ma­rán Os da Boi­na e a Cha­ran­ga Me­ká­ni­ka. 12.00 E ta­mén ao me­dio­día, es­tán con­vo­ca­das as peñas no par­que da Ca­cha­da pa­ra desen­vol­ver os xo­gos de cos­tu­me e al­gúns no­vos. Pí­de­se en­ca­re­ci­da­men­te ga­ñas de pa­sa­lo ben de for­ma res­pec­tuo­sa. Des­pois, os pe­ñis­tas irán xan­tar aos es­ta­ble­ce­men­tos de cos­tu­me, an­tes de acu­dir ao Cám­ping de Ba­rra­ña e ao chi­rin­gui­to Es­tre­la do Mar, on­de ha­be­rá festas con disc-joc­keys ata a noi­te.

20.00 Se­gun­da e úl­ti­ma mi­sa de­di­ca­da a San­tia­go Após­to­lo.

22.30 A pra­za de Ga­li­cia con­ver­te­ra­se nun enor­me sa­lón de bai­le pa­ra dar ca­bi­da á ver­be­na na que ac­tua­rán as or­ques­tras La Fór­mu­la e New York.

FO­TO CARMELA QUEIJEIRO

Os ar­tí­fi­ces da aso­cia­ción que agru­pa ás peñas, no par­que da Ca­cha­da

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.