Tou­ri­ñán ha­bla de sus ve­ra­nos en el mu­ni­ci­pio

O ac­tor e hu­mo­ris­ta pa­sou moi­tos ve­ráns no mu­ni­ci­pio bar­ban­cés, ao que re­gre­sa­rá ho­xe pa­ra inau­gu­rar as fes­tas

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - Portada - A. LO­REN­ZO LA VOZ

Xo­sé An­to­nio Tou­ri­ñán xa asu­miu que este ve­rán non te­rá va­ca­cións, por­que está em­bar­ca­do en va­rios pro­xec­tos pro­fe­sio­nais que o man­te­rán ocu­pa­do a tem­po com­ple­to. Sen em­bar­go, qui­xo re­ser­var un oco pa­ra dar, es­ta noi­te, o pis­to­le­ta­zo de saí­da ás fes­tas de ve­rán de Ri­bei­ra, un­ha ci­da­de que non é des­co­ñe­ci­da pa­ra el, xa que aquí pa­sou moi­tas aven­tu­ras du­ran­te a súa ado­les­cen­cia e xu­ven­tu­de.

«A min en­can­tou­me sem­pre Ri­bei­ra, xa des­de moi ra­paz, can­do via­xa­ba co equi­po de ba­lon­mán a xo­gar aquí. Vi­ñe­mos moi­tas ve­ces e, por su­pos­to, sem­pre ga­na­ba­mos nós», apun­tou o hu­mo­ris­ta, que lo­go se con­ver­te­ría nun vi­si­tan­te ha­bi­tual du­ran­te os fes­te­xos dor­nei­ros. «En­tre os 17 e os 20 anos non fa­lla­ba nun­ca, sem­pre vi­ña a par­ti­ci­par na Dor­na», lem­bra.

Sen em­bar­go, a coin­ci­den­cia des­tas fes­tas de fi­nais de xu­llo coas do seu con­ce­llo na­tal, Cu­lle­re­do, fi­xe­ron que ti­ve­ra que dei­xar un pou­co de la­do ao mu­ni­ci­pio bar­ban­cés, aín­da que non o es­que­ceu de to­do. De fei­to, es­ti­vo moi pre­sen­te na xi­ra de re­en­con­tro que a ban­da bar­ban­ce­sa He­re­dei­ros da Crus co­me­zou no ano 2012, e que ti­vo va­rias pa­ra­das nos mu­ni­ci­pios da co­mar­ca.

Pro­xec­tos

Ta­mén re­gre­sa aquí sem­pre que po­de, pe­ro ul­ti­ma­men­te ten en mar­cha tan­tos pro­xec­tos pro­fe­sio­nais que pa­sa me­dia vi­da en co­che dun la­do pa­ra ou­tro. Pre­ci­sa­men­te, es­tes días an­da a ca­ba­lo en­tre Ga­li­cia e Ma­drid, on­de está gra­van­do un­ha se­rie te­le­vi­si­va, «pe­ro ata aquí po­do ler, non te­ño per­mi­so pa­ra dar máis da­tos», con­fe­sa o ar­tis­ta de Cu­lle­re­do, que des­de a súa apa­ri­ción na se­rie Fa­ri­ña non pa­ra de re­ci­bir ofer­tas.

«Era al­go que me ape­te­cía fa­cer, e pa­re­ce que van saín­do cou­sas. Ade­mais des­ta se­rie, te­ño ou­tro pro­xec­to te­le­vi­si­vo ta­mén en mar­cha, e an­do así, to­lean­do un pou­co de aquí pa­ra alá». A pe­sar des­ta no­va fa­ce­ta co­mo ac­tor, Xo­sé An­to­nio Tou­ri­ñán non dei­xa de la­do os seus es­pec­tácu­los de hu­mor, tan­to fa­cen­do mo­nó­lo­gos por dis­tin­tos tea­tros e au­di­to­rios, co­mo par­ti­ci­pan­do no pro­gra­ma Land Ro­ber, que aca­ba de fi­na­li­zar un­ha no­va tem­po­ra­da.

Se­gun­do con­fe­sou, «a ver­da­de é que nos úl­ti­mos anos ti­ven a sor­te de ter moi­to tra­ba­llo, e ago­ra es­tou nun mo­men­to no que in­clu­so po­do eli­xir o que que­ro fa­cer», ex­pli­cou.

Nu­cha e Mu­cha

Tou­ri­ñán ten moi cla­ro que o éxi­to de As Can­ta­rei­ras de Ar­de­bu­llo, máis co­ñe­ci­das co­mo Nu­cha e Mu­cha, foi o que lle abriu as por­tas a to­dos este no­vos pro­xec­tos.

«Dé­bo­lle tan­to a es­tas se­ño­ras», con­fe­sou o hu­mo­ris­ta, que du­ran­te dez anos for­mou pa­re­lla pro­fe­sio­nal con Mar­cos Pe­rei­ro, co que con­ti­núa co­la­bo­ran­do nou­tros pro­xec­tos.

FO­TO D. G.

Tou­ri­ñán gar­da moi bos re­cor­dos das súas vi­si­tas a Ri­bei­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.