En­tre­vis­ta al al­cal­de de Ri­bei­ra

O re­xe­dor se­gue apos­tan­do por­que se­xa o pro­pio Con­ce­llo o que se en­car­gue de or­ga­ni­zar os fes­te­xos an­te o pou­co apoio á co­mi­sión

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - Portada - S. GÓ­MEZ LA VOZ

Apai­xón le­vou a un mo­zo Ma­nuel Ruiz a pre­si­dir a co­mi­sión de fes­tas de Ri­bei­ra. Eran os anos 90 can­do deu o pa­so pa­ra dar­lle un­ha vol­ta á ce­le­bra­ción. 28 anos des­pois afir­ma que pre­ci­san dun­ha no­va mu­da e que o ca­mi­ño máis rá­pi­do pa­ra aca­da­la pa­sa por­que se­xa o Con­ce­llo quen or­ga­ni­ce os fes­te­xos.

—¿Co­mo es­pe­ra as fes­tas?

—Con moi­ta ilu­sión, son un pun­to de en­con­tro dos ri­bei­ren­ses cos seus ve­ci­ños, fa­mi­lias e coa xen­te que nos vi­si­ta. A pe­sar das di­fi­cul­ta­des que ten a co­mi­sión, es­pe­re­mos que se ato­pen á al­tu­ra.

—Pér­den­se as rei­nas da flor.

—Si, Amas de Ca­sa pre­ten­de di­ri­xir os seus ob­xec­ti­vos ca­ra ou­tras pro­pos­tas. É un­ha no­va orien­ta­ción que se com­pen­sa­rá con ou­tras ac­ti­vi­da­des.

—O cer­ta­me das ban­das lo­cais é un­ha de­las.

—É un­ha das no­vi­da­des. Pre­tén­de­se que non ha­xa só un cam­po da fes­ta, se­nón que as ac­ti­vi­da­des se des­cen­tra­li­cen. O con­cur­so de ban­das é un exem­plo, pe­ro hai ou­tras ac­tua­cións que se desen­vol­ve­rán fó­ra da zo­na on­de sem­pre se con­cen­tra­ba to­do.

—Afir­mou que vía ao Con­ce­llo xes­tio­nan­do as fes­tas, ¿co­mo vai ese pro­ce­so?

—Creo que ao fi­nal o Con­ce­llo co­lle­rá as fes­tas, pe­ro non é un pro­ce­so sin­xe­lo, so­bre to­do po­la xes­tión do chan, hai que dar­se máis tem­po. Pe­ro coa pou­ca co­la­bo­ra­ción da ci­da­da­nía coa co­mi­sión, ou se van ter que dei­xar de ce­le­brar as fes­tas ou te­rá que co­lle­las o Con­ce­llo. Ri­bei­ra, in­de­pen­den­te­men­te do es­for­zo dos ve­ci­ños, me­re­ce un­has fes­tas. Pa­ra o ano, ao ha­ber elec­cións, se­rá di­fí­cil o cam­bio, por­que creo que é un­ha de­ci­sión que de­be­ría to­mar o pleno, e a no­va cor­po­ra­ción que en­tre de­be ter as mans li­bres.

—¿Se re­sul­ta re­eli­xi­do, que plans ten?

—Te­mos que dar­lle un xi­ro pa­ra que non se­xan só atrac­cións e a ac­tua­ción mu­si­cal do día, te­ñen que es­tar di­ri­xi­das a tó­do­los sec­to­res da po­boa­ción. Está cla­ro que co apoio que con­ta ago­ra a co­mi­sión é im­po­si­ble.

—Ago­ra son fes­tas pa­ra ne­nos e pa­ra fa­mi­lias.

—Se non che gus­tan os co­chi­ños e bai­lar, pou­co po­des fa­cer. Hai que dar máis op­cións, os ve­ci­ños te­ñen que sen­tir as fes­tas co­mo se fo­ran al­go pro­pio.

O al­cal­de di que este ano o pro­pó­si­to foi des scen­tra­li­zar os lu­ga­res das ce­le­bra­cións

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.