Gran es­trea do pri­mei­ro fes­ti­val de ban­das lo­cais

A gai­tei­ra Cris­ti­na Pa­to e a or­ques­tra Tan­go son ou­tras das ci­tas mu­si­cais

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - Programa -

A fes­ta non de­cae en Ri­bei­ra, que pro­si­gue a súa an­dai­na por un­has ce­le­bra­cións que en­chen a ci­da­de de ani­ma­ción. A xor­na­da está de­di­ca­da á mo­ci­da­de e, por iso, non é ca­sua­li­da­de que fo­ra es­co­lli­do este día pa­ra inau­gu­rar o fes­ti­val de ban­das lo­cais.

Sweet Le­mon Days e Xe­va, que ocu­pa­ron o se­gun­do e o ter­cei­ro posto nun cer­ta­me rea­li­za­do an­tes das ce­le­bra­cións, e no que os ve­ci­ños ti­ve­ron oca­sión de vo­tar, te­rán a opor­tu­ni­da­de de amo­sar o seu re­per­to­rio. Se­rá un mag­ní­fi­co es­ca­pa­ra­te pa­ra un­ha ac­ti­vi­da­de pro­mo­vi­da por la con­ce­lle­ría de Cul­tu­ra.

A mú­si­ca ta­mén che­ga­rá ás rúas de Ri­bei­ra da man da gai­tei­ra Cris­ti­na Pa­to e, por su­pos­to, os aman­tes das ver­be­nas ta­mén te­rán a opor­tu­ni­da­de de bai­lar, nes­te ca­so ao rit­mo da or­ques­tra Tan­go.

09.30 Se­guin­do coa tra­di­ción, 21 bom­bas de pa­len­que anun­cia­rán o co­me­zo da no­va xor­na­da.

11.00 Aos mem­bros do gru­po de gai­tas Xia­da co­rres­pon­de­ra­lles ani­mar as rúas coas dia­nas e al­bo­ra­das, pa­ra que o am­bien­te fes­ti­vo non de­ca­ia na ci­da­de.

12.00 Re­gre­sa o Fes­tiRi­bei­ra, di­ri­xi­do aos ca­ti­vos, que vol­ve ter co­mo cen­tro neu­rál­xi­co a pra­za do Con­ce­llo. Nes­ta oca­sión a pro­pos­ta vén da man do gru­po Amon­to­na­dos por Azar, co es­pec­tácu­lo ti­tu­la­do H2Ol­ga. A com­pa­ñía creou­se no ano 2007 e in­té­gra­na ar­tis­tas cir­cen­ses for­ma­dos en es­co­las de pri­mei­ro ni­vel. Nas súas mon­ta­xes mes­tu­ran o cir­co co tea­tro, ao tem­po que fu­sio­nan ex­pre­sións ar­tís­ti­cas co­mo a dan­za e a mú­si­ca.

20.00 Ca­da vez son máis as per­soas que asis­ten a cur­sos de zum­ba e de body­jump, pa­ra os que xa están iniciados ou son ex­per­tos e pa­ra os que aín­da non aca­ban de de­ci­dir­se, a or­ga­ni­za­ción dos fes­te­xos pre­pa­rou un­ha cla­se aber­ta que co­rre­rá da man de Ca­mi­la Cam­pos e Iria­na Vidal. Mo­ve­men­to non vai fal­tar e se­gu­ro que máis dun aca­ba ani­mán­do­se a pro­bar. A ci­ta é na pra­za do Con­ce­llo.

22.30 A or­ques­tra Tan­go to­ma­rá po­se­sión do pal­co ins­ta­la­do na ave­ni­da do Ma­le­cón pa­ra rea­li­zar a ver­be­na. O se­gun­do pa­se da súa ac­tua­ción está fi­xa­do pa­ra as 01.00 ho­ras.

23.00 In­ter­na­cio­nal­men­te co­ñe­ci­da e cun­ha tra­xec­to­ria mu­si­cal in­dis­cu­ti­ble, Cris­ti­na Pa­to e a súa gai­ta en­che­rán de son a pra­za de España nun­ha ac­tua­ción gra­tuí­ta pa­tro­ci­na­da po­la Re­de Cul­tu­ral da Depu­tación de A Co­ru­ña.

00.00 Os gru­pos que aca­da­ron o se­gun­do e o ter­cei­ro posto no con­cur­so pro­mo­vi­do por Cul­tu­ra te­rán a oca­sión de po­ñer de ma­ni­fes­to os seus tra­ba­llos. Ini­cia­ra­se así o fes­ti­val de ban­das lo­cais, un­ha no­va apos­ta da or­ga­ni­za­ción dos fes­te­xos coa que pre­ten­de dar­se maior pro­ta­go­nis­mo ao mo­ve­men­to mu­si­cal máis pró­xi­mo e no que están im­pli­ca­dos gran nú­me­ro de mo­zos. A ci­ta es­co­lli­da pa­ra que le­ven a ca­bo as súas ac­tua­cións e a pra­za dos Ma­ri­ñei­ros, no ba­rrio de Ban­dou­rrío. Se­gu­ro que con­cen­tran nes­te lu­gar a nu­me­ro­sas per­soas e se­gui­do­res que acu­di­rán pa­ra co­rear as súas in­ter­ven­cións.

FO­TO MAR­COS CREO

As atrac­cións de fei­ra cons­ti­túen ou­tro dos gran­des atrac­ti­vos das ce­le­bra­cións

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.