«Gus­ta­ría­me traer can­tan­tes de gran ni­vel»

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especial2 - - Entrevista -

O al­cal­de con­si­de­ra que o cam­bio é inevi­ta­ble e pon en­ri­ba da me­sa o ca­mi­ño que de­be­rían se­guir as fes­tas lo­cais pa­ra vol­ver a en­gan­char a tó­do­los ve­ci­ños

—¿Ca­les son as ac­ti­vi­da­des po­las que con­si­de­ra que de­be­ría apos­tar­se?

—Eu con­si­de­ro que Ri­bei­ra, xa nos 90, mar­cou ten­den­cia. Re­cor­do que se me­te­ron os xo­gos de In­fan­ti­lan­dia, co­me­zou­se co día dos me­no­res e con ou­tro pa­ra a emi­gra­ción. Creo que des­pois de tan­tos anos iso non mu­dou, non é que non fun­cio­ne, pe­ro eu pen­so que se de­be­ría apos­tar po­las mi­cro­fes­tas, que te­ñan am­bien­tes pro­pios. É in­tere­san­te que un ve­ci­ño poi­da ato­par nun­ha pra­za mú­si­ca de jazz, nou­tra rock ou a un mo­no­lo­guis­ta. As ac­ti­vi­da­des de cul­tu­ra ur­ba­na te­ñen moi­ta saí­da en­tre a xen­te mo­za. Creo que así, ca­da un di­ría «este é o meu día de fes­ta». Por esa vía ten­se que di­ri­xir o ca­mi­ño. —Gus­ta­ría­me traer can­tan­tes de gran ni­vel, o pro­ble­ma é que iso só é po­si­ble pa­gan­do. Por exem­plo, un gru­po co­mo Ma­ná, que can­do ven á Co­ru­ña sáe­lle a ca­da ve­ci­ño por uns 120 eu­ros. Está cla­ro que al­guén co­mo Ale­jan­dro Sanz, por po­ñer un exem­plo, ou ou­tro ar­tis­ta de pri­mei­ro ni­vel, non po­den vir gra­tis. Te­mos que ir cam­bian­do, non po­de ser que á xen­te lle mo­les­te pa­gar can­do o fai nou­tros lu­ga­res.

—Pa­re­ce que esa ta­re­fa non se­rá na­da sin­xe­la.

—Sen­do eu pre­si­den­te da co­mi­sión, hou­bo un ano no que de­ci­di­mos traer un gru­po de pri­mei­ra li­ña. De­ter­mi­na­mos co­brar 100 pe­se­tas e non ti­ve­mos máis de 200 per­soas. Iso que fa­ce­mos nou­tros lu­ga­res, pó­de­se fa­cer aquí e que á xen­te lle cus­te a me­ta­de. Ade­mais das gran­des or­ques­tras ta­mén hai que apos­tar por gran­des mú­si­cos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.