Jo­sé Pé­rez ex­pli­ca a or­ga­ni­za­ción

O edil noiés apos­tou po­la ela­bo­ra­ción dun pro­gra­ma de ac­ti­vi­da­des que per­mi­ta que to­do ti­po de gus­tos es­tean re­pre­sen­ta­dos du­ran­te a ce­le­bra­ción

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada - P. BRETAL LA VOZ

Jo­sé Pé­rez, con­ce­llei­ro de Fes­te­xos noiés, es­ti­vo de­trás da in­xen­te la­bor de pre­pa­ra­ción e de­se­ño das ac­ti­vi­da­des que te­rán lu­gar du­ran­te as fes­tas de San Mar­cos, nas que des­ta­ca un pro­gra­ma ela­bo­ra­do pa­ra to­do ti­po de gus­tos.

—¿Ca­les con­si­de­ra que son os gran­des atrac­ti­vos da ce­le­bra­ción des­te ano?

—Nes­ta oca­sión, o pun­to de­ter­mi­nan­te se­rá a tra­di­ción. Ne­se sen­ti­do, te­mos a fei­ra ca­ba­lar con máis de 200 anos de his­to­ria e na que es­te ano ha­be­rá un­ha no­vi­da­de. De ca­ra ao re­co­ñe­ce­men­to que que­re­mos ob­ter do Ca­mi­ño de San­tia­go, rea­li­za­ra­se un­ha ru­ta ca­ba­lar ata a er­mi­da de San Mar­cos, de on­de se bai­xa­ba tra­di­cio­nal­men­te o gan­do. A no­sa sor­pre­sa foi que en me­nos de 24 ho­ras se es­go­ta­ron as 70 pra­zas.

—¿Ca­les se­rán os gran­des con­cer­tos nes­ta oca­sión?

—Po­ten­cia­mos a mú­si­ca en ga­le­go, a tra­di­cio­nal e o rock, pois qui­xe­mos que to­dos os per­fís de pú­bli­co se vi­sen re­pre­sen­ta­dos. Trá­tan­se dos con­cer­tos de Trei­xa­du­ra e dos de He­re­dei­ros da Crus e de Mo­no­lious DOP. Ade- mais, o do­min­go te­rá lu­gar a fo­lia­da con máis de 200 gai­tei­ros. En ma­te­ria de or­ques­tras te­re­mos á me­llor de Ga­li­cia, a Pa­rís de Noia, que nos fai de es­ca­pa­ra­te en ca­da ac­tua­ción. Que­re­mos con­ver­ter as fes­tas nun­ha in­ver­sión e non nun gas­to. Por ou­tra par­te, es­te ano os di­rec­tos te­rán un ca­rác­ter be­né­fi­co, pois de ca­da en­tra­da des­ti­na­ra­se un eu­ro pa­ra fi­nan­ciar o la­bor de tres aso­cia­cións: Cá­ri­tas, Cruz Ver­me­lla e a Aso­cia­ción Es­pa­ño­la Con­tra o Can­cro (AECC)

—¿Po­de­ría avan­zar al­go da re­crea­ción do fa­mo­so ca­dro de Meu­nier do mer­ca­do?

—Le­va­mos máis dun ano tra­ba­llan­do nes­ta ini­cia­ti­va. A aso­cia­ción et­no­grá­fi­ca Se­te Es­pa­de­las re­cons­truíu os tra­xes des­te ca­dro do 1899. Qui­ta­re­mos un­ha fo­to no mes­mo es­pa­zo e con esa re­pre­sen­ta­ción. Des­pois, no in­te­rior do Co­li­seo Noe­la, rea­li­za­ra­se un­ha pa­sa­re­la pa­ra ex­pli­car co­mo se ves­tía nun mer­ca­do tra­di­cio­nal. No des­fi­le par­ti­ci­pa­rán cer­ca de 30 per­soas, en­tre elas eu. A in­ten­ción é que o ano que vén, tras rea­li­zar cur­sos so­bre es­te ti­po de ves­ti­men­ta e in­cen­ti­var a ca­rac­te­ri­za­ción, se con­ver­ta nun ali­cien­te co­mer­cial pa­ra os vi­si­tan­tes.

FO­TO M. CREO

O con­ce­llei­ro de Fes­te­xos noiés, Jo­sé Pé­rez, no in­te­rior do claus­tro do Con­ce­llo

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.