GA­LI­CIA 2036

TECNOLÓXICOS, CO­NEC­TA­DOS, CON CON­CIEN­CIA SO­CIAL, PE­RO CUN FU­TU­RO CHEO DE INCERTEZA. OS CA­TI­VOS DO 2000 CHEGAN Á MAIO­RÍA DE IDA­DE, PE­RO CO­MO SE­RÁ A SÚA VI­DA CON 18 ANOS MÁIS?

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - PORTADA - TEX­TO GLADYS VÁZ­QUEZ FO­TO VÍTOR MEJUTO

Na­ce­ron can­do to­do ía cam­biar. Os ca­ti­vos do 2000 son, ou es­tán a pi­ques de ser, maio­res de ida­de. Son rá­pi­dos, tecnolóxicos e in­for­ma­dos, pe­ro chegan á ida­de adul­ta coa car­ga que lles dei­xa a cri­se. Ta­mén sen­do me­nos que xe­ra­cións an­te­rio­res. Máis de 100.000 mo­zos e mo­zas ga­le­gos te­ñen en­tre 15 e 19 anos. Son a me­ta­de me­nos que hai un­ha dé­ca­da. Inés, An­drea, Ga­bi, Iván, Edu e Martín, ve­ci­ños de Ar­tei­xo, son os nenos do 2000. Pa­ra eles, un dos re­tos prin­ci­pais da ida­de adul­ta es­tá na for­ma­ción e no tra­ba­llo. «Son pou­cos, o 40 % vi­ven nas se­te ci­da­des máis po­boa­das. Es­tu­dan, es­tán hi­per­co­nec­ta­dos e as súas ex- pec­ta­ti­vas de tran­si­ción á vi­da adul­ta son máis in­cer­tas e pre­ca­rias que as dos seus pais», ex­pli­ca a pro­fe­so­ra de So­cio­lo­xía da UDC Ob­du­lia Ta­boa­de­la. To­dos te­ñen cla­ro o que que­ren fa­cer ago­ra. Ga­bi, de 17 anos, e Edu, de 19, com­par­ten estudos. Es­tu­dan un ci­clo de hos­ta­le­ría. Van pa­ra coc­te­le­ira e ba­ris­ta.

«É un­ha ra­ma con saí­das. Eu que­ro tra­ba­llar pa­ra así se­guir es­tu­dan­do mú­si­ca. Un ám­bi­to no que o fu­tu­ro é moi in­cer­to». A hos­ta­le­ría con­quis­tou a Edu. «Ago­ra bús­ca­se xen­te moi­to máis for­ma­da. Os que sa­be­mos, es­ta­mos va­lo­ra­dos». E que sa­ben que a for­ma­ción con­ti­nua vai ser un dos seus gran­des re­tos. «A apren­di­za- xe nes­te ám­bi­to cam­bian­te é máis ne­ce­sa­ria que nun­ca. Ter un­ha ba­se de for­ma­ción téc­ni­ca e tec­no­ló­xi­ca sem­pre te­rá apli­ca­ción. Den­de as em­pre­sas de­ben em­po­de­rar aos em­pre­ga­dos pa­ra ser os do­nos do seu pro­ce­so de apren­di­za­xe», ex­pli­ca Juan An­to­nio Ros­sell, di­rec­tor de Ta­len­to y Transformación de Eve­ris.

Eles sa­ben ta­mén que ca­da vez se lles esixe máis. Inés, de 18 anos, ato­pou o seu ca­mi­ño fu­sio­nan­do as súas vir­tu­des tec­no­ló­xi­cas e ar­tís­ti­cas. Que­re ser deseña­do­ra grá­fi­ca ou de­di­car­se aos vi­deo­xo­gos. «Co­ñe­cín por Internet a deseña­do­ras im­pre­sio­nan­tes. Te­ñen aí un­ha pla­ta­for­ma pa­ra amo­sar o seu tra­ba­llo. De min va­lo­ra­rán o ser ver­sá­til, crea­ti­va e tra­ba­llar en equi­po».

Gran pre­sión for­ma­ti­va

Un­ha com­bi­na­ción que a to­dos lles pre­sio­na. «Pí­de­se­nos sa­ber de to­do. Eu es­tou es­tu­dan­do un­ha FP de ca­rro­za­ría e en­viei cu­rrícu­los du­ran­te dous anos pa­ra tra­ba­llar a me­dia xor­na­da e na­da», ex­pli­ca Iván, o maior do gru­po. «Non po­de­mos ad­qui­rir a ex­pe­rien- cia que pi­den», con­ta An­drea, de 18 anos, fu­tu­ra edu­ca­do­ra in­fan­til. O mes­mo pen­sa Martín, a uns me­ses dos 18. «A to­dos preocú­pa­nos o tra­ba­llo. Es­tu­do sis­te­mas mi­cro­in­for­má­ti­cos e re­des. Gús­ta­me e apro­vei­tei que ten saí­das». To­dos es­tes mo­zos o mo­zas senten que van en­trar nun­ha com­pe­ten­cia ca­ní­bal. «As em­pre­sas bus­ca­mos ta­len­to e xu­ven­tu­de. A ex­pe­rien­cia xa non se mi­de cun ho­ri­zon­te tem­po­ral. Im­por­ta a di­ver­si­da­de de ro­les, res­pon­sa­bi­li­da­des ou adap­ta­ción a con­tor­nas cam­bian­tes», apun­ta Ros­sell. «O pro­ble­ma des­tes mo­zos non é de ac­ce­so á for­ma­ción, se­nón ás opor­tu­ni­da­des la­bo­rais e de cons­tru­ción da súa vi­da. Es­tán bai­xo o pa-

SENTEN QUE CA­DA VEZ SE LLES ESIXE MÁS FOR­MA­CIÓN E QUE NON PODEN TER EX­PE­RIEN­CIA

NON SE IM­PLI­CAN NA PO­LÍ­TI­CA, PE­RO SI NA IGUAL­DA­DE E NA LI­BRE SEXUALIDADE

rau­gas da fa­mi­lia máis tem­po. Ter un­ha lon­guí­si­ma mo­ci­da­de ten máis in­con­ve­nien­tes que van­ta­xes». To­dos desexan in­de­pen­di­zar­se ce­do. Hai ga­ñas: os in­gre­sos non os ven tan se­gu­ros. Ta­mén cren que 1.000 eu­ros es­ta­rían ben co­ma pri­mei­ro sa­la­rio. «A idea se­ría ir me­llo­ran­do nas em­pre­sas», di Martín, que so­ña con mer­car un­ha ca­sa no cam­po.

A Edu, aín­da que pen­sa en cla­ve ga­le­ga, non lle im­por­ta­ría mar­char fó­ra pa­ra apren­der. Mes­mo que­re ter o seu pro­pio lo­cal de hos­ta­le­ría. «Non me fa­go ilu­sións. O que que­ro é saír da ca­sa en pou­cos anos. Non se po­de vi­vir cos pais a es­tas ida­des», di con só 19 anos. Ga­bi non o ve pre­to. «Os sol­dos e os pi­sos non van ao mes­mo rit­mo, así que pen­so que aca­ba­rei com­par­tin­do vi­ven­da alu­ga­da». Ta­boa­de­la pen­sa que «as cre­den­ciais edu­ca­ti­vas se­guen a ser o me­llor pa­sa­por­te pa­ra o as­cen­so so­cial, pe­ro os pro­ble­mas do mer­ca­do de tra­ba­llo afec­tan mes­mo aos que te­ñen máis cua­li­fi­ca­ción».

E na fa­mi­lia? Pen­san en ter fi­llos con 18 anos máis? An­drea e Iván si. Ela veo «moi lon­xe». El des­cár­tao ata os trin­ta e pico. «Que­ro go­zar da vi­da an­tes». Men­tres, Inés, Edu e Ga­bi de­cán­tan­se po­lo non. A un non lle gus­tan os nenos, ou­tra o veo co­mo un­ha «gran­de res­pon­sa­bi­li­da­de», pe­ro ta­mén co­mo al­go que non poden nin pen­sar a es­tas al­tu­ras.

Pe­ri­go de­mo­grá­fi­co

«Hai que in­ves­tir en po­lí­ti­cas que ase­gu­ren apoio e co­ber­tu­ra ás fa­mi­lias pa­ra a crian­za e aos no­vos pa­ra o seus pro­gre­sos pro­fe­sio­nais e per­soais. O pun­tual non ser­ve. Ga­li­cia é a co­mu­ni­da­de con maior sal­do ve­xe­ta­ti­vo ne­ga­ti­vo», ex­pli­ca o de­mó­gra­fo Car­los Fe­rrás, que fai un­ha pro­xec­ción de fu­tu­ro so­bre as fa­mi­lias. «Imos ca­ra ao en­ve­lle­ce­men­to e as uni­da­des fa­mi­lia­res con me­nos mem­bros e maior ida­de me­dia. Te­re­mos fa­mi­lias in­ter­cul­tu­rais po­los sal­dos mi­gra­to­rios po­si­ti­vos que coin­ci­di­rá coa emi­gra­ción dos ga­le­gos cua­li­fi­ca­dos». Cam­bia­rá en 18 anos po­ñer o tra­ba­llo por dian­te dos fi­llos? «Hai que de­sen­vol­ver po­lí­ti­cas con­tra a po­bre­za e a de­sigual­da­de e crear un mar­co con­tra a pre­ca­rie­da­de», apun­ta Ta­boa­de­la so­bre un­ha xe­ra­ción con ou­tra for­ma de con­su­mir e re­la­cio­nar­se. To­dos ven a te­le­vi­sión á car­ta ou em­pre­gan Internet. «Mer­ca­mos moi­to na rede, o que non ato­pas en ten­das fí­si­cas», di Inés. «Eu son gó­ti­co e hai cou­sas que só hai on-li

ne », apun­ta Edu. «E é o xei­to de com­pa­rar pre­zos», en­ga­de Iván.

Nas re­des ta­mén se in­for­man e se­lec­cio­nan máis que nun­ca. An­drea bus­ca ne­las in­for­ma­ción so­bre a educación in­fan­til, o seu fu­tu­ro. «Ve­xo o que se fai na pro­fe­sión». A Martín gús­tan­lle os me­mes. «Des­pois in­da­go de on­de vén o te­ma». Ga­bi e Inés ato­pa­ron gran­des opor­tu­ni­da­des de co­ñe­cer xen­te. Instagram é a rede das re­des pa­ra eles e cren que as pla­ta­for­mas so­ciais per­vi­vi­rán na súa ma­du­rez. «En Instagram co­ñe­ces a moi­ta xen­te: in­ter­ac­túas, fas en­qui­sas co teu pú­bli­co. Eu sei de pa­re­llas que se co­ñe­ce­ron así», co­men­ta Ga­bi, men­tres Inés apun­ta que hai que ter pre­cau­ción. «Hai moi­to in­ten­to de en­gano na rede». Así ven eles o mun­do, por un­ha pan­ta­lla, aín­da que so­ñan con via­xar can­do te­ñan afo­rros.

Con is­to co­nec­tan, non tan­to coa po­lí­ti­ca. «Sim­pa­ti­zo máis cos no­vos par­ti­dos, pe­ro non me im­pli­co», apun­ta Iván. «Eu sei al­go de po­lí­ti­ca por­que hai que es­tar in­for­ma­do, pe­ro pou­co», di Edu. A An­drea non lle in­tere­sa «na­da», men­tres que Iván ma­ti­za que iso non sig­ni­fi­ca «que a no­sa xe­ra­ción no es­tea in­for­ma­da».

Tan ao día es­tán que non se lles es­ca­pa a ba­ta­lla po­la igual­da­de. Edu pen­sa que a súa xe­ra­ción xa non vai ter que se­guir loi­tan­do, que o ma­chis­mo e a de­sigual­da­de es­tán nos maio­res. An­drea nun­ca sen­tiu a dis­cri­mi­na­ción, pe­ro re­co­ñe­ce que co­ñe­ceu ra­pa­ces máis no­vos ca ela «con men­ta­li­da­de do­mi­nan­te». O mes­mo pen­san da iden­ti­da­de se­xual. «Pa­re­ce que hai que po­ñer eti­que­tas: ho­mes ou mu­lle­res, co­mo sen­tes. Ca­da un que se­xa co­ma quei­ra», sen­ten­cia Inés.

Edu Ca­rro, Martín Lo­ren­zo, Inés Po­se, Iván Caa­ma­ño, An­drea Li­ña­res e Ga­bi Blan­co com­par­ten con La Voz os seus so­ños e in­que­dan­zas an­te a eta­pa que es­tán a pi­ques de co­me­zar. da lo­ca­li­da­de co­ru­ñe­sa de Ar­tei­xo re­pre­sen­tan á xe­ra­ción que vai mar­car o...

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.