FIXO TO­DOS OS CAMIÑOS

JO­SÉ AN­TO­NIO MAR­TÍ­NEZ PERCORREU TO­DAS AS RU­TAS QUE LE­VAN A SAN­TIA­GO E PRE­VÉ VOL­VER AO CA­MI­ÑO NO 2021. « QUE­RO RE­PE­TIR DES­DE FE­RROL, PA­RA DISFRUTALO SÓ!»

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - PORTADA - TEX­TO: ANA ABELENDA

«AS ME­LLO­RES VIS­TAS ES­TÁN NA CUR­VA AN­TES DE FIS­TE­RRA»

Cun­has boas bo­tas e un­ha mo­chi­la pe­que­na, pa­ra car­gar o xus­to, ti­rou mi­llas (máis de 5.000 qui­ló­me­tros) o galego que percorreu to­dos os camiños do Ca­mi­ño de San­tia­go. Jo­sé An­to­nio Mar­tí­nez (Noia, 1950) non ten de­dos das mans pa­ra con­tar as ru­tas coas que ga­ñou o ceo tras che­gar ao se­pul­cro do Após­to­lo. Al­gúns Camiños fí­xoos máis dun­ha vez. «Os prin­ci­pais son cin­co, pe­ro ago­ra hai un­ha chea. Fi­xen o Ca­mi­ño do Nor­te, o Pri­mi­ti­vo dúas ve­ces, des­pois o Ca­mi­ño Fran­cés ou­tras dúas ve­ces, o In­glés des­de A Co­ru­ña tres, o In­glés des­de Fe­rrol un­ha vez, o Por­tu­gués des­de Tui ou­tra, e a Vía da Pra­ta des­de Mé­ri­da», re­la­ta. E pa­re­ce que, só de oír­lle, que­da un sen fol­gos.

A pri­mei­ra vez que se bo­tou ao Ca­mi­ño foi no 93, ano san­to, «des­de Sa­rria, pa­ra ga­ñar a Com­pos­te­la», e ao ano se­guin­te lan­zou­se ao Ca­mi­ño Fran­cés. Jo­sé An­to­nio cal­zou as bo­tas pa­ra pe­re­gri­nar xun­to a un gru­po da igre­xa co­ru­ñe­sa de San Jor­ge, con­ta, on­de ca­sou e bau­ti­zou ao seu fi­llo maior. «De­ca­tei­me de que ían fa­cer o Ca­mi­ño de San­tia­go e apun­tei­me», di. Por pro­bar. «Non pen­sa­ba eu se­guir...». Sor­pren­deu­se.

O de­but pe­re­grino do noiés que no seu día al­can­zou o tí­tu­lo de au­tor do encrucillado máis gran­de do mun­do (93.000 ca­dros, 35.000 de­fi­ni­cións) xur­diu en equi­po, pe­ro o res­to das ex­pe­rien­cias fo­ron en so­li­ta­rio. «Ex­cep­to can­do fi­xen o Ca­mi­ño In­glés des­de Fe­rrol e o Pri­mi­ti­vo des­de Oviedo, en que fun acom­pa­ña­do... É máis in­tere­san­te ir só. Co­ñe­ces a máis xen­te e non hai obri­ga­cións. Eu uti­li­cei o Ca­mi­ño pa­ra ato­par a xen­te que fa­la­se in­glés. Du­ran­te os días que es­ta­bas con esa xen­te, se que­rías man­ter un­ha con­ver­sa­ción non che que­da­ba máis re­me­dio que fa­lar in­glés. E ato­pei no Ca­mi­ño per- soas que da­ban un­has lec­cións de ar­te... e eu pen­sa­ba: ‘Pe­ro se eu só lles po­do fa­lar do que son as sar­di­ñas’», lem­bra. Ten 25 anos aos pés Postos a es­trear­se pe­re­gri­nan­do, Jo­sé An­to­nio re­co­men­da co­me­zar po­lo Ca­mi­ño Fran­cés. «Os po­bos es­tán si­tua­dos moi ben pa­ra ca­mi­ñar 15, 20 ou 25 qui­ló­me­tros, e hai moi­tos al­ber­gues en ru­ta. Na Vía da Pra­ta, por exem­plo, hai os mes­mos po­bos pe­ro non al­ber­gues, ou po­lo me­nos non os ha­bía can­do fun eu... Na Vía da Pra­ta ca­mi­ñei 55 qui­ló­me­tros se­gui­dos nun par de días por­que non ha­bía na­da, e le­van­do en­ci­ma co- mi­da, cea e al­mor­zo. Cam­bia­ron as cou­sas. Ago­ra saes de Fe­rrol e tes cin­co ou seis al­ber­gues; an­tes só ti­ñas un par ata que che­ga­bas a Bru­ma», re­la­ta, e ad­vir­te que o Ca­mi­ño foi­se co pa­so do tem­po «me­ten­do máis na ci­vi­li­za­ción». Per­deu con iso par­te do seu en­can­to? «Non ten na­da que ver ago­ra con co­mo es­ta­ba hai 25 anos», afir­ma sen xuí­zos pre­ci­pi­ta­dos de va­lor. «Da pri­mei­ra á se­gun­da vez que eu fi­xen o Ca­mi­ño Fran­cés hou­bo moi­ta di­fe­ren­za. A pri­mei­ra vez, en que fi­xen o Ca­mi­ño des­de Sa­rria, ao che­gar á Co­ru­ña, na mi­sa do Pe­re­grino di­xe­ron os no­sos no­mes. A se­gun­da vez cla­si­fi­cá­ron­nos por provincias: ‘Ve­ñen tan­tos de Co­ru­ña, tan­tos de...’. A ter­cei­ra vez por na­cio­na­li­da­des e ago­ra xa non sei co­mo o din!».

Que pun­to do Ca­mi­ño lle im­pre­sio­nou máis? «Su­bir a O Ce­brei­ro e ver a in­men­si­da­de des­de o al­to, cin­cuen­ta ou se­sen­ta qui­ló­me­tros de ho­ri­zon­te, é im­pre­sio­nan­te. Pe­ro hai ou­tro si­tio que a min me que­dou gra­va­do, e é a ru­ta a Fis­te­rra. Co­ñe­ces aque­la cur­va que hai an­tes de che­gar a Fis­te­rra, on­de hai un mi­ra­doi­ro? Pa­ra min, é un­ha das vis­tas máis bo­ni­tas do Ca­mi­ño». El non bo­tou na­da en fal­ta en 25 anos de pe­re­gri­na­ción. «Tes a sen­sa­ción de es­tar a fa­cer o que che gus­ta. E es­tás ben. Ago­ra bo­to de me­nos o Ca­mi­ño; den­tro dun par de anos te­ño pre­vis­to re­pe­tir o de Fe­rrol... por­que co­mo fun acom­pa­ña­do que­ro disfrutalo só! (ri). Eu ato­pei xen­te ex­tra­or­di­na­ria — va­lo­ra—. En Tria­cas­te­la ti­ven un­ha das ex­pe­rien­cias máis bo­ni­tas que re­cor­do. Ao ter­mi­nar a mi­sa, que­dei na igre­xa; ha­bía dúas mo­zas es­tran­xei­ras, gua­pí­si­mas. Un­ha can­tou un­ha ave­ma­ría que era pa­ra te­lo gra­va­do. Era­mos ca­tro pe­la­ga­tos pe­re­gri­nos, pe­ro a xen­te que saí­ra de mi­sa vol­veu en­trar. Im­pre­sio­nan­te. Vi­vir un mo­men­to co­mo ese pa­ga to­dos os su­fri­men­tos do Ca­mi­ño».

FO­TO MAR­COS MÍGUEZ

Jo­sé An­to­nio fixo o Ca­mi­ño por pri­mei­ra vez no 93, le­va ás cos­tas 5.000 qui­ló­me­tros e en­tre as súas metas es­tá ga­ñar de no­vo a Com­pos­te­la o pró­xi­mo ano san­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.