Frei­re de­ta­lla los por­me­no­res de las fies­tas

O exe­cu­ti­vo noiés pon to­da a car­ne no asa­dor pa­ra re­edi­tar o éxi­to das edi­cións pre­ce­den­tes

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada - M. GÓ­MEZ

Son as ter­cei­ras festas de San­tia­go Frei­re co­mo al­cal­de de Noia e ví­veas coa mes­ma in­ten­si­da­de que as dúas an­te­rio­res. As súas obri­gas man­te­rano ocu­pa­do es­tes días, pe­ro dá to­do por ben fei­to se a am­pla pro­gra­ma­ción pre­vis­ta lo­gra o ob­xec­ti­vo bus­ca­do.

—¿Que agar­da o al­cal­de des­te San Bar­to­lo­meu?

—É un pro­gra­ma moi va­ria­do, pa­ra to­dos os pú­bli­cos e con ac­ti­vi­da­des re­par­ti­das por dis­tin­tos pun­tos da vi­la pa­ra que to­dos os es­ta­ble­ce­men­tos hos­ta­lei­ros e co­mer­ciais se ve­xan be­ne­fi­cia­dos po­lo di­na­mis­mo que xe­ran as festas. O Con­ce­llo fai un es­for­zo eco­nó­mi­co im­por­tan­te pa­ra lo­grar que as ce­le­bra­cións te­ñan re­per­cu­sión. —¿Cus­ta moi­to sa­car adian- te un­has ce­le­bra­cións co­ma es­tas?

—Is­to é po­si­ble gra­zas ao tra­ba­llo en equi­po, é un la­bor con­xun­to de to­do o go­berno, non é pa­tri­mo­nio dun gru­po po­lí­ti­co con­cre­to. To­dos fi­xe­mos un­ha apos­ta de­ci­di­da po­las festas, in­de­pen­den­te­men­te de quen se­xa o con­ce­llei­ro res­pon­sa­ble, por­que de non ser así di­fi­cil­men­te se po­de­rían fa­cer uns fes­te­xos des­tas ca­rac­te­rís­ti­cas. Noia ne­ce­si­ta un­ha apos­ta de­ci­di­da po­las ce­le­bra­cións co áni­mo de di­na­mi­zar a eco­no­mía lo­cal.

—Se­guen apos­tan­do por un mo­de­lo de fes­ta si­mi­lar ao dos úl­ti­mos anos, ¿fun­cio­na ben a fór­mu­la?

—Nes­tes tres anos pa­sa­ron por aquí gru­pos de má­xi­ma ac­tua­li­da­de e re­le­van­cia e con­se­guiu­se un éxi­to tras ou­tro en to­dos os con­cer­tos pro­gra­ma­dos que es­pe­ra­mos que es­te se re­pi­ta.

—¿Per­ci­ben ese éxi­to hos­ta­lei­ros e co­mer­cian­tes, que son os be­ne­fi­cia­rios máis di­rec­tos?

—Po­lo que nos din, entendemos que si. Sem­pre se ten en con­ta a súa opi­nión e en vis­ta dos co- men­ta­rios por anos an­te­rio­res, nos que in­clu­so vi­ron su­pe­ra­das as súas pre­vi­sións de fac­tu­ra­ción nas festas, cre­mos que a apos­ta que fa­ce­mos é a acer­ta­da. E di­so é do que se tra­ta, de or­ga­ni­zar un­has ce­le­bra­cións pa­ra que os ve­ci­ños go­cen de­las, pe­ro ta­mén pa­ra con­se­guir que te­ñan un­ha re­per­cu­sión e un im­pac­to eco­nó­mi­co na vi­la.

—¿Es­tá Noia pre­pa­ra­da pa­ra a afluen­cia de pú­bli­co que se es­pe­ra es­tes días?

—Agar­da­mos que si. O dis­po­si­ti­vo de se­gu­ri­da­de vai­se ver re­for­za­do, e a maio­res acon­di­cio­nou­se un­ha ex­pla­na­da de­trás do cam­po de fút­bol de San Lázaro pa­ra ha­bi­li­tar pra­zas de apar­ca­men­to. Ta­mén na zo­na da Chaín­za se des­bro­zou pa­ra que poi­da fa­cer­se uso de­sa su­per­fi­cie co­mo es­ta­cio­na­men­to di­sua­so­rio. Os con­cer­tos pro­gra­ma­dos na Ala­me­da cre­mos que te­ñen un ti­rón im­por­tan­te e que son un re­cla­mo xa non só a ni­vel co­mar­cal, se­nón ta­mén pa­ra per­soas pro­ce­den­tes da área de San­tia­go e ou­tras zo­nas pró­xi­mas a Noia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.