O pre­goei­ro Ai­ri­ños cum­pre 85 anos

A agru­pa­ción ofre­ce­rá aos ve­ci­ños un­ha re­pre­sen­ta­ción tea­tral iné­di­ta

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada - S. G.

Xa pa­sa­ron 85 anos den­de que o Gru­po de Tea­tro Ari­ños na­ceu no cen­tro ga­le­guis­ta de Asa­dos. Cun­ha tra­xec­to­ria im­pe­ca­ble que che­ga á ac­tua­li­da­de, os seus ar­tis­tas con­ver­ti­ran­se ma­ñá, ás 14.00 ho­ras na pra­za Cas­te­lao, nos pre­goei­ros das Fes­tas da Gua­da­lu­pe. Fa­rano co­mo me­llor sa­ben, cun­ha re­pre­sen­ta­ción iné­di­ta que es­pe­ra sa­car os so­rri­sos a tó­do­los ve­ci­ños da vi­la.

«É un or­gu­llo que pen­sa­ran en nós. To­ma­mos a no­ti­cia con moi­ta ale­gría. É un­ha hon­ra», con­fe­sou a di­rec­to­ra de Ai­ri­ños, Esther Ca­rro­de­guas. O seu ob­xec­ti­vo, e o de tó­do­los ac­to­res, é o de sor­pren­der aos pre­sen­tes: «Fa­re­mos un­ha pe­que­na pe­za, al­go sin­xe­lo. Xun­ta­re­mos mú­si- ca e tea­tro, pe­ro non que­re­mos adian­tar na­da máis, non po­de­mos qui­tar­lle a ma­xia», afir­mou en­tre ri­sas a rian­xei­ra.

Es­ta opor­tu­ni­da­de ché­ga­lles no me­llor mo­men­to, xa que es­tán pre­pa­ran­do un­ha ga­la po­lo 85 ani­ver­sa­rio. «Se­rá un­ha pro­du­ción gran­de, que­re­mos des­can­sar un pou­co da xi­ra. Se­rá un­ha ma­nei­ra di­fe­ren­te de acer­car­nos ao pú­bli­co e de cum­prir cer­tas dé­be­das que ti­ña­mos con nós mes­mos», de­fen­de Ca­rro­de­guas, que des­ta­ca que se apro­vei­ta­rá es­ta efe­mé­ri­de pa­ra pes­cu­dar na his­to­ria da aso­cia­ción, xa que ta­mén se mos­tra­rán as fo­tos máis an­ti­gas da com­pa­ñía.

« Se­gui­re­mos coa xi­ra de Romeo e Xu­lie­ta. Te­mos que vol­ver a Por­tu­gal e fál­ta­nos un­ha ac­tua­ción na Se­rra de Ou­tes, pe- ro es­te ano que­re­mos cen­trar­nos máis na ga­la», con­fe­sa a di­rec­to­ra, que apun­ta que am­bas pe­zas, tan­to a gran pro­du­ción co­mo o pre­gón, es­tán li­ga­das: «Obrí­ga­nos a tra­ba­llar un pou­co máis, pe­ro non hai pro­ble­ma. Es­ta­mos a to­do».

A pro­pos­ta de Ai­ri­ños gus­tou á or­ga­ni­za­ción da Gua­da­lu­pe, que que­ría po­ñer en va­lor a fe­cun­do la­bor da agru­pa­ción. «O pre­gón per­mi­tía­nos xo­gar coa mes­ma es­té­ti­ca que se uti- li­za­rá na ga­la Apro­vei­ta­re­mos os re­xis­tros e ves­tia­rios. Ire­mos moi ben ves­ti­dos, co­mo non podía ser dou­tra ma­nei­ra nun día de fes­ta», afir­mou en­tre ri­sos.

Sen máis de de­ta­lles que dar por non rom­per a ma­xia do mo­men­to, Ca­rro­de­guas in­ci­de en que os seus ar­tis­tas afec­cio­na­dos dé­rono to­do nos en­saios pa­ra que to­do saia ben. Fi­xé­rono por un mo­ti­vo, eles ta­mén que­ren que es­te Gua­da­lu­pe se­xa a me­llor de to­das.

FO­TO MAR­COS CREO

Os ar­tis­tas le­van se­ma­nas en­saian­do pa­ra ofre­cer un au­tén­ti­co es­pec­tácu­lo aos ve­ci­ños

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.