Adol­fo Muí­ños des­ta­ca o pa­pel da co­mi­sión

O man­da­ta­rio si­na­lou á im­pli­ca­ción da ve­ci­ñan­za e a apos­ta por re­for­zar o pe­so mu­si­cal co­mo cla­ves de que es­ta ce­le­bra­ción me­dre ca­da edi­ción

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada - A. PA­RA­DA

Adol­fo Muí­ños vi­ve ca­da Gua­da­lu­pe coa res­pon­sa­bi­li­da­de que com­pe­te a un re­xe­dor, pe­ro ta­mén co­mo un ve­ci­ño que non po­de fal­tar a un­ha ci­ta da que si­na­la co­mo cla­ves a im­pli­ca­ción ve­ci­ñal e a evo­lu­ción do con­ti­do mu­si­cal

—¿Cal é o se­gre­do do éxi­to po­pu­lar des­ta fes­ta?

— O mé­ri­to prin­ci­pal é o de que foi sem­pre un­ha co­mi­sión de per­soas de Rianxo quen le­vou o te­món da fes­ta. Iso, a par­ti­ci­pa­ción po­pu­lar no seu deseño, fi­xo que bus­ca­ran che­gar a to­dos os pú­bli­cos cun­ha ofer­ta plu­ral e va­ria­da. Se a is­to su­mas que a xen­te de Rianxo ten un gran­de es­pí­ri­to fes­ti­vo a mes­tu­ra es­tá ga­ran­ti­da e hai un­has fes­tas deseña­das á me­di­da. Nes­tes in­tres son mi­llei­ros de per­soas as que se ache­gan po­lo con­ce­llo en momentos ma­si­vos co­mo a pro­ce­sión ma­rí­ti­ma, o Fei­rón Ma­ri­ñei­ro, a noite da Rian­xei­ra e das ben­ga­las... Non se po­de pe­dir máis! Te­mos un cam­po da fes­ta que é un­ha pis­ta de bai­le ca­da noi­tes e mes­mo á ho­ra dos ver­mús, al­go non moi ha­bi­tual, o vi­vir a fes­ta ma­ñá, tar­de e noite. —¿Ha­be­rá no­vi­da­des no apar­ta­do mu­si­cal da Gua­da­lu­pe? — Un­ha das no­vi­da­des é a bus­ca de con­cer­tos que su­men á ofer­ta das or­ques­tras. É o ca­so da pri­mei­ra xor­na­da na que hai un­ha pro­pos­ta mu­si­cal di­fe­ren­te. En Rianxo a xen­te que­re mú­si­ca pa­ra bai­lar e así se ve des­de o pri­mei­ro ao úl­ti­mo pa­se das or­ques­tras. Mais ta­mén que­re bus­car ou­tras ac­tua­cións que dean al­ter­na­ti­vas. Es­te ano ta­mén ve­re­mos un­ha apos­ta po­las fa­mi­lias con ac­tua­cións idea­das pa­ra vi­vi­las en con­xun­to: pais nais e crian­zas.

—Ade­mais da co­mi­sión de fes- tas, ¿co­mo va­lo­ra o pe­so da mo­ci­da­de en xor­na­das co­mo o Fei­rón ou as Jua­da­lu­pe­ñas? —A mo­ci­da­de de Rianxo vi­ve es­tas fes­tas, tan­to nos es­pa­zos pro­pios de­la, co­mo a xor­na­da das pe­ñas e o chu­pi­ta­so, así co­mo par­ti­ci­pan­do ac­ti­va­men­te en to­dos os eventos pro­gra­ma­dos. Sen es­ta im­pli­ca­ción e vi­ven­cia das fes­tas o mo­de­lo se­ría ou­tro. A co­mi­sión ten moi­to mé­ri­to. Pa­tear­se o con­ce­llo bus­can­do os re­cur­sos ca­sa a ca­sa, co­mer­cio a co­mer­cio... É in­crí­bel a xe­ne­ro­si­da­de des­tas per­soas to­tal­men­te vo­lun­ta­ria nes­tas ta­re­fas.

Adol­fo Muí­ños, an­te a ca­pe­la da Virxe da Gua­da­lu­pe, on­de se ato­pa a Mo­re­ni­ña

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.