Os con­se­llos do Xi­xí sem­pre son ben re­ci­bi­dos

Ra­món Igle­sias, Xi­xí Pre­si­den­te da co­mi­sión

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada - A. PA­RA­DA

Ra­món Igle­sias, po­pu­lar­men­te co­ñe­ci­do co­mo Xi­xí, le­va pre­to de tres dé­ca­das ao car­go dun­ha en­tre­ga­da co­mi­sión de fes­tas que des­ta­ca po­la súa an­te­la­ción á ho­ra de pre­pa­rar ca­da edi­ción da Gua­da­lu­pe.

—Te­ñen fa­ma de adian­tar­se nos pre­pa­ra­ti­vos, ¿co­mo tra­ba­lla­ron pa­ra es­ta oca­sión?

—Sem­pre nos mar­ca­mos un mes de pra­zo, den­de que aca­ba a an­te­rior fes­ta, pa­ra co­me­zar a tra­ba­llar. As or­ques­tras é me­llor con­tra­ta­las can­to an­tes, men­tres que as ban­das de mú­si­ca dei­xá­mo­lo pa­ra máis adian­te. As cam­pa­ñas de re­co­lli­da de fon­dos sem­pre se fan un par de me­ses an­tes e es­te ano vai po­la mes­ma can­ti­da­de que o an­te­rior. O po­bo qué­re­lle á Gua­da­lu­pe.

—¿Co­mo se vi­vi­ron os días pre­vios á ce­le­bra­ción?

—So­mos bas­tan­tes na co­mi­sión pe­ro os úl­ti­mos días que­dei com­ple­ta­men­te es­go­ta­do. Por ou­tra ban­da, es­ti­ve­ron che­gan­do moi­tas per­soas á ca­pe­la. Ve­ñen de to­do o mun­do a ver á virxe, so­bre to­do de Mé­xi­co. Ta­mén ti­ve­mos vi­si­tas do País Vasco e Se­vi­lla.

—¿Vol­veu a pe­dir­lle á Virxe pa­ra que o tem­po acom­pa­ñe?

—Es­coi­tei que ha­be­ría bo tem­po, qui­zais al­gun­has go­tei­ras. Eu res­pec­to as ideas de to­do o mun­do, pe­ro ca­da día lém­bro­me da ce­le­bra­ción e ré­zo­lle á Gua­da­lu­pe que te­ño nun ca­dro en­ri­ba da mi­ña ca­ma. Que­ro que to­dos poi­dan pa­sa­lo ben, rian­xei­ros e fo­ras­tei­ros.

—¿Ha­be­rá al­gun­ha no­vi­da­de que des­ta­car?

—Ho­xe te­mos a fes­ta da mú­si­ca dos anos 80, que or­ga­ni­zou o vi­ce­pre­si­den­te moi ben. Ade­mais, des­pois do chu­pi­ta­so ha­be­rá un dis­yó­quei pa­ra a mo­ci­da­de, pois ta­mén te­mos que mi­rar po­los ra­pa­ces.

—¿Co­mo va­lo­ra o pro­gra­ma?

—Nós te­mos moi cla­ro que se tra­ta dun pro­gra­ma com­ple­to, pe­ro pa­ra iso foi ne­ce­sa­ria a co­la­bo­ra­ción, pri­mei­ro do po­bo, lo­go do Con­ce­llo de Rianxo e de or­ga­nis­mos co­mo a Depu­tación da Coruña.

—¿Cal é o mo­men­to que agar­da con máis pai­xón?

—A fes­ta en xe­ral é in­cri­ble, pe­ro pa­ra min o me­llor é o do­min­go, can­do sae a ima­xe po­lo mar. Gus­ta­ría­me pe­dir­lle aos bar­cos gran­des que res­pec­ta­sen a pri­mei­ra li­ña do que le­va á Gua­da­lu­pe dian­te e ás em­bar­ca­cións pe­que­nas que non na­ve­guen tan rá­pi­do en­tre as gran­des.

FO­TO M. CREO

Ra­món Igle­sias, Xi­xí, ao ca­rón da ca­pe­la da Gua­da­lu­pe.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.