«Son mi­llei­ros de via­xei­ros os que ve­ñen a go­zar»

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Entrevista -

O re­xe­dor rian­xei­ro ta­mén des­ta­cou o im­por­tan­te des­pre­gue en ma­te­ria de se­gu­ri­da­de e de ser­vi­zos que dan un pu­lo de ca­li­da­de á Gua­da­lu­pe. —¿Au­men­ta­ra­se o dis­po­si­ti­vo de se­gu­ri­da­de?

—O apar­ta­do de se­gu­ri­da­de é moi im­por­tan­te. Sem­pre se bus­ca ga­ran­tir que a xen­te se sin­ta arrou­pa­da coa pre­sen­za de ser­vi­zos de se­gu­ri­da­de, sa­ni­ta­rios e de Pro­tec­ción Ci­vil. Hai re­for­zos de po­li­cías mu­ni­ci­pais de di­fe­ren­tes con­ce­llos que se su­man á no­sa que es­tá dis­po­ñí­bel du­ran­te to­da a ce­le­bra­ción nas rúas. Con­ta­mos cun pe­queno hos­pi­tal de cam­pa­ña no Cuar­tel Ve­llo aten­di­do por per­soal sa­ni­ta­rio e am­bu­lan­cias. Me­llo­rou­se ta­mén coa pre­sen­za dun trái­ler de sa­ni­ta­rios aten­di­do e lim­po du­ran­te as ho­ras das ver­be­nas, que se si­tua­rá no pa­seo da Ri­bei­ra. —¿Cal é o im­pac­to eco­nó­mi­co des­ta ce­le­bra­ción? —Sem­pre é di­fí­cil es­ti­mar es­ta ci­fra, pois son mi­llei­ros de via- xei­ros os que ve­ñen go­zar aquí da fes­ta e com­par­ti­la con­nos­co. Nas fes­tas da Gua­da­lu­pe mul­ti­plí­ca­se a po­boa­ción, que se su­ma ao au­men­to tu­rís­ti­co re­xis­tra­do nos dous úl­ti­mos ve­ráns. Is­to fai que se con­tra­te xen­te pa­ra os ne­go­cios de hos­ta­le­ría, que xe­ran em­pre­go de ma­nei­ra pun­tual. O que se va­lo­ra máis é que da­mos un­ha moi boa ima­xe e vi­ven­cia de Rianxo, que fai que os fo­ras­tei­ros mar­chen con bo sa­bor de bo­ca e vol­van con máis tem­po a com­par­tir o moi­to que ofre­ce es­te con­ce­llo: pa­tri­mo­nio, pai­sa­xe, mar ou cul­tu­ra. —¿Ha­be­rá pra­zas de apar­ca­men­to ha­bi­li­ta­das? —To­dos os anos hai mi­llei­ros de pra­zas ha­bi­li­ta­das pa­ra re­ci­bir aos vi­si­tan­tes sen ne­ce­si­da­de de co­lap­sar o cen­tro, con apar­ca­doi­ros di­sua­so­rios a es­ca­sos mi­nu­tos a pé do cam­po da fes­ta. Na zo­na por­tua­ria sem­pre hai cen­tos de pra­zas, con no­vas par­ce­las pró­xi­mas ha­bi­li­ta­das e si­na­li­za­das.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.