As Jua­da­lu­pe­ñas bo­tan o res­to

Os rian­xei­ros xó­gan­se o ti­po nas com­pe­ti­cións máis dispu­tadas do ano

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Entrevista - MAR­TA GÓ­MEZ

As ce­le­bra­cións da Gua­da­lu­pe son tem­po de re­en­con­tros e de ale­gría xe­ra­li­za­da, pe­ro ta­mén dun­ha ri­va­li­da­de acé­rri­ma, da que ca­da luns das fes­tas fan ga­la as Jua­da­lu­pe­ñas. Nin a li­ga de fút­bol, nin o tro­feo do Con­ce­llo nin a Co­pa do Sar, a com­pe­ti­ción máis dispu­tada do ano en Rianxo é a que se li­bra ca­da mes de se­tem­bro na pra­za Cas­te­lao an­te a mi­ra­da de du­cias de per­soas que se aco­mo­dan no Cam­po de Arri­ba pa­ra se­guir den­de o al­to —e sen ris­co de mo­llar­se ou ser atro­pe­la­dos por un co­lec­tor do li­xo— as pe­ri­pe­cias dos en­tre­ga­dos mem­bros das pe­ñas, que o dan to­do con tal de fi­gu­rar no pal­ma­rés dos xo­gos.

De­trás da or­ga­ni­za­ción das ac­ti­vi­da­des do luns es­tá a sec­ción máis no­va da co­mi­sión de fes­tas, un tra­ba­llo du­ro que se pro­lon­ga du­ran­te to­do o ano e que se ve re­com­pen­sa­do co in- te­re­se que os in­te­gran­tes das Jua­da­lu­pe­ñas po­ñen en ga­ñar. A máis ri­va­li­da­de, máis es­pec­tácu­lo, e pro­bas tan dis­pa­ra­ta­das co­mo a com­pe­ti­ción de re­ci­pien­tes pa­ra o li­xo ou os re­le­vos de ca­rrei­ras de sa­cos ga­ran­ten as gar­ga­lla­das dos que se­guen o desen­vol­ve­men­to dos xo­gos den­de a gra­da e ani­man aos atre­vi­dos par­ti­ci­pan­tes.

As Jua­da­lu­pe­ñas dano to­do, non só nos xo­gos, ta­mén na con­co­rri­da se­sión ver­mú que pon o co­lo­fón á xor­na­da ma­tu­ti­na e nun­ha ro­ma­ría que pou­cos cor­pos es­tán pre­pa­ra­dos pa­ra aguan­tar.

A ma­rea mul­ti­co­lor que for­man os dis­tin­tos gru­pos de ra­pa­ces in­va­de li­te­ral­men­te o es­pa­zo da Mar­te­la pa­ra go­zar ata que o cor­po aguan­te da mú­si­ca e da fes­ta ra­cha­da.

FO­TO MAR­COS CREO

As pro­bas das pe­ñas reúnen a du­cias de es­pec­ta­do­res

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.