O día con máis sa­bor rian­xei­ro ta­mén con­quis­ta aos de fó­ra

O cas­co ve­llo da vi­la en­che­ra­se un ano máis de postos de ar­te­sa­nía e do bal­bor­do da mú­si­ca e os ve­ci­ños

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Entrevista - MAR­TA GÓ­MEZ

As fes­tas da Gua­da­lu­pe de Rianxo son moi lon­gas e in­clúen ac­ti­vi­da­des de to­do ti­po e pa­ra to­dos os pú­bli­cos, pe­ro se hou­be­ra que es­co­ller un só día dos oi­to que con­for­man o pro­gra­ma, po­si­ble­men­te moi­tos si­na­la­rían o xo­ves co­ma o máis rian­xei­ro de to­dos. O Fei­rón Ma­ri­ñei­ro é xa un­ha tra­di­ción fir­me­men­te con­so­li­da­da, un­ha via­xe ao pa­sa­do que ca­da ano atrae, ta­mén, a máis xen­te de fó­ra.

Co­mo di­ría o Xi­xí, ca­be­za vi­si­ble das ce­le­bra­cións, os fo­ras­tei­ros son sem­pre ben­vi­dos, e moi­tos es­tán co­me­zan­do a co­ller­lle o gus­to a un­ha xor­na­da na que o da volta ao pa­sa­do é moi­to máis ca un­ha me­tá­fo­ra ou un­ha fra­se fei­ta. Efec­ti­va­men­te, Rianxo via­xa no tem­po, a un­ha épo­ca na que o vi­ño se be­bía en cun­cas, na que se can­ta­ba po­la rúa, na que as por­tas das ca­sas es­ta­ban aber­tas de par en par, na que as re­des se es­ti­ra­ban no pei­rao e o sen­ti­men­to de ve­ci­ñan­za era moi­to máis for­te. Un­ha épo­ca na que, cer­ta­men­te, se com­par­tía moi­ta miseria, pe­ro se man­ti­ña o bo hu­mor a ba­se de co­plas.

No Fei­rón Ma­ri­ñei­ro Rianxo vol­ve bo­tar­se á rúa, a can­tar e a bai­lar, a en­con­trar­se con ami­gos e co­ñe­ci­dos e a en­cher de bal- bor­do as rúas do Ca­bo da Vi­la. Un es­pa­zo que por un­has ho­ras se con­ver­te­rá no cen­tro neu­rál­xi­co das fes­tas e no es­ce­na­rio dun enor­me mer­ca­di­ño am­bu­lan­te no que ar­te­sáns de to­do ti­po mos­tra­rán o seu bo fa­cer, os ofi­cios apren­di­dos dos seus an­te­pa­sa­dos a ba­se de tra­ba­llo e moi­ta de­di­ca­ción.

Igual que nos úl­ti­mos anos, o bro­che a esa co­mu­ñón en­tre rian­xei­ros e vi­si­tan­tes po­rao o himno ofi­cio­so do po­bo, un­ha Rian­xei­ra po­pu­lar sen mi­cró­fo­nos nin al­to­fa­lan­tes, sen lu­ces nin ben­ga­las, só coas vo­ces dos ve­ci­ños e a mú­si­ca im­pro­vi­sa­da dos gai­tei­ros.

FO­TO M. CREO

A mú­si­ca dos gai­tei­ros re­soa­rá du­ran­te to­do o día

FO­TO C. QUEIJEIRO

Os ar­te­sáns mos­tran o seu tra­ba­llo du­ran­te a fei­ra

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.