El al­cal­de ana­li­za las cla­ves de la fiesta

O re­xe­dor po­bren­se si­na­la co­mo mo­ti­vos do éxi­to des­ta ce­le­bra­ción a apos­ta por un pro­gra­ma que che­ga a to­dos os seg­men­tos da po­boa­ción

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada - A. PA­RA­DA LA VOZ

Es­ta se­rá a cuar­ta edi­ción do Na­za­reno con Xo­sé Lois Piñeiro co­mo al­cal­de, aín­da que son máis os seus anos de im­pli­ca­ción nes­ta ci­ta co­mo ve­ci­ño, no seo da co­mi­sión da tra­ca de fo­gue­tes do ba­rrio da Co­ve­cha. Pa­ra o re­xe­dor po­bren­se un­ha das maio­res cla­ves do éxi­to des­ta fes­ta é que in­te­gra aos dis­tin­tos seg­men­tos da po­boa­ción me­dian­te un pro­gra­ma va­ria­do e que evo­lu­cio­nou.

—¿Por que o Na­za­reno xe­ra aba­rro­tes ca­da ano?

—A cla­ve des­ta fes­ta é a tra­di- ción e máis de cin­co sécu­los de aval. O Na­za­reno creou un for­te arrai­go na ci­da­da­nía po­bren­se, se­xa máis ou me­nos cren­te. A pro­ce­sión non dei­xa a nin­guén in­di­fe­ren­te, pois é im­pac­tan­te ver a tan­ta xen­te ofre­cén­do­se e dan­do as gra­zas ao Na­za­reno de tan­tas for­mas dis­tin­tas.

—A co­mi­sión de fes­tas de­be xo­gar un pa­pel cru­cial.

—A co­mi­sión de fes­tas é vi­tal e hai que agra­de­cer que le­ven tra­ba­llan­do tan­to den­de me­ses atrás. Nes­ta oca­sión subímos­lle a sub­ven­ción ata os 19.000 eu­ros e o Con­ce­llo fa­ré­mo­nos car­go in­te­gra­men­te do con­cer- to de So­nia Le­be­dinsky. Cre­mos que es­te ti­ña que ser un apoio obri­ga­do e de­ci­dí­mo­lo can­do se di­sol­ve­ra a co­mi­sión de lu­mes. Co­mo co­ve­chei­ro, se­ría máis que sor­pren­den­te asis­tir a un­ha pro­ce­sión sen tra­ca fi­nal

—¿Co­mo se vi­vi­ron os días pre­vios a un­ha ci­ta tan gran­de?

—Sig­ni­fi­can días de moi­to tra­ba­llo e pre­pa­ra­ción, mar­ca­dos po­las cons­tan­tes reunións co­mo a da Xun­ta de Se­gu­ri­da­de ou pa­ra ul­ti­mar cal­que­ra de­ta­lle. O cer­to é que son días que se vi­ven con moi­ta in­ten­si­da­de, pe­ro me­re­ce a pe­na pa­ra que as cou­sas saian ben e po­da­mos go- zar da fes­ta.

—¿O Na­za­reno che­ga a to­dos os ve­ci­ños?

—Cla­ro, as fes­tas te­ñen un pro­gra­ma va­ria­do no que se da ca­bi­da a pú­bli­co de to­das as ida­des.

—O Pue­bla CF pa­re­ce que ta­mén as­cen­de­rá á bal­co­na­da da ca­sa con­sis­to­rial, ¿foi doa­da a elec­ción dos pre­goei­ros?

—O cer­to é que se tra­ta de al­go que xa vi­ña­mos idean­do den­de o ano pa­sa­do, pe­ro co as­cen­so a Pre­fe­ren­te nes­ta oca­sión aín­da se­rá máis opor­tuno. Mais es­ta de­ci­sión non é un re­co­ñe­ce­men­to só á pa­sa­da tem­pa­da, se­nón á tra­xec­to­ria do club.

O man­da­ta­rio po­bren­se, Xo­sé Lois Piñeiro, n

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.