José Gar­cía an­sía el re­le­vo en la co­mi­sión

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada - M. X. BLANCO

Es­tar á fron­te da co­mi­sión or­ga­ni­za­do­ra dun­has fes­tas da en­ver­ga­du­ra que te­ñen as do Na­za­reno non é ta­re­fa doa­da. Se al­guén o sa­be ese é José Gar­cía, pois le­va na­da me­nos que 36 anos di­ri­xin­do o equi­po de ve­ci­ños que per­co­rren as por­tas á pro­cu­ra de do­na­ti­vos e xes­tio­nan to­das as ac­ti­vi­da­des que con­for­man o pro­gra­ma. Pre­pá­ra­se pa­ra go­zar das ce­le­bra­cións con cer­to me­do no cor­po, por se al­go non sae co­mo es­ta­ba pre­vis­to, e xa avi­sa que que­re que ou­tros pen­sen en co­ller o re­le­vo. —Son moi­tos anos á fron­te da co­mi­sión, ¿co­mo aguan­ta tan­to tem­po?

—Can­do un le­va tan­tos anos te­me dei­xar o car­go por me­do a que os que ve­ñan de­trás non ga­ran­ten o ni­vel que se con­se­guiu aca­dar. Can­do al­go cae cus­ta moi­to vol­ver a le­van­ta­lo. Acon­te­ceu coa tra­ca de bom­bas da pro­ce­sión. An­tes ha­bía un­ha co­mi­sión que se en­car­ga­ba di­so e ago­ra te­mos que fa­ce­lo nós e xa non é o mes­mo. —¿Que é o máis du­ro de or­ga­ni­zar un­has fes­tas co­ma as do Na­za­reno?

—O máis du­ro é con­se­guir os car­tos, non hai dú­bi­da. Po­la zo­na ru­ral aín­da se fai al­go, pe­ro can­do che­ga­mos aquí á vi­la, os ve­ci­ños non co­la­bo­ran co­mo de­be­ran.

—Fai fa­lla un­ha can­ti­da­de im­por­tan­te pa­ra tan­tos días de fes­ta...

—Fa­la­mos duns 70.000 eu­ros, que se des­ti­nan fun­da­men­tal­men­te ás or­ques­tras e aos fo­gos. Re­co­ñe­zo que os fo­gos de ar­ti­fi­cio son a mi­ña de­bi­li­da­de, so­bre to­do des­de que se cam­bia­ron pa­ra a zo­na do Areal, pois lán­zan­se des­de ca­tro pun­tos á vez. Eu emo­ció­no­me vén­doos e sei que son un dos gran­des atrac­ti­vos do pro­gra­ma, xun­to coa pro­ce­sión cla­ro es­tá. —¿Que bus­ca un­ha co­mi­sión can­do em­pe­za a or­ga­ni­zar as fes­tas?

—O prin­ci­pal ob­xec­ti­vo é sa­tis­fa­cer aos ve­ci­ños, que son os que ache­gan os car­tos pa­ra que as fes­tas se­xan un­ha reali­da­de, e lo­go ta­mén atraer á xen­te de fó­ra. Por iso é fun­da­men­tal con­tar cun car­tel de boas or­ques­tras, por­que se non, a xen­te non se des­pra­za. Nós que­re­mos ver­be­nas con moi­to pú­bli­co, ese é o re­to.

—E de ca­ra ao fu­tu­ro, ¿cal é o ob­xec­ti­vo?

—A min gus­ta­ría­me que un gru­po de xen­te no­va se im­pli­ca­ra e co­lle­ra o re­le­vo na co­mi­sión or­ga­ni­za­do­ra das fes­tas, por­que dou­tro xei­to non sei o que vai pa­sar. Tan­to eu co­ma o res­to dos mem­bros des­te co­lec­ti­vo so­mos maio­res e xa es­ta­mos can­sa­dos. O cer­to é que ca­da vez te­mos me­nos fol­gos pa­ra se­guir. —¿Por que cre que os mo­zos non se im­pli­can nes­te ti­po de ac­ti­vi­da­des?

—Or­ga­ni­zar un­ha fes­ta, so­bre to­do no que á con­se­cu­ción dos fon­dos se re­fi­re, su­pón moi­to tra­ba­llo. Ao me­llor che­gou o mo­men­to de cam­biar o sis­te­ma e dei­xar de pe­dir po­las por­tas. Ás ve­ces, os mem­bros da co­mi­sión ata da­mos má­goa in­do de ca­sa en ca­sa.

FOTO MAR­COS CREO

Gar­cía le­va 36 anos organizando as ce­le­bra­cións.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.