A mú­si­ca in­va­de a vi­la

Os pa­sa­rrúas e con­cer­tos su­ce­de­ran­se to­da a xor­na­da

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Programa -

A vés­pe­ra do día cen­tral das fes­tas do Na­za­reno vai ser ca­se ex­clu­si­va­men­te mu­si­cal, por­que den­de a ma­ñá ata a noi­te, to­das as ac­ti­vi­da­des in­cluí­das no pro­gra­ma es­tán re­la­cio­na­das con es­ta ma­ni­fes­ta­ción ar­tís­ti­ca, da que po­de­rá go­zar­se asis­tin­do aos con­cer­tos ou se­guin­do os des­fi­les po­las rúas da vi­la, ata que, po­la noi­te, em­pe­ce a ver­be­na que du­ra­rá ata a ma­dru­ga­da.

9.30 A un­ha ho­ra pru­den­te vai ser can­do as 21 bom­bas de pa­len­que es­per­ten aos po­bren­ses pa­ra afron­tar o se­gun­do día das ce­le­bra­cións prin­ci­pais. 10.30 Pe­ro non se­rá ata un­ha máis tar­de do es­tron­do­so es­per­tar can­do os sons in­va­dan a po­boa­ción, a car­go de tres agru­pa­cións: a Ban­da Unión Mu­si­cal de Mea­ño, a ban­da de gai­tas Aga­ri­mo de Ca­ta­bois e o gru­po de gai­tas Xia­da. 12.10 Tan pron­to re­ma­ten o per­co­rri­do po­la vi­la, as ban­das Aga­ri­mo de Ca­ta­bois e Unión Mu­si­cal de Mea­ño es­ta­ble­ce­ran­se nos xar­díns Va­lle-In­clán pa­ra desen­vol­ver sen­llos con­cer­tos. 13.00 Men­tres tan­to, ao gru­po de gai­tas Xia­da to­ca­ra­lle fa­cer un no­vo pa­sa­rrúas, an­tes do xan­tar, pa­ra que o am­bien­te fes­ti­vo no de­ca­ia.

16.00 Xa po­la tar­di­ña, po­ñe­ra­se en mar­cha o tren Po-Pop, co que se­rá po­si­ble per­co­rrer a po­boa­ción e vi­si­tar os lu­ga­res máis in­tere­san­tes.

19.15 Co­mo xa é cos­tu­me, e ten­do en con­ta a afec­ción que hai na Po­bra aos con­cer­tos das ban­das de mú­si­ca, a es­ta ho­ra, nos mes­mos xar­díns Va­lle-In­clán ofre­ce­rán un se­gun­do pa­se tan­to Aga­ri­mo de Ca­ta­bois co­mo a Ban­da Unión Mu­si­cal de Mea­ño.

21.15 Che­ga a ho­ra da des­pe­di­da por par­te das tres agru­pa­cións mu­si­cais que an­di­ve­ron to­do o día ani­man­do a Po­bra. Aga­ri­mo de Ca­ta­bois, Unión Mu­si­cal de Mea­ño e Xia­da pro­ta­go­ni­zan un pa­sa­rrúas, den­de a pra­za do Con­ce­llo ata o Cas­te­lo, es­ce­ni­fi­can­do des­te xei­to o pun­to fi­nal da súa in­ter­ven­ción nes­tas fes­tas.

FOTO C. QUEIJEIRO

Os xar­díns Va­lle-In­clán son es­ce­na­rio dos con­cer­tos das ban­das de mú­si­ca

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.