Pue­bla­lan­dia, El Com­bo e os fo­gos, no pe­che das fes­tas

As tres agru­pa­cións que ani­ma­rán as rúas da vi­la ofre­ce­rán un con­cer­to con­xun­to an­tes de mar­char

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Programa -

A xor­na­da do luns non des­me­re­ce ás pre­ce­den­tes nes­tas fes­tas do Na­za­reno de A Po­bra, moi ao con­tra­rio, pa­re­ce que con­ta con máis ac­ti­vi­da­des que as an­te­rio­res, non en van, trá­ta­se dun dos fes­ti­vos lo­cais da vi­la, po­lo que ca­ti­vos e pais te­rán tem­po pa­ra des­fru­tar do pro­gra­ma, es­pe­cial­men­te os máis pe­que­nos que dis­po­rán de un­ha se­gun­da opor­tu­ni­da­de de pa­sa­lo en gran­de no gran par­que infantil In­fan­ti­lan­dia. Ou­tra ci­ta obri­ga­da son os fo­gos de ar­ti­fi­cio, que me­llo­ran ca­da ano, pa­ra le­di­cia da or­ga­ni­za­ción e da ve­ci­ñan­za.

10.00 Non van fal­tar as 21 bom­bas de pa­len­que que dan por ini­cia­do o día de pe­che das ce­le­bra­cións prin­ci­pais da vi­la. 10.30 O pa­sa­rrúas vai es­tar moi con­co­rri­do, xa que tres agru­pa­cións en­car­ga­ran­se das al­bo­ra­das e da mú­si­ca de ban­da, que son a Unión Mu­si­cal de Va­lla­da­res, a Ban­da de Gai­tas Os Cha­nei­ros e o gru­po de gai­tas Xia­da. 11.00 Os ca­ti­vos de A Po­bra e aque­les de fó­ra que desexen su­mar­se te­ñen a edi­ción de pe­che de Pue­bla­lan­dia na pra­za Al­cal­de Se­gun­do Durán, na que ha­be­rá os se­guin­tes xo­gos: Gla­dia­do­res, Duen­de, Ro­có­dro­mo, Cas­ti­llo de Prin­ce­sas, To­bo­gán Dra­gón, Pis­ta Ame­ri­ca­na, Fut­bo­lín Hu­mano e Obra­doi­ro de Ma­qui­lla­xe e Cha­pas. Co­mo co­lo­fón, da­ra­se pa­so á fes­ta da es­cu­ma mul­ti­co­lor. E co­mo ta­mén é cos­tu­me, os ra­pa­ri­gos po­de­rán sa­ciar a se­de de tan­ta ac­ti­vi­da­de cos re­fres­cos doa­dos po­lo Su- per­mer­ca­do Ga­dis.

12.30 Os maio­res, po­la súa ban­da, te­rán a op­ción de asis­tir a un con­cer­to da Ban­da de Gai­tas Os Cha­nei­ros na pra­za de Mau­ra, e es­te mes­mo co­lec­ti­vo ofre­ce­rá ou­tro con­cer­to ás 13.15 na pra­za Gar­cía Mar­tí.

13.00 A ban­da Unión Mu­si­cal de Va­lla­da­res ofre­ce­rá un con­cer­to nos xar­díns Va­lle-In­clán. 19.00 Xa po­la tar­de, as tres agru­pa­cións que ani­ma­ron xun­ta­ran­se nos xar­díns, por­que to­das elas ofre­ce­rán un gran con­cer­to con­xun­to.

21.15 E co­mo des­pe­di­da, tan pron­to re­ma­ten a ac­tua­ción, pro­ce­de­rán a fa­cer o pa­sa­rrúas de des­pe­di­da, den­de o Con­ce­llo ata o Cas­te­lo.

21.30 O am­bien­te vol­ve­rá á pra­za Al­cal­de Se­gun­do Durán, on­de ha­be­rá un­ha ac­tua­ción das pan­de­re­tei­ras Rua­di­ña da Aso­cia­ción Xia­da.

22.30 Em­pe­za o es­pe­ra­do es­pec­tácu­lo de luz e son a car­go da afa­ma­da or­ques­tra El Com­bo Do­mi­ni­cano.

24.00 Che­ga ou­tro mo­men­to cu­mio, o lan­za­men­to dos fo­gos de ar­ti­fi­cio e acuá­ti­cos no pa­seo da praia do Areal.

FOTO MAR­COS CREO

Os ne­nos pá­sano en gran­de coa es­cu­ma

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.