«De neno pin­ta­ba a igre­xa de San Mar­ti­ño con anacos de te­lla no chan»

Pío Cos­ta Bei­ro Pin­tor

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Portada - PE­DRO GARCÍA VIDAL

Di que en Noia es­tá a esen­cia ar­tís­ti­ca que ins­pi­rou os cin­co ir­máns

A ca­be­za de Pío Cos­ta é un len­zo per­ma­nen­te on­de a luz e a cor desen­vol­ven arreo pai­sa­xes so­ña­das. Es­ta­mos an­te un ar­tis­ta de ti­tá­ni­ca vo­ca­ción. Con el as con­ver­sas de­ri­van sem­pre ca­ra aos ei­dos da pin­tu­ra, a súa pro­fe­sión e a súa pai­xón. Fa­la­mos na sa­la Fran­cis­co Creo da So­cie­da­de Li­ceo de Noia, un es­pa­zo pa­ra a ar­te, on­de es­te ve­rán Pío ex­pu­xo a súa obra arre­dor dos Ca­mi­ños a San­tia­go.

–A pin­tu­ra e a ar­te pa­ra ti sig­ni­fi­can....na pin­tu­ra bus­cas?...

—A pin­tu­ra e a ar­te son pa­ra min a ne­ce­si­da­de vi­tal de ex­pre­sar os sen­ti­men­tos que flúen do meu in­te­rior crea­ti­vo. Na pin­tu­ra tra­to de ato­par o equi­li­brio me­dian­te a cor e as for­mas que me per­mi­tan re­flec­tir a reali­da­de den­de un pun­to de vis­ta per­soal.

– Co­mo re­cor­das aque­la Noia dos anos cin­cuen­ta na que trans­co­rren os anos da túa in­fan­cia?

—Noia sem­pre a re­cor­da­rei co­mo par­te moi im­por­tan­te da mi­ña in­fan­cia, a pe­sar de que eran tem­pos di­fí­ci­les pe­ro á vez crea­ti­vos, por­que im­pro­vi­sa­ba­mos pa­ra dis­traer­nos xo­gan­do na pra­za do Ta­pal (o no­so te­rri­to­rio por ex­ce­len­cia). Re­cor­do co­mo con pa­peis ou tra­pos ata­dos cun­ha cor­da fa­cia­mos un­ha pe­lo­ta pa­ra xo­gar ao fút­bol. Era tan emo­cio­nan­te! Ter un ba­lón de coiro era un lu­xo que non es­ta­ba ao no­so al­can­ce. Con pou­ca cou­sa nos con­for­ma­ba­mos e era­mos fe­li­ces.

–Con 13 anos, a fa­mi­lia tras­lá­da­se a un­ha gran ci­da­de co­mo Barcelona. Que su­pu­xo ese cam­bio tan ra­di­cal na túa vi­da?

—Eu non que­ría ir­me, ti­ve­ron que arras­trar­me. Tras un­ha via­xe de dous días en tren, aí es­ta­ba a luz do Me­di­te­rrá­neo. Ao che­gar a Barcelona pú­xen­me a tra­ba­llar de de­pen­den­te. Adap­tei­me ben. A ci­da­de es­pér­ta­te, pon­te en mo­ve­men­to: tran­vía, me­tro, tren, to­do era no­vo pa­ra min. Con 15 anos co­me­za­ba a des­cu­brir a be­le­za da ar­te mo­der­nis­ta: ar­qui­tec­tu­ra, pin­tu­ra, mu­seos, sás de ar­te... a sen­si­bi­li­da­de a flor de pel.

–Co­mo ex­pli­cas que cin­co ir­máns na­ci­dos na pos­gue­rra nun­ha vi­la pe­que­na co­mo Noia, con es­ca­sa ou nu­la ac­ti­vi­da­de cul­tu­ral, se de­di­quen á pin­tu­ra –tres pro­fe­sio­nal­men­te–?

—Can­do hai un sen­ti­men­to tan for­te por que­rer ex­pre­sar al­go tan pro­fun­do co­mo pa­ra nós é a pin­tu­ra, o de me­nos é o tem­po ou o es­pa­zo. Os cin­co ir­máns sem­pre ti­ve­mos cla­ro que es­te sen­ti­men­to ar­tís­ti­co ía acom­pa­ñar­nos no de­co­rrer das no­sas vidas. A esen­cia es­tá aquí, en Noia, on­de na­ce­mos.

–Co­mo foi o teu pri­mei­ro ache­ga­men­to á pin­tu­ra?

—Sem­pre me gus­tou pin­tar e de­bu­xar. De neno pin­ta­ba a igre­xa de San Mar­ti­ño con anacos de te­lla no chan, que ser­vía de len­zo. Os meus ir­máns Al­fon­so e Na­cho xa des­ta­ca­ban co­mo bos pin­to­res, e Jesús e Ale­jan­dro se­guían os seus pa­sos. Ti­ven a sor­te de te­los pre­to e apren­der de­les. Ti­ña in­tere­se por ex­pre­sar­me ne­sa lin­gua­xe que che fai soñar cons­tan­te­men­te. Re­cor­do que tra­ba­lla­ba nun bin­go e saía ás 3 ou 4 da ma­ñá sen dur­mir, e ca­da fin de se­ma­na co­llía os tre­be­llos de pin­tor e ía aos con­cur­sos de pin­tu­ra rá­pi­da por to­da Ca­ta­lu­ña. Ti­ña tan­tas ga­nas e ilu­sión que non sen­tía o can­sa­zo nin o sono.

–Lo­go de anos vi­vin­do en Barcelona, ago­ra a túa vi­da trans­co­rre en Noia. Por que o re­gre­so á vi­la na­tal?

—En Barcelona vi­vín 44 anos, pe­ro sem­pre re­gre­sei a Noia, ca­da ano, e sa­bía que al­gún día vol­ve­ría pa­ra que­dar­me, e así foi.

–Sa­be­mos da túa pre­fe­ren­cia por pin­tar pai­sa­xes ur­ba­nas, es­pe­cial­men­te es­pa­zos cun­ha po­ten­te car­ga his­tó­ri­ca. Por que esa atrac­ción?

—Nas pai­sa­xes ur­ba­nas sem­pre ato­pei a ener­xía que flúe, tan­to da xen­te co­ma da be­le­za da súa ar­qui­tec­tu­ra: as pra­zas, as rúas, re­cun­chos, es­pa­zos cheos de vi­da que in­vi­tan a dar­lles a mi­ña vi­sión.

—Fá­la­nos de­sas Mi­ra­das poé­ti­cas a ca­rón dos ca­mi­ños a San­tia­go col­ga­das nas pa­re­des da So­cie­da­de Li­ceo de Noia.

—Nes­ta ex­po­si­ción qui­xen amo­sar os di­fe­ren­tes lu­ga­res por on­de acos­tu­mo pin­tar ao «ai­re li­bre». Lu­ga­res poé­ti­cos a ca­rón dos ca­mi­ños, que acom­pa­ñan os pe­re­gri­nos na súa an­dai­na ca­ra a San­tia­go. Ao mes­mo tem­po, ren­der ho­me­na­xe ao 850 aniver­sa­rio da fun­da­ción de Noia e, coin­ci­din­do ta­mén co 90 aniver­sa­rio do Li­ceo, dar a co­ñe­cer nes­ta So­cie­da­de un pou­co máis a mi­ña obra.

–Esas lu­ces atlán­ti­ca e me­di­te­rrá­nea coas que con­vi­ves te­ñen pre­sen­za nas túas obras. Cal é o pa­pel da luz e da cor nos teus ca­dros?

—A luz e a cor son fun­da­men­tais na mi­ña obra. Os es­ta­dos de áni­mo ta­mén. Ao pin­tar ao ai­re li­bre, a luz do Me­di­te­rrá­neo in­ten­si­fi­ca as co­res e os tons tór­nan­se máis lu­mi­no­sos. Na mi­ña obra hai gran pre­di­lec­ción po­los azuis ul­tra­mar, trans­pór­tan­me ao azul do no­so océano e fan­me flo­tar.

–Que ou­tro ti­po de pin­tu­ra te atrae?

—O te­ma do de­por­te sem­pre me fas­ci­nou, po­la sen­sa­ción de mo­ve­men­to que a tra­vés de pin­ce­la­das de cor po­día con­se­guir, dar­lle vi­da. Ta­mén me atrae o mun­do dos so­ños: me­dian­te man­chas de cor in­ten­to es­per­tar a sen­si­bi­li­da­de do es­pec­ta­dor e que par­ti­ci­pe dese es­pa­zo.

–Pa­ra fi­na­li­zar, fá­la­nos de pro­xec­tos in­me­dia­tos. Que es­tás pin­tan­do ago­ra?

—Co­mo ca­da ano, o 10 de de­cem­bro ex­po­ño en La Ta­ci­ta de Juan, en San­tia­go. Con es­ta se­rán 19 anos ex­po­ñen­do aí. Nes­ta oca­sión ta­mén es­ta­rán pre­sen­tes te­mas re­la­cio­na­dos co Ca­mi­ño e con Noia.

ILUS­TRA­CIÓN ABRALDES

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.