Aso­cia­cio­nis­mo agra­rio en Ne­bra

Ou­tu­bro de 1916 foi o pun­to de in­fle­xión tras os trá­xi­cos su­ce­sos acon­te­ci­dos en Cans

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Noticias - PATRICIA TO­RRA­DO QUEI­RU­GA

Ríos de tin­ta se te­ñen ver­ti­do so­bre os su­ce­sos de Cans, dos que se cum­pri­ron 102 anos es­te mes de ou­tu­bro, pe­ro pou­co se sa­bía ata o de ago­ra das ac­tas ou dos es­ta­tu­tos das so­cie­da­des cons­ti­tuí­das na pa­rro­quia de San­ta María de Ne­bra, en Porto do Son. Pe­ro co­mo eran esas so­cie­da­des?, que de­fen­dían?, quen fo­ron os seus pre­si­den­tes?, co­mo afec­ta­ron es­tes su­ce­sos á ma­nei­ra or­ga­ni­za­ti­va e es­ta­tu­ta­ria das aso­cia­cións?.

A so­cie­da­de Li­ga de La­bra­do­res de San­ta María de Ne­bra foi cons­ti­tuí­da co­mo tal o 6 de xa­nei­ro de 1910, da que fi­gu­ra co­mo pre­si­den­te José Be­ni­to Ca­lo Mi­guéns. Es­ta so­cie­da­de no ca­pí­tu­lo I, ar­ti­go 3, di: «Te­rá co­mo ob­xec­to exer­ci­tar to­dos os ac­tos ou re­cur­sos le­gais pa­ra ob­ter a máis xus­ta e equi­ta­ti­va pro­por­cio­na­li­da­de na dis­tri­bu­ción das co­tas in­di­vi­duais dos re­par­ti­men­tos dos tri­bu­tos». Así pois, na­cía un­ha aso­cia­ción na loi­ta, é di­cir, de­ci­di­da a de­fen­der os seus ve­ci­ños aso­cia­dos —e vé­xa­se que di­go so­cios e non so­cias, posto que elas só po­dían in­gre­sar na aso­cia­ción de se­ren viú­vas e por non te­ren va­róns na fa­mi­lia maio­res de ida­de— e a xus­ta re­par­ti­ción das co­tas co­rres­pon­den­tes aos im- postos. Pe­dían que tri­bu­ta­se máis quen máis ti­ña, pa­ra non em­po­bre­cer un­ha po­boa­ción que es­ta­ba a ser apre­ma­da po­la Depu­tación e o Es­ta­do xa den­de 1888, pa­ra so­lu­cio­nar a ma­la xes­tión mu­ni­ci­pal co tra­ba­llo e os car­tos dos la­bre­gos. Con­ta­ba es­ta aso­cia­ción con 109 so­cios a co­me­zos do ano 1911.

In­for­ma­ción con­fu­sa

A in­for­ma­ción so­bre as aso­cia­cións agra­rias de Ne­bra no al­bor do sécu­lo XX é a mei­ran­de par­te das ve­ces con­fu­sa, mú­dan­se os no­mes, as da­tas, e se­me­lla non ter un­ha li­ña cro­no­ló­xi­ca de­fi­ni­da, co­mo si a ten, se pes­cu­da­mos nos do­cu­men­tos ofi­ciais.

Así, 1916 foi o ano do es­que­ce­men­to, o que ba­tu­xou a de­fen­sa dos de­rei­tos, o que ti­rou por te­rra a má­xi­ma que de­fen­día «no más de­re­chos sin de­be­res, no más de­be­res sin de­re­chos». Co­me­za­ba o ano di­mi­tin­do o pre­si­den­te, José Vi­las Nú­ñez, e asu­min­do o car­go Ru­ti­lio A. Pou­so Al­cal­de. O mes­mo día da to­ma de po­se­sión, mo­di­fí­ca­se o re­gu­la­men­to es­ta­tu­ta­rio da aso­cia­ción e o no­me da mes­ma, que pa­sa a de­no­mi­nar­se Li­ga y Sociedad de Agri­cul­to­res de San­ta María de Ne­bra, e ábre­se un­ha dis­cu­sión so­bre se se vai pagar ou non o tri­bu­to. Asem­blea á que con­co­rren cin­co ve­ci­ños da vi­la non aso­cia­dos que fan un­ha de­fen­sa ace­sa do im­pa­go do dé­fi­cit e un­ha ar­gu­men­ta­ción vehe­men­te da ma­la xes­tión mu­ni­ci­pal. Arrin­can os ban­dos pa­ra a co­bran­za do im­pos­to de con­su­mos, po­ñen­do no seu si­tio pan­fle­tos in­vi­tan­do á re­sis­ten­cia. Lo­go des­ta asem­blea, in­gre­san 29 no­vos so­cios nun­ha mes­ma xor­na­da, as­cen­den­do des­te xei­to a 140 aso­cia­dos.

O día 12 de ou­tu­bro de 1916, o xuíz de ins­tru­ción de Noia, en vir­tu­de do acon­te­ci­do en Cans, sus­pen­de a ac­ti­vi­da­de da Li­ga y Sociedad de Agri­cul­to­res. Ma­lia es­ta sus­pen­sión, e sen ter cons­tan­cia do seu pos­te­rior le­van­ta­men­to, a ac­ti­vi­da­de re­tó­ma­se en 1917, cons­ti­tuín­do­se a Fe­de­ra­ción Agra­ria de la pa­rro­quia de Ne­bra, que con­ta en maio dese ano con 125 so­cios, e que se di­sol­ve ao ano se­guin­te por ter me­nos dun­ha du­cia. A es­ta aso­cia­ción se­gui­ra­lle a Sociedad y Li­ga de Agri­cul­to­res e, lo­go da súa di­so­lu­ción en 1923, o Sin­di­ca­to Ca­tó­li­co Agrí­co­la en 1928. To­das as aso­cia­cións des­ta pa­rro­quia ti­ve­ron co­mo ar­ti­go no seu re­gu­la­men­to a de­fen­sa fé­rrea dos de­rei­tos dos la­bre­gos fron­te aos abu­sos do po­der.

Se­lo da Li­ga y Sociedad de Agri­cul­to­res de San­ta María de Ne­bra

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.