In­va­sión

Os ra­pa­pe­los pro­ce­sio­nan bus­can­do un lu­gar pa­ra so­te­rrar­se

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Noticias - XU­LIO GUTIÉRREZ RO­GER

Os ra­pa­pe­los pro­ce­sio­nan por on­de lles pe­ta. In­di­fe­ren­tes aos pa­sos de ce­bra, aos se­má­fo­ros e ás di­rec­cións prohi­bi­das. In­di­fe­ren­tes aos pi­so­tóns dos pri­ma­tes con za­pa­tos que os es­ma­gan pi­sán­doos con as­co. In­di­fe­ren­tes ao bal­bor­do dos ne­nos que xo­gan a des­fa­cer con paus as súas rec­ti­lí­neas for­ma­cións.

Sá­ben­se pro­te­xi­dos po­lo lí­qui­do ur­ti­can­te dos lon­gos fi­la­men­tos que or­nan o seu lom­bo pe­ro ta­mén sa­ben que te­ñen un pun­to dé­bil, a ca­be­za. Por iso for­man rin­glei­ras, en­ca­be­za­das sem­pre por un­ha fe­mia, nas que ca­da ei­ru­ga pro­te­xe a tes­ta da com­pa­ñei­ra que vai de­trás. O dic­ta­do xe­né­ti­co da na­tu­re­za im­pul­sa a es­tas ei­ru­gas ve­le­no­sas a saír das con­for­ta­bles bol­sas de se­da nas que vi­vi­ron du­ran­te o in­verno pa­ra so­te­rrar­se e mu­dar o seu as­pec­to. Un­ha drás­ti­ca trans­for­ma­ción que con­ver­te­rá o tor­pe ver­me pe­lu­do nun­ha áxil bol­bo­re­ta noc­tur­na.

A vi­da dun ra­pa­pe­los co­me­za a fi­nais do ve­rán na pon­la dun pi­ñei­ro, on­de a nai bol­bo­re­ta pu­xe­ra uns 200 ovos. To­das as ei­ru­gas dun­ha bol­sa son ir­más e cons­trúen coope­ra­ti­va­men­te o seu re­fu­xio nun­ha pó­la so­llei­ra pa­ra so­por­tar os ri­go­res do in­verno. Du­ran­te os me­ses fríos, pa­san o día acu­bi­lla­das no seu tó­xi­co for­tín e saen de noi­te pa­ra co­mer con vo­ra­ci­da­de as fo­llas ten­ras dos pi­ñei­ros e, ao tem­po, evi­tar os de­pre­da­do­res diúr­nos.

Can­do che­ga a pri­ma­ve­ra, os ra­pa­pe­los aban­doan a súa se­do­sa go­ri­da e mar­chan en pro­ce­sión bus­can­do un lu­gar cá­li­do pa­ra so­te­rrar­se e so­frir a me­ta- mor­fo­se. A tó­xi­ca ca­ra­va­na po­de dei­xar un amar­go re­cor­do a quen ou­se to­ca­los. A pon­zo­ña do ra­pa­pe­los pro­vo­ca gra­ves efec­tos nas per­soas, es­pe­cial­men­te en per­soas alér­xi­cas, e ta­mén en ani­mais pe­que­nos, pa­ra os que po­de ser mor­tal. É sen­sa­to evi­tar o con­tac­to cos pe­los ur­ti­can­tes das ei­ru­gas e ta­mén cos ni­ños, que adoi­tan es­tar cheos des­tes pe­los.

Cou­zas adul­tas

Xa bai­xo te­rra, en­vól­ven­se nun den­so ca­su­lo de se­da do que non sai­rán ata es­ta­ren con­ver­ti­das en cou­zas adul­tas. Tar­dan en­tre un e ca­tro anos en trans­for­mar­se e du­ran­te to­do o tem­po de vi­da sub­te­rrá­nea non co­men. Vi­ven das re­ser­vas de gra­xa que acu­mu­la­ron na fa­se de ei­ru­ga. Nes­ta épo­ca son vul­ne­ra­bles aos ata­ques de lei­róns, cu­cos, cor­vos e, so­bre to­do, bu­be­las que son es­pe­cia­lis­tas en des­en­te­rrar es­tes go­ren­to­sos bo­ca­dos e de­vo­ra­los con de­lec­ta­ción.

A vi­da da pro­ce­sio­na­ria co­mo bol­bo­re­ta adul­ta é bre­ve, ape­nas un par de días. Can­do eclo­sio­nan e saen do ca­su­lo de­ben apro­vei­tar o tem­po pa­ra bus­car pa­re­lla, co­pu­lar e po­ñer ovos e pe­char o seu ci­clo de vi­da.

Can­do a pro­ce­sio­na­ria afec­ta a un­ha plan­ta­ción de co­ní­fe­ras, es­pe­cial­men­te de pi­ñei­ros, ce­dros e abe­tos, di­ci­mos que é un­ha pra­ga, e uti­li­za­mos me­dios fí­si­cos e quí­mi­cos pa­ra «erra­di­ca­la». Pe­ro o cer­to é que a pro­ce­sio­na­ria xa fa­cía as súas bol­sas mi­llóns de anos an­tes de que os pri­ma­tes bai­xá­se­mos das ár­bo­res, en Áfri­ca, e in­va­dí­se­mos o mun­do en­tei­ro. A pro­ce­sio­na­ria non in­va­de o te­rri­to­rio hu­mano, é o hu­mano o que ocu­pa o te­rri­to­rio da pro­ce­sio­na­ria. Al­go análo­go acon­te­ce con ou­tros «in­va­so­res», des­de o lobo ata a car­co­ma.

O me­llor mé­to­do de con­trol so­bre a pro­ce­sio­na­ria, e so­bre as ou­tras «pra­gas», é man­ter un eco­sis­te­ma sano con abun­dan­te e di­ver­sa fau­na por­que son aves e pe­que­nos ma­mí­fe­ros, an­tano abun­dan­tes e ho­xe es­ca­sos, os máis efi­ca­ces de­pre­da­do­res des­ta couza.

As ei­ru­gas trans­fór­man­se en bol­bo­re­tas tras es­tar bai­xo te­rra en­tre un e ca­tro anos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.